Jesús Andrés López Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Andrés López Calvo
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , sacerdote Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3261130

Xesús Andrés López Calvo, nado en Pontedeume o 25 de decembro de 1963, é un sacerdote da Diocese de Santiago de Compostela dende o 11 de marzo de 1989.

Traxectoria[editar | editar a fonte]


Estudou educación xeral básica no Colexio Público Couceiro Freijomil de Pontedeume (1969-1977) e estudos medios no Instituto Concepción Arenal de Ferrol (1977-1982). Licenciouse en estudos eclesiásticos no Instituto Teolóxico Compostelán (1982-1988) e en Teoloxía (Especialidade Pastoral Xuvenil e Catequética) na Universidade Pontificia Salesiana de Roma o 28 de xuño de 1996). Recibiu o título de doutor en Teoloxía na mesma universidade o 26 de xuño de 1998 coa tese Análise do movemento catequético español (1930-1963).

Experiencia pastoral de docente[editar | editar a fonte]

  • 1988-1993: Profesor e Formador do Seminario Menor Diocesano de Santiago de Compostela.
  • 1997-2006: Director do Secretariado Diocesano de Catequese.
  • 1998-2003: Secretario Xeral da Asociación Española de Catequetas.
  • 1999-2003: Profesor do Instituto Teolóxico Compostelán e do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas.
  • 2003: Delegado Diocesano para a V Visita Apostólica do Papa a España.
  • 2006-2007: Administrador Parroquial de San Cosme de Nogueirosa (Pontedeume); Santa María de Ombre (Pontedeume) e Santa Mariña de Taboada (Monfero).
  • 2006-2007: Capelán da Residencia das Irmanciñas dos Anciáns Desamparados de Pontedeume.
  • 2007-2010: Párroco de San Xoán de Ortoño (Ames).
  • 2010-2012: Administrador Parroquial de San Martiño de Dorneda (Oleiros).
  • 2010-: Párroco de San Xián de Serantes e o seu anexo San Cosme de Maianca (Oleiros)
  • 2011- 2019: Arcipreste de Cerveiro.
  • 2012-2016: Profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Educación (Departamento de Didácticas Específicas), na Universidade da Coruña.
  • 2016: Administrador Parroquial de Santa María de Dexo (Oleiros).
  • 2022: Administrador Parroquial de Santa Comba de Veigue (Sada).
  • 2023: Docente invitado no Instituto Teolóxico Compostelán.
  • 2023: Vicario Episcopal Territorial da Coruña.

Outras actividades[editar | editar a fonte]

López Calvo é membro do Consello de redacción da revista eumesa de estudos Cátedra, secretario da Sociedade Filatélica “Eume” e foi docente invitado nos cursos de formación permanente do profesorado no Centro de Formación e Recursos (CEFORE) da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • La catequesis en Galicia durante el siglo XX; A Coruña 1.997, 219 p. ISBN 84-89652-47-3.
  • El movimiento catequético español (1930-1962), =Collectanea Scientífica Compostellana 11, Santiago, Servicio de Publicaciones del Instituto Teológico Compostelano 2003, 303 p. ISBN 84-933023-0-9.
  • El convento agustino de Pontedeume. Estudio histórico y Colección Documental, Pontedeume, Sociedad Filatélica, de Arte y Humanidades “Eume” 2.006, 237 p.
  • A la luz del Maestro. Biografía del P. Reino S.J. (1911-1994),Santiago de Compostela, Compostellanum. Subsidia 5, 2021, 253 p. ISBN: 978-84-949817-9-1.

Libros e publicacións en colaboración[editar | editar a fonte]

  • Unidade Didáctica. Antonio Couceiro Freijomil (1888-1955), Publicacións da Sociedade Filatélica, de Arte e Humanidades “Eume”, Pontedeume 2004.
  • C. Breixo Rodríguez- A. López Calvo- C. Macedo Cordal- B. Sáez Taboada, Pontedeume, Vila e ponte no camiño a Santiago, Pontedeume, Sociedade Filatélica “Eume” 2004, 142 pp.
  • Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, Simposio sobre Antonio Couceiro Freijomil, 2005, 21-41.

Artigos en libros e revistas de teoloxía[editar | editar a fonte]

  • Curas xoves e realidade pastoral, en “Lumieira” ISSN 1696-9707, 11 (1996) 32, 269-277.
  • ¿Cómo se fai un cristián? A pastoral da iniciación, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; Nº 36; 1997; Páxs. 299-309.
  • La catequesis en la Galicia medieval: Martín Dumiense y el De correctione rusticorum, en “Estudios Mindonienses” ISSN 0213-4357; Nº 13; 1997; páxs.509-523.
  • Un novo Directorio Xeral para a Catequese, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; 13 (1998) 38-39, 327-338.
  • Educación na fe e formación moral en: “Lumieira” ISSN 1696-9707; 18 (2003) 52, 29-41.
  • Pregón da Semana Santa de Betanzos, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; Nº 54-55; 2004; páxs. 145-152.
  • Aos XXV anos da promulgación da Catechesi Tradendae, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; 20 (2005) 56, 147-151.
  • Ambiente familiar e proposición do relixioso, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; (2011) 68-69, 113-124.
  • Os catecismos e a identidade cristiá, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; Nº 70-71; 2012; páxs. 63-76.
  • Matinacións sobre como iniciar na fe a rapaces e mozos, en “Encrucillada” ISSN 1131-6519; 37 (2013) 184, 5-18.
  • Interioridade e vida espiritual: fundamentos e propostas para un proxecto educativo, en “Lumieira” ISSN 1696-9707; Nº 74-75; 2014; páxs. 13-26.
  • Integrar fe e vida nunha Igrexa en saída, en “Encrucillada” ISSN 1131-6519; nº 202; 2017; páxs. 5-21.
  • Vinte cinco anos da “Fidei Depositum”: Unha retrospectiva sobre a xénese, recepción e uso pastoral do Catecismo da Igrexa Católica, en: “Lumieira” ISSN 1696-9707; 80-81 (2017) 73-93.

Artigos en libros, xornais e revistas de historiografía e divulgación[editar | editar a fonte]

  • O Libro Rexistrador de propiedades do Concello no Fondo de Patrimonio do Arquivo Municipal. Uns apuntamentos sobre Pontedeume e o seu alfoz no século XVIII, en “Cátedra” ISSN 133-9608; 4 (1997) 43-119.
  • Pontedeume e o pronunciamento contra o xeneral Espartero. Crónica local da revolta militar de xullo de 1843, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 5 (1998) 31-40.
  • Peregrinacións, hospitalidade e pegadas xacobeas na comarca eumesa, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 6 (2000) 163-186.
  • Restauracións e obras na igrexa parroquial de Santiago de Pontedeume durante o século XIX, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 7 (2000) 45-56.
  • Achegas de Gumersindo Placer á poética galega, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 8 (2001) 7-16.
  • Unhas imaxes morais en San Miguel de Breamo, en “Festas das Peras 2.001”, Pontedeume, Imprenta López Torre, 28-29.
  • Das lámpadas ós farois. A evolución da iluminación pública en Pontedeume, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 9 (2002) 87-104.
  • A estadía de Marín Sarmiento en Pontedeume, en “Festas das Peras 2002”, Pontedeume, Imprenta López Torre,
  • O Arcebispo Rajoy e a Ilustración, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 10 (2003) 43-80.
  • Fernando de Andrade e a súa participación nas batallas de Italia, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 11 (2004) 71-88.
  • Preparándonos ó Centenario do pasamento de Couceiro Freijomil, en “Festas das Peras 2004”, Pontedeume 2004.
  • Unhas pezas de baile, en “Programa das Festas do Espírito Santo en Ombre” (2005) 17.
  • A hospitalidade para peregrinos no camiño a Santo Andrés de Teixido; en “Eume.Revista de Historia de Estudios Locales”; ISSN 1888-6183; Nº 2; 2009; páxs. 17-78.
  • Antonio Couceiro Freijomil (1888-1950): na estela dos patriarcas das letras galegas, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 12 (2005) 27-79.
  • Uns datos sobre o convento agostiño de Pontedeume, en “Cadernos do Ateneo Eumés” ISSN 1888-9018; Nº 3; 2005; páxs. 11-14.
  • As escrituras de fundacións de obras pías como fontes para o estudio da historia social: o caso de Pontedeume, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 13 (2006) 47-78.
  • O retablo maior da igrexa das Virtudes en Pontedeume: Funcións e programa iconográfico, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 14 (2007) 155-168.
  • 37 anos de mostras filatélicas en Pontedeume, en “Festas das Peras 2007”, 7.
  • O topónimo Ombre na provincia de A Coruña, en “Programa das Festas do Espírito Santo”, Ombre 2008.
  • Algúns datos para a historia social contemporánea das parroquias de Nogueirosa e Ombre, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 15 (2008) 237-262.
  • A terra de Cucaña, en “Programa das Festas das Peras 2008”, 59.
  • Un clérigo, deputado nas Cortes de Cádiz de 1812, natural de Betanzos: Don Pedro Rivera e Pardo, en •”Anuario Brigantino” ISSN 1130-7625; Nº 32; 2009; páxs. 195-212.
  • O comercio marítimo en Pontedeume nos séculos XVII e XVIII, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 18 (2011) 145-187.
  • Cristianización e culturización da infancia no século XVIII: as escolas de primeiras letras fundadas en Pontedeume polo Arcebispo Rajoy, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; Nº 19; 2012; páxs. 77-95.
  • Acceso á clerecía e formación eclesiástica na Galicia do século XVIII: As Constitucións do Seminario de Confesores fundado polo Arcebispo Rajoy, en “Cátedra” ISSN 1133-9608; 20 (2013) 159-199.
  • Xoán Roa Dávila (1552-1630): Un Prior de Caaveiro no Século de Ouro español en “Cátedra” ISSN – 9608- 24 (207) 201-216.
  • A economía vinícola na comarca eumesa segundo uns datos do século XIX, en “Cátedra” ISSN-9608- 25 (2018) 183-194.