Jerónimo Figueroa Domenech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerónimo Figueroa Domenech
Nacemento1862
Lugar de nacementoO Pindo
Falecemento2 de novembro de 1929
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Jerónimo Figueroa Domenech, nado no Pindo (Carnota) cara a 1862 e finado en Madrid o 2 de novembro de 1929, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jerónimo Figueroa, alcalde de Corcubión de 1858 a 1861, e María Domenech. Foi director da banda de Corcubión en 1884. Editou en Corcubión en 1890 o periódico El Adelanto xunto a Antonio Porrúa. Marchou a México, onde publicou obras históricas. Residiu uns anos en Madrid. Pasou despois a Cuba e fundou na Habana en 1919 a revista La Unión Ibérica. Regresou a Madrid en 1921[1] e presentou no Ministerio de Fomento varios inventos para obter patente. Colaborou na revista Nerio e publicou en 1925 o artigo "El Corcubión de antaño" en La Voz de Galicia[2]. Tamén colaborou en Región Gallega, El Noroeste e El Ideal Gallego e no periódico madrileño El Globo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Guía general descriptiva de la República Mexicana (2 tomos). Ramón de S. N. Araluce, 1899.
  • La revolución y sus héroes. Crónica de los sucesos politicos ocurridos en México desde octubre de 1910 á mayo de 1911. Herrero hermanos, 1911.
  • Veinte meses de anarquía. Crónica de los sucesos políticos ocurridos en México desde julio de 1911 a febrero de 1913; el interregno político, la administración Maderista, D. Félix Díaz y la decena trágica. Herrero hermanos, 1913.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en México con Juana Cedillo e tivo dúas fillas: América e Juana Figueroa Cedillo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 1-12-1921, p. 1.
  2. La Voz de Galicia, 26-9-1925, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]