Saltar ao contido

Jeoju tokki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jeoju tokki
 Título
    저주토끼 (ko) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Edicións
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Tradutor/a
Datas
 Data de publicación
2017 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Fontes e ligazóns
Goodreads88519822 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL24520836W Editar o valor en Wikidata
BNE: a7378677
Wikidata

Jeoju tokki (en coreano: 저주 토끼; en galego: O coello maldito) é unha escolma de relatos da escritora surcoreana Bora Chung, publicada orixinalmente en 2017.

O libro consta de dez contos de temática fantástica, de terror e de ciencia ficción.[1] As súas influencias abarcan tanto a tradición literaria e mitolóxica occidental, en especial a eslava, como a do leste asiático.[1]

As diferentes narrativas tratan temas sociais dende unha perspectiva de xénero, como a maternidade ou o envellecemento.[1] Así mesmo, abórdase o descontento da poboación coreana co sistema político e económico do país.[2] Neste sentido, por exemplo, o texto que da título á colección critica as políticas gobernamentais e as accións das grandes corporacións contra as empresas pequenas.[2]

Moitos dos relatos conteñen elementos surrealistas, sinistros ou absurdos, que conforman unha voz literaria propia.[3] Porén, a variedade de estilos e rexistros é unha característica distintiva do conxunto da obra.[3]

Traducións

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]

En inglés

[editar | editar a fonte]
  • Cursed Bunny (2021). Tradución directa de Anton Hur. Honford Star. ISBN 9781916277182

En portugués

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]