Saltar ao contido

Jens-Frederik Nielsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJens-Frederik Nielsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1991 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Nuuk Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Groenlandia
28 de marzo de 2025 –
← Múte Bourup Egede Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbadmintonista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemokraatit Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaGroenlandia
Reino de Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Deportebádminton Editar o valor en Wikidata
Participou en
2019Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2019 - dobres masculino (1º)
2019Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2019 - individual masculino (1º)
2019Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2019 - dobres mixtos (1º)
2019Bádminton nos Xogos das Illas de 2019 - individual masculino (3º)
2018Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2018 - dobres mixtos (1º)
2018Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2018 - individual masculino (1º)
2018Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2018 - dobres masculino (1º)
2017Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2017 - dobres masculino (1º)
2017Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2017 - individual masculino (1º)
2017Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2017 - dobres mixtos (1º)
2017Bádminton nos Xogos das Illas de 2017 - dobres masculino (2º)
2016Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2016 - dobres masculino (1º)
2015Bádminton nos Xogos das Illas de 2015 - dobres masculino (1º)
2014Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2014 - dobres masculino (1º)
2014Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2014 - individual masculino (1º)
2014Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2014 - dobres masculino (1º)
2012Campionato de Bádminton de Groenlandia de 2012 - dobres mixtos (1º) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteQ136457026 Traducir >>>:Jens-Frederik Nielsen, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm17109174 Instagram: jens_frederik LinkedIn: jensfrederiknielsen Editar o valor en Wikidata

Jens-Frederik Nielsen, nado o 22 de xuño de 1991, é un político e xogador de bádminton groenlandés. Dende o 28 de marzo de 2025 é o oitavo primeiro ministro de Groenlandia. É o líder do partido Demokraatit, e anteriormente serviu como Ministro de Traballo e Recursos Minerais durante o VII goberno de Kim Kielsen, dende 2020 a 2021. Nielsen é o primeiro membro do partido Demokraatit en ocupar o cargo de primeiro ministro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nielsen naceu e criouse a Groenlandia.[1] A súa cidade natal é Nuuk.[1] Obtivo unha licenciatura en ciencias sociais pola Universidade de Groenlandia.[1]

En 2020, Nielsen foi elixido para suceder a Niels Thomsen á fronte do partido Demokraatit.[2] Foi reelixido para o posto en marzo de 2024.[2]

En maio de 2020, Nielsen foi nomeado Ministro de Traballo e Recursos Minerais como parte do VII goberno de Kim Kielsen.[3][4]

Nos Xogos das Illas de 2023, Nielsen gañou o campionato de bádminton individual masculino.[5]

Durante as eleccións xerais de Groenlandia de 2025, Nielsen recibiu 4.850 votos persoas, superando ao daquela primeiro ministro de Groenlandia Múte Bourup Egede, que recibiu 3.276.[6]

Visión política

[editar | editar a fonte]

En resposta á invasión rusa de Ucraína de 2022, Nielsen instou a Polar Seafood a deter as súas operacións rusas, facendo fincapé na necesidade de facer presión a Rusia e restaurar a paz en Europa.[7]

En marzo de 2025, Nielsen condenou as ameazas do presidente dos Estados Unidos Donald Trump de invadir Groenlandia.[8] Nielsen dixo que Trump "non conseguirá" Groenlandia.[9]

Nielsen avoga por reducir a dependencia da subvención global de Dinamarca priorizando o desenvolvemento empresarial e a autosuficiencia económica en Groenlandia.[1]

  1. 1 2 3 4 Gronholt-Pedersen, Jacob (28 de marzo de 2025). "Who is Greenland's new prime minister, Jens-Frederik Nielsen?". Reuters. Consultado o 2025-03-29.
  2. 1 2 Veirum, Thomas Munk (2024-03-16). "Demokraatit-formand fortsætter på posten". Sermitsiaq (en dinamarqués). Consultado o 2025-03-29.
  3. ↑ "Jens Frederik Nielsen". Nordic Co-operation. The Nordic Council and the Nordic Council of Ministers. Consultado o 12 de marzo de 2025.
  4. ↑ "New minister for the mineral resources area". Mineral Resources Authority (en inglés). 2020-06-03. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2025. Consultado o 2025-03-29.
  5. ↑ Tobiassen, Nukaaka (18 de xullo de 2023). "Island Games: Overrasket Jens-Frederik Nielsen vandt guld". KNR (en dinamarqués). Consultado o 2025-03-29.
  6. ↑ "Demokraatit-formand overgår regeringschef - TV 2". nyheder.tv2.dk (en dinamarqués). 12 de marzo de 2025. Consultado o 12 de marzo de 2025.
  7. ↑ "Polar Seafood under politisk pres: - Stop al produktion i Rusland og forlad landet". Sermitsiaq (en dinamarqués). 2022-03-18. Consultado o 2025-03-29.
  8. ↑ Lauritzen, Pia (11 de marzo de 2025). "Greenland Has Spoken: What Trump Doesn't Get About Us". Forbes (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2025.
  9. ↑ "Greenland’s Prime Minister Says the U.S. Will Not ‘Get’ the Island". NYT. Consultado o 31 de marzo de 2025.