Jennifer Lores Cortizo
Aparencia
(2023) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 27 de abril de 1991 Bronx | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Grupo étnico | Pobo galego | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | deportista, xogadora de fútbol sala | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol sala | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jennifer Lores Cortizo, nada no Bronx, Estados Unidos, o 27 de abril de 1991, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de á-peche e o seu equipo dende 2020 é o Ourense Envialia da Primeira División de fútbol sala feminino de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando en Marcón FSF ata que na tempada 2014-15 ficha polo Poio Pescamar FS onde debutou en primeira división.[1] Na tempada 2019-20 fichou polo CD Burela FS co que gañou a Recopa, a Supercopa e a liga.[2][3] Na tempada 2020-21 fichou polo Ourense Envialia.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Debutou o 1 de outubro de 2019 coa selección española nun partido amigábel contra Portugal, xogado no pavillón Carolina Marín de Huelva. O seu primeiro gol fíxollo ao Xapón no pavillón de Vista Alegre de Burela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jenny Lores, primer refuerzo para el Poio Pescamar". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2019.
- ↑ "El Burela incorpora a Jenny Lores". El Progreso (en castelán). 11 de xullo de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019.
- ↑ "Burela, apeadero a la gloria". Diario de Pontevedra (en castelán). 12 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019.