Jennifer Garner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJennifer Garner

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónGeorge Washington High School (en) Traducir
Denison University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión , actriz de teatro , directora de cine , produtora , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e inglés estadounidense Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBen Affleck (2005–2018), divorcio
Scott Foley (pt) Traducir (2000–2004), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaJohn C. Miller (en) Traducir (2018–2020)
Ben Affleck (2004–2005) Editar o valor em Wikidata
FillosViolet Affleck (en) Traducir
 () Ben Affleck
Seraphina Affleck (en) Traducir
 () Ben Affleck
Sam Affleck (en) Traducir
 () Ben Affleck Editar o valor em Wikidata
PaisWilliam John Garner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Patricia Ann English (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0004950 Allocine: 56353 Rottentomatoes: celebrity/jennifer_garner Allmovie: p230436 0 Metacritic: person/jennifer-garner TV.com: people/jennifer-garner IBDB: 71382
Facebook: JenniferGarner Instagram: jennifer.garner Last fm: Jennifer+Garner Musicbrainz: bf997626-85dd-40a5-a1ed-53854b1b797e Songkick: 3746426 Allmusic: mn0000465398 WikiTree: Garner-1922 Editar o valor em Wikidata

Jennifer Anne Garner, nada en Houston (Texas) o 17 de abril de 1972, é unha actriz de cine e televisión estadounidense, gañadora dun Globo de Ouro, ademais de produtora. Conseguiu a súa fama polo papel de Sydney Bristow na serie Alias, como unha destacada axente da CIA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Patricia Ann English, unha profesora, e de Billy Jack Garner, un enxeñeiro químico; é a mediana de tres irmás, Melissa Garner Wylie e Susannah Garner Carpenter. Aos tres anos comezou a tomar clases de ballet, que continuou durante durante 9 anos. Aínda que admitiu que lle encantaba bailar, nunca tivo a ambición de converterse en bailarina de ballet. Aos catro anos o traballo do seu pai na Union Carbide fixo que se trasladaran a Charleston, Virxinia Occidental, onde Jennifer residiu ata iniciar os estudos na universidade.

Os seus pais eran moi estritos e non permitían a Jennifer nin ás súas irmás usar maquillaxe, ir ao cine nin perfora-las orellas .(Jennifer fíxoo no 1999 pero non o mantivo moito tempo).

En 1990 graduouse no Instituto George Washington (Charleston), onde tocaba o saxofón. Entón matriculouse na Denison University (Grandville, Ohio) para estudar enxeñaría química, coma o seu pai, pero disfrutaba máis actuando que coa ciencia, polo que a súa meta foi a interpretación.

En 1994 graduouse, e agardaba continuar cos seus estudos de interpretación na Yale University. Porén, entusiasmada pola experiencia, foi visitar un amigo a Nova York en 1995 e decidiu quedar e buscar algunha oportunidade no teatro.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

En Nova York Jennifer gañaba uns 150$ á semana como suplente nunha obra dramática. Foi entón cando conseguiu o seu primeiro papel de televisión na película se TV Zoya, baseada na novela de Danielle Steele. Os seus seguintes traballos como actriz foron en dúas series con escaso éxito, Significant Others e Time of Your Life; e en dúas longametraxes da produtora Hallmark Hall of Fame, incluída a película de 1997 Rose Hill, baseada no best-séller For the roses, de Julie Garwood.

No 1996 apareceu nun capítulo da serie da NBC (National Broadcasting Company) Lei e orde. Interpretaba o papel dunha xove estudante que comezaba a saír co Detective Rey Curtis.

Posteriormente, mudouse aos Ánxeles (California), onde estivo traballando nun restaurante ata que foi elixida para o papel de Hannah Bibb na serie da Warner Bros Felicity. Foi no set de rodaxe desta serie onde coñecería ao seu futuro marido Scott Foley. Ela interpretaba o papel da súa moza na serie.

En 1999 interpretou un pequeno papel no episodio Pool da serie The Pretender.

No 2000, apareceu na película Colega, ónde está o meu coche?, interpretando á moza de Ashton Kutcher.

No 2001 fixo de enfermeira no filme épico Pearl Harbor, xunto co seu futuro marido Ben Affleck. Neste mesmo ano, o produtor da serie Felicity, J. J. Addams, propúxolle protagonizar o novo proxecto que estaba a preparar para a ABC. Fixo o casting e foi a escollida para meterse na pel da protagonista, Sidney Bristow, na serie de drama e espionaxe Alias. A serie foi un éxito e Jennifer Garner foi galardoada co premio á mellor actriz de serie dramática nos Globos de Ouro de xaneiro de 2002. Alias comezara uns meses antes, polo que o premio concedéuselle con só a metade da temporada emitida. A serie estivo 5 anos en antena, rematando o 22 de maio de 2006. Esta última temporada foi máis breve debido ao seu embarazo, o cal tivo que ser incluído na historia da serie. O seu soldo pasou de 45.000 $ nos primeiros episodios a 150.000 $ nos últimos capítulos. Ademais estivo nomeada ata en catro ocasións consecutivas nos Globos de Ouro como mellor actriz protagonista e outras catro nos premios Emmy. Gañou o premio Screen Actors Guild (sindicato de actores estadounidenses) na súa 11ª edición, como mellor actriz.

En marzo de 2005, Jennifer dirixiu In Dreams, un episodio da serie Alias que se emitiu en maio dese ano. Durante a última temporada de Alias, Jennifer foi á vez actriz protagonista e produtora da serie.