Saltar ao contido

Jeffrey Dahmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJeffrey Dahmer

(1978) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata
Milwaukee, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte28 de novembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Institución Correccional de Columbia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida na cabeza
traumatismo cranioencefálico Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMilwaukee
West Allis
concello de Bath Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
Revere High School Editar o valor en Wikidata
Altura1,83 m Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo loiro escuro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónconfeiteiro, asasino en serie, soldado, violador en serie Editar o valor en Wikidata
Período de actividadexullo de 1978 Editar o valor en Wikidata - xullo de 1991 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarSarxento Editar o valor en Wikidata
Outro
PaisLionel Dahmer Editar o valor en Wikidata  e Joyce Flint Editar o valor en Wikidata
Condenado por16 asasinato
→ (cadea perpetua)
exhibición indecente
conduta desordenada
abuso sexual infantil
intoxicación pública Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0197213 Musicbrainz: 08aea1c1-f4d9-4d52-aa46-c91c9b16627f Discogs: 1290388 WikiTree: Dahmer-16 Find a Grave: 5186 Editar o valor en Wikidata

Jeffrey Lionel Dahmer ([ˈdɑːmər]),[1] nado en Milwaukee o 21 de maio de 1960 e finado en Portage o 28 de novembro de 1994, alcumado «O Caníbal de Milwaukee» ou «O Monstro de Milwaukee»,[2] foi un asasino en serie e agresor sexual estadounidense, responsábel do asasinato e desmembramento de 17 homes e rapaces, entre os anos 1978 e 1991.[3] Moitos dos seus derradeiros crimes incluían a necrofilia, o canibalismo, e até a conservación permanente de partes do corpo, xeralmente, todo ou parte do esqueleto.[4]

Malia ser sido diagnosticado con trastorno límite da personalidade, trastorno de personalidade esquizotípica[5] e cun trastorno psicótico, foi declarado legalmente cordo logo do seu xuízo. Foi condenado por 15 dos 16 asasinatos que cometeu en Wisconsin e sometido, o 17 de febreiro de 1992, a unha sentenza de 15 cadeas perpetuas. Após, e do mesmo xeito, Dahmer foi condenado a unha décimo sexta pena por outro homicidio cometido en Ohio no 1978.[6]

O 28 de novembro de 1994, Jeffrey Dahmer foi mallado ata a morte por Christopher Scarver, un compañeiro de cárcere da 'Columbia Correctional Institution' (CCI), localizada en Portage, Wisconsin.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jeffrey Dahmer naceu o 21 de maio de 1960 en Milwaukee, no estado de Wisconsin, Estados Unidos. Os seus pais foron Lionel Dahmer e Joyce Flint.[7][8]

A diferenza doutros psicópatas criminais que sufriron na súa infancia maltrato físico e psíquico, este asasino foi un neno amado polos seus pais, os cales lle proporcionaron todo o posíbel para a súa axeitada educación e boa vida social. O seu pai era químico e a súa tarefa obrigaba a familia a trasladarse con frecuencia.[9]

Tras reiteradas mudanzas, en 1967 a familia mercou unha casa en Bath, Ohio, onde Jeffrey pasou o resto da súa nenez e adolescencia.

Dahmer era considerado polos seus compañeiros coma alguén "raro", extravagante, e que tiña problemas co alcohol. Antes de cumprir 18 anos os seus pais divorciáronse, e o seu pai volveu casar meses despois. O seu pai e a súa nova esposa convencérono para ir á universidade, e en outono de 1978 ingresou na Universidade Estatal de Ohio, pero debido aos seus problemas de alcohol abandonouna no seguinte semestre. En 1979 o seu pai convenceuno para entrar ao exército, a raíz do que foi enviado a Alemaña, onde permaneceu poucos anos, até que foi dado de baixa polo seu alcoholismo. E despois de vivir un tempo en Florida, volveu á súa casa en Ohio.

O 25 de setembro de 1988 mudouse a un apartamento en Milwaukee. Ao día seguinte ofreceulle 50 dólares a un rapaz laosiano de 13 anos para posar para unhas fotografías, pero drogouno e abusou del. Os pais realizaron a denuncia e o 30 de xaneiro de 1989 foi encontrado culpable, pero só permaneceu no cárcere 10 meses antes de ser liberado.

En xullo de 1978, encontrou a Steven Hicks facendo autostop, e levouno á súa casa. Dahmer tiña a fantasía de recoller autoestopistas e deitarse con eles. Unha vez na súa casa, decatouse de que Hicks lle interesaba, e cando este quixo marchar, Dahmer golpeouno na cabeza cun peso para logo estrangulalo. Logo desmembrouno e púxoo en bolsas de plástico, e meteunas no seu coche con intención de botalas por un barranco. A medio camiño a policía detívoo por conducir demasiado á esquerda. Preguntáronlle polas bolsas que levaba no asento traseiro e Dahmer contestou que era lixo. Crérono, e como pasou o test de alcoholemia, puxéronlle unha multa por conducir fóra do seu carril e deixárono ir.

Volveu á súa casa cos restos do cadáver e levounos ao soto, exceptuando a cabeza, coa cal subiu ao baño do segundo piso, onde a lavou e a apoiou no chan para masturbarse. Posteriormente volveuna levar co resto do corpo, e gardou as partes do cadáver nunha canalización da casa. Despois de abandonar a universidade e volver do exército, desenterrou os restos, destruíu os ósos, e esparexeunos na maleza.

Tralo seu primeiro asasinato sentiuse culpable e asustado, intentou reprimir os seus desexos sexuais-homicidas acudindo á igrexa, deixando o alcohol, e manténdose en estado de celibato. Viviu así un tempo, o que explica que pasasen case dez anos ata o seu seguinte crime. Pero co tempo pensou que podía intentar satisfacer algúns dos seus desexos sen facerlle dano a ninguén, volveu beber e empezou a frecuentar lugares de ambiente gay. En 1986 foi detido por exhibicionismo público, pouco antes quixera desenterrar un mozo morto había uns días, para gozar do seu corpo.

En setembro de 1987, coñeceu a Steven Toumi nun bar gay. Alí beberon moito e foron ao seu cuarto de hotel. Dahmer non lembra como o asasinou, só que cando espertou á mañá descubriu que estaba morto. Para desfacerse do cadáver, mercou unha maleta, na que o meteu, e levouno ao soto da casa da súa avoa. Alí tivo sexo co cadáver, desmembrouno, e botouno ao lixo. Quedou coa cabeza, a cal ferveu e branqueou, para despois expoñela coma trofeo no seu cuarto.

Algúns meses despois coñeceu a súa próxima vítima, Jamie Doxtator, un mozo de catorce anos que roldaba as portas dos bares de ambiente homosexual en busca de alguén para ter relacións. Desta forma tamén coñeceu a Richard Guerrero en marzo de 1988.

Mentres era procesado por abuso de menores en 1989, Dahmer coñeceu a Anthony Sears nun bar. Ofreceulle cartos para sacarlle unhas fotografías e levouno á casa da súa avoa onde o estrangulou, tivo sexo co seu cadáver, e o desmembrou. El quería que os seus amantes quedasen na casa e ante a negativa destes matábaos. Despois de cumprir a súa condena por abuso e de mudarse ao seu departamento en Milwaukee, Dahmer asasinou doce persoas máis ata xullo de 1991.

A súa táctica era sempre similar, invitábaos a ver pornografía ou a sacarse unhas fotos, poñíalles unha droga na bebida, estrangulábaos, tiña sexo, e masturbábase enriba do corpo. Logo tomaba fotografías do corpo e de cada etapa do desmembramento. Adoitaba empregar ácidos para desfacer a carne e os ósos, pero adoitaba conservar a cabeza e os xenitais coma trofeo. Outra das súas características era comer parte das súas vítimas, dáballe a sensación de que comezaban a formar parte del.

En maio de 1991 levou a Konerak Sinthasomphone ao seu departamento, irmán do mozo polo que foi procesado por abuso. Alí drogouno e realizoulle unhas trepanacións no cranio para inxectarlle ácido no cerebro. Dahmer quería ter control sobre as súas vítimas, e a súa intención ao realizar as trepanacións era convertelos nunha especie de "zombis". O mozo conseguiu fuxir cando Dahmer saíu a tomar unha cervexa a un bar, e ao correr nu polas rúas os veciños alertaron a policía. Cando se decatou de que fuxira, perseguiuno, e tivo que enfrontarse á policía e a unha multitude de curiosos.

O rapaz non podía falar porque estaba atordado polo ácido que Dahmer lle inxectara. Dahmer argumentou que o mozo era o seu amante de 19 anos que estaba alcoholizado. Os policías acompañáronos até o departamento e creron a súa historia. Se tivesen revisado o apartamento terían encontrado un cadáver nun dos cuartos, amais de miles de probas doutros asasinatos. Sinthasomphone foi estrangulado ese día. A policía creu a Jeffrey e depositaron o moribundo novo nunha cadeira. Nin sequera rexistraron nin viron o santuario macabro que tiña na casa, e saíron correndo ante o fedor que desprendía o interior. Posteriormente dixo que se afeccionou a crear un zombi porque quería un amante silencioso, que fixese todo o que el lle pedía, e que quedase facéndolle compañía.

Detención, cárcere e morte

[editar | editar a fonte]

O 22 de xullo de 1991, Tracy Edwards, a súa última vítima, conseguiu fuxir esposado. A policía viuno e esta vez decidiron investigar. Foron ao apartamento do home que o esposara, e ao revisar o cuarto descubriron varias fotografías de cadáveres, restos humanos, e unha cabeza no conxelador. Dahmer intentou fuxir, pero foi detido. Edwards ademais foi identificado ao saír a explicar o seu caso en televisión, coma acusado dunha violación a unha rapaza pouco tempo antes. Na súa casa atopáronse as paredes cheas de rastros de sangue, corpos mutilados, sete cranios, e demais ósos. Días despois veciños de Dahmer dispararon ás portas da súa casa ante o horror que causaron os seus crimes.

Os psiquiatras que o atenderon dixéronlle que estaba enfermo, polo que se declarou culpábel con atenuante de alienación mental, para ser condenado a un cárcere especial para enfermos mentais, pero o atenuante foi rexeitado finalmente. En principio declarárase inocente, pero cambiou a súa declaración pola gran cantidade de probas atopadas no seu contra. O xurado entón declarouno mentalmente san e por consecuencia foi finalmente sentenciado a 15 cadeas perpetuas consecutivas.

Foi enviado ao Columbia Correctional Institute en Portage, onde foi entrevistado polo perito en perfís criminais do FBI, Robert K. Ressler. Este famoso experto coincidiu en que, para defensa da sociedade, o condenado tiña que permanecer encerrado durante o resto dos seus días. Non obstante, destacou que debía ser internado nun hospital psiquiátrico e non nun cárcere común, posto que era un enfermo mental, aínda que ás veces parecese estar no seu san xuízo e racionalizase a súa conduta.[10][11]

O criminal admitiu ter practicado o canibalismo e devorando os bíceps dun dos seus asasinados. Sinalou que se masturbaba ante os anacos humanos e as caveiras daqueles que consideraba fermosos e aos cales non quería perder. Contou aos policías que tiña a sensación de poder permanecer ao lado deles se os mataba e conservaba os seus cranios. Declarou tamén que as tres cabezas achadas na súa neveira e no seu conxelador, coa carne intacta, pertencían ás súas tres últimas vítimas.[12]

Foi enviado ao Columbia Correctional Institute en Portage, onde para a súa seguridade non tiña contacto cos presos comúns. Pero pediu ás autoridades ter máis relación cos outros presos, polo que comezou a comer con eles e realizou algunhas tarefas de limpeza. O 28 de novembro de 1994 precisamente realizaba tarefas de limpeza con Christopher Scarver, un esquizofrénico afroamericano, e con Jesse Anderson quen asasinara á súa esposa e culpara a un home negro.

Dahmer era acusado de ter motivos raciais nos seus homicidios, algo que el desmentía. Pero a combinación de presos presentes nesa oportunidade era moi perigosa, o cal desatou unha pelexa na que Dahmer e Scarver remataron feridos de gravidade. Os gardas finalmente atoparon a Dahmer e Anderson feridos; o primeiro morreu de camiño ao hospital e o segundo dous días máis tarde. Scarver dixo que golpeou a Dahmer dúas veces na cabeza cunha barra de metal da sala de pesos. Logo matou a Anderson, quen estaba a traballar nunha sala diferente.

Jeffrey Dahmer matou dezaseis mozos entre 1978 e 1991. Doce deles foron asasinados no seu apartamento da North 25th Street. Tres vítimas foron asasainadas e despezadas na residencia da súa avoa en West Allis. A primeira e a segunda vítima foron asasainadas na casa dos seus pais, en Ohio, e no Ambassador Hotel de Milwaukee, respectivamente. En total, catorce das vítimas de Dahmer pertencían a diversos grupos étnicos minoritarios, sendo nove delas negras. Dahmer mantivo con firmeza que a raza das súas vítimas lle resultaba incidental e que o que realmente atraía a súa atención era a constitución física dun posible obxectivo.[a] Estas afirmacións foron reforzadas por un estudo independente realizado por especialistas forenses sobre a selección das vítimas, cuxa análise antropolóxica revelou que todas elas compartían unha “semellanza morfolóxica”, suxerindo que Dahmer se sentía “psicoloxicamente atraído por un determinado tipo corporal antropométrico”.

A maioría das vítimas de Dahmer foron esganadas após seren drogadas con sedantes. A súa primeira vítima morreu por unha combinación de golpes e estrangulamento, e a segunda vítima foi abatida a golpes; outra vítima, Ernest Miller, falecido en 1990, morreu debido a unha combinación de choque e perda de sangue tras lle ser seccionada a arteria carótide.[13] Catro das vítimas asasainadas en 1991 presentaban perforacións no cranio a través das cales Dahmer inxectara ácido clorhídrico ou, posteriormente, auga fervendo nos seus lóbulos frontais, co propósito de inducir un estado permanente de submisión e total ausencia de resistencia. Isto resultou fatal, aínda que non era esa a intención de Dahmer en cada un dos casos.[14]

  • 18 de xuño
    • Steven Mark Hicks (18 anos)
      Visto por derradeira vez facendo autostop cara a un concerto de rock en Chippewa Lake Park (Bath, Ohio).[15] Segundo declarou Dahmer, Hicks chamou a súa atención porque ía co torso espido. Dahmer golpeouno cun haltere e esganouno con ese mesmo instrumento antes de despezar o cadáver. A continuación, pulverizou os ósos de Hicks cun martelo e ciscallounos no bosque situado detrás da casa da familia Dahmer.[16]
  • 20 de novembro
    • Steven Walter Tuomi (25 anos)
      Steven Walter Tuomi
      Asasinado nun cuarto alugado no Ambassador Hotel de Milwaukee. Dahmer afirmou non ter lembranza ningunha do homicidio de Tuomi, aínda que declarou que debía telo matado a golpes nun estado de embriaguez extrema. O corpo foi despezado no soto da casa da avoa de Dahmer e os restos foron botados ao lixo. Nunca se atopou resto ningún.[17]
  • 16 de xaneiro
    • James Edward Doxtator (14 anos)
      Dahmer coñeceu o mozo no exterior dun bar gai en Wisconsin e atraeuno a West Allis co pretexto de pagarlle 50 dólares por posar espido para fotografías. Dahmer esganou a Doxtator e mantivo o seu corpo no soto durante unha semana antes de despezalo e desfacerse dos restos no lixo.
  • 24 de marzo
    • Richard Guerrero (22 anos)
      Drogado e estrangulado no dormitorio de Dahmer en West Allis. Dahmer despezou o cadáver de Guerrero no soto, disolveu os tecidos en ácido e tirou os ósos ao lixo. Branqueou o cranio e conservouno durante varios meses antes de desfacerse del. Nunca se atopou resto ningún.[18]
  • 25 de marzo
    • Anthony Lee Sears (24 anos)
      Sears foi a derradeira vítima á que Dahmer drogou e esganou na residencia da súa avoa; tamén foi a primeira vítima da que Dahmer conservou permanentemente partes do corpo.[19] O cranio e os xenitais preservados foron atopados nun arquivo metálico en 924 North 25th Street trala detención de Dahmer en 1991.[20]
  • 20 de maio
    • Raymond Lamont Smith —tamén coñecido como Ricky Beeks— (32 anos)[21]
      Foi a primeira vítima asasinada no apartamento de Dahmer da North 25th Street. Smith era un traballador sexual masculino a quen Dahmer coñeceu nunha taberna. Dahmer deulle unha bebida con sedantes e, posteriormente, esganouno no chan da cociña.[22] O seu cranio foi pintado con spray e conservado.
  • 14 de xuño
    • Edward Warren Smith (27 anos)[23]
      Un coñecido de Dahmer que foi visto por derradeira vez na súa compañía nunha festa.[24] Dahmer reduciu o esqueleto de Smith empregando ácido; o cranio foi destruído accidentalmente ao ser colocado no forno nun intento de retirarlle a humidade. Nunca se atoparon restos.[25]
  • 2 de setembro
    • Ernest Marquez Miller (22 anos)
      Miller era estudante de danza e Dahmer atopouno no exterior dunha libraría. Segundo declarou Dahmer, sentía unha especial atracción pola constitución física de Miller. Foi asesinado mediante a sección da arteria carótide antes de ser despezado na bañeira. Dahmer gardou o seu esqueleto completo na gabeta inferior dun arquivo metálico e o corazón, o fígado, os bíceps e partes das coxas no conxelador para un consumo posterior.[26]
  • 24 de setembro
    • David Courtney Thomas (22 anos)
      Dahmer atopouno nas proximidades do Grand Avenue Mall e atraeuno ao seu apartamento coa promesa de pagarlle por posar espido. Unha vez que unha bebida adulterada o deixou inconsciente, Dahmer decidiu que “non era o seu tipo”. Con todo, estrangulou a Thomas e tomou fotografías Polaroid do proceso de despezamento. Nunca se atopou resto ningún.[27]
  • 18 de febreiro
    • Curtis Durrell Straughter (17 anos)
      Foi abordado por Dahmer mentres agardaba nunha parada de autobús preto da Marquette University. Dahmer atraeuno ao seu apartamento, onde o drogou, esposou e esganou antes de despezar o corpo na bañeira. Conservou o cranio, as mans e os xenitais de Straughter.[28]
  • 7 de abril
    • Errol Lindsey (19 anos)
      Foi a primeira vítima sobre a que Dahmer practicou o que máis tarde describiu aos investigadores como a súa “técnica da perforación”, un procedemento no que realizaba buratos no cranio da vítima para inxectar ácido clorhídrico directamente no cerebro. Segundo Dahmer, Lindsey espertou despois desta práctica, trala cal volvéuno deixar inconsciente cunha bebida adulterada con sedantes e logo estrangulouno. Dahmer esfolou o corpo de Lindsey e conservou a pel durante varias semanas. O cranio foi atopado despois da detención de Dahmer.[28]
  • 24 de maio
    • Tony Anthony Hughes (31 anos)
      Tony Anthony Hughes
      Hughes foi atraído por Dahmer ao seu apartamento coa promesa de posar nu para fotografías. Como Hughes era xordo, el e Dahmer comunicábanse mediante notas escritas.[28][b] A inxección de ácido clorhídrico no cranio de Hughes resultou fatal. O corpo permaneceu no chan do dormitorio de Dahmer durante tres días antes de ser despezado, proceso que Dahmer fotografou. O cranio foi conservado e posteriormente identificado a través de rexistros dentais.[29]
  • 27 de maio
    • Konerak Sinthasomphone (14 anos)
      Irmán máis novo do rapaz ao que Dahmer violara en 1988. Dahmer drogou a Sinthasomphone e inxectoulle ácido clorhídrico no cerebro antes de deixalo sen supervisión para saír do apartamento a mercar cervexa. Cando regresou, descubriu a Sinthasomphone espido e desorientado na rúa, mentres tres mozas, visibelmente angustadas, intentaban axudalo. Cando chegou a policía, Dahmer convenceuna de que el e Sinthasomphone eran amantes e de que o rapaz estaba soamente intoxicado. Cando os axentes deixaron a Sinthasomphone co propio Dahmer no apartamento, Dahmer volveulle a inxectar ácido clorhídrico no cerebro, o que resultou fatal. Conservou a cabeza de Sinthasomphone no conxelador e despezou o corpo.[30]
  • 30 de xuño
    • Matt Cleveland Turner (20 anos)
      O 30 de xuño, Dahmer asistiu á manifestación do Orgullo de Chicago. Nunha parada de autobús, atopou un mozo de 20 anos chamado Matt Turner e persuadiuno para acompañalo a Milwaukee para unha sesión de fotos. Turner foi drogado, esganado e posteriormente desmembrado na bañeira. A súa cabeza e órganos internos foron gardados no conxelador e o torso colocado no bidón de 57 galóns que Dahmer comprara o 12 de xullo.[31]
  • 5 de xullo
    • Jeremiah Benjamin Weinberger (23 anos)
      Dahmer atopouno nun bar gai de Chicago e persuadiuno para acompañalo a Milwaukee durante o fin de semana. Dahmer perforou o cranio de Weinberger e inxectou auga fervendo na cavidade. Posteriormente recordou a morte de Weinberger como excepcional, xa que foi a única vítima que morreu cos ollos abertos.[32] Gardou o corpo decapitado de Weinberger na bañeira durante unha semana antes de desmembralo; o torso foi colocado no bidón de 57 galóns.[33]
  • 15 de xullo
    • Oliver Joseph Lacy (24 anos)
      Un aficionado ao culturismo a quen Dahmer atraiu ao seu apartamento coa promesa de diñeiro por posar para fotografías. Lacy foi drogado e esganado cunha correa de coiro antes de ser decapitado. A súa cabeza e corazón foron colocados no frigorífico.[33] O seu esqueleto foi gardado para adornar un dos lados do altar privado de cabezas e esqueletos que Dahmer estaba a crear cando foi arrestado unha semana despois.[34]
  • 19 de xullo
    • Joseph Arthur Bradehoft (25 anos)
      A derradeira vítima de Dahmer. Bradehoft era pai de tres fillos de Minnesota e buscaba traballo en Milwaukee no momento do seu asasinato.[35] Dahmer deixou o corpo de Bradehoft na súa cama durante dous días antes de decapitalo o 21 de xullo. Colocou a cabeza de Bradehoft no frigorífico e o torso no bidón de 57 galóns.[36]
  1. A pesar da insistencia de Dahmer en que a raza das súas vítimas lle resultaba incidental, algúns teorizan que a maioría dos seus asasinatos puideron ter unha motivación racial.
    Como alternativa, a selección das súas vítimas podería responder simplemente ao feito de que vivía nunha zona etnicamente diversa e ás características demográficas dos distritos de Milwaukee e Chicago, onde adoitaba escoller as súas vítimas.
  2. Hughes tamén podía comunicarse mediante lectura labial.
  1. Pronuncia inglesa de "Dahmer", segundo o alfabeto fonético internacional.
  2. En inglés, Milwaukee Cannibal e Milwaukee Monster, respectivamente.
  3. "Jeffrey Dahmer's Inferno". Vanity Fair. 
  4. Masters, Brian (1993). The shrine of Jeffrey Dahmer. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  5. "Explaining Evil, Volume 1". 
  6. Campbell, Duncan. Murder in mind. 
  7. Robert K. Ressler (8 de febreiro de 2004). "Confesiones de una mente peligrosa". Página/12. Consultado o 20 de maio de 2014. 
  8. Ivan Gil Bermejo (29 de marzo de 2008). "Jeffrey Dahmer, el carnicero de Milwaukee" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2008. 
  9. Gabriel Pombo, Historias de asesinos, Carlos Álvarez, Montevideo, Uruguay (2010), páx. 227, ISBN 978-9974-611-38-2.
  10. Robert K. Ressler, Tom Schachtman, Dentro del Monstruo: Un intento de comprender a los asesinos en serie, editorial Alba, Barcelona, España (2003), páx. 186, ISBN 84-8428-199, 848428199X, 9788484281993.
  11. Jaime Valero, Dentro del monstruo: un intento de comprender a los asesinos en serie (comentario sobre el libro de Robert Ressler) Arquivado 06 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., sitio dixital 'Papel en blanco', 10 de setembro de 2008.
  12. Anne E. Schwartz, El hombre que no mató lo suficiente: Los macabros secretos del carnicero de Milwaukee, Ediciones Grijalbo, Barcelona, España (2004), páx. 61, ISBN 84-253-2039-9 e 9788425320392.
  13. Norris, Joel (1992). Jeffrey Dahmer: A Bizarre Journey Into The Mind Of America's Most Tormented Killer. p. 214. ISBN 9780094720602. 
  14. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  15. Norris, Joel (1992). Jeffrey Dahmer: A Bizarre Journey Into The Mind Of America's Most Tormented Killer. p. 89. ISBN 978-0-09-472060-2. 
  16. "Human bone fragments found near confessed killer's boyhood home". Tampa Bay Times (en inglés). 
  17. "Dahmer Responsible for Sixteen Deaths". Green Bay Press-Gazette (en inglés). 
  18. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. p. 121. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  19. "Dahmer Charged in Eight Deaths". Sun Journal (en inglés). 
  20. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. p. 7. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  21. "Jeffrey Dahmer's Inferno". Vanity Fair (en inglés). 1 de novembro de 1991. 
  22. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. pp. 141. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  23. Dvorchak, Robert J.; Holewa, Lisa (1992). Milwaukee Massacre: Jeffrey Dahmer and the Milwaukee Murders. ISBN 978-0-7090-5003-2. 
  24. Norris, Joel (1992). Jeffrey Dahmer: A Bizarre Journey Into The Mind Of America's Most Tormented Killer. pp. 199–200. ISBN 978-0-09-472060-2. 
  25. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. p. 144. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  26. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. p. 155. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  27. Norris, Joel (1992). Jeffrey Dahmer: A Bizarre Journey Into The Mind Of America's Most Tormented Killer. p. 217. ISBN 978-0-09-472060-2. 
  28. 28,0 28,1 28,2 Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. p. 13. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  29. Dvorchak, Robert J.; Holewa, Lisa (1992). Milwaukee Massacre: Jeffrey Dahmer and the Milwaukee Murders. p. 178. ISBN 978-0-7090-5003-2. 
  30. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. pp. 180. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  31. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. p. 183. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  32. Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. p. 49. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  33. 33,0 33,1 Masters, Brian (1993). The Shrine of Jeffrey Dahmer. p. 14. ISBN 978-0-340-59194-9. 
  34. "Who was Jeffrey Dahmer? 5 creepy facts about bloodthirsty protagonist of Netflix’s gory serial killer crime drama". The Economic Times (en inglés). 
  35. "Killer's Victim Recalled as Trusting and Helpful". St. Louis Post-Dispatch (en inglés). 
  36. "Jeffrey Dahmer: A Timeline of His Murders, Arrests and Death". Boigraphy (en inglés). 3 de abril de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]