Jeff Widener
Jeff Widener | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de agosto de 1956 |
Lugar de nacemento | Long Beach |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | fotógrafo, fotoxornalista e xornalista |
Na rede | |
http://www.jeffwidener.com | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jeff Widener, nado o 11 de agosto de 1956 en Long Beach (Estados Unidos), é o fotógrafo da Associated Press que tomou a imaxe mundialmente coñecida como O rebelde descoñecido en 1989 durante as protestas da Praza Tian'anmen. A fotografía mostra a un home protestando desarmado e solitario ante unha columna de tanques que avanzaban por unha avenida de Pequín.
Widener tomou a foto dende o sexto piso do Hotel Beijing, dende preto de 800 metros de distancia, cunha lente de 400mm. Foi nomeado para o Premio Pulitzer por "Spot News Photography" en 1990 por isto.
No ano 2006, el traballa como fotógrafo da Honolulu Advertiser.
Widener gañou numerosos premios da Society of Professional Journalists e quedou en segundo lugar en imaxe no 2004 nos premios da National Press Photographers Association. [1]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jeffwidener.com Web oficial.