Jeff Ayres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jeff Pendergraph»)
Jeff Ayres
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 29 de abril de 1987 (36 anos)
Ontario (California)
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Información da carreira
Universidade Arizona State (2006-2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 31
Por Sacramento Kings
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2009–2010)
Indiana Pacers (2011–2013)
San Antonio Spurs (2013–2015)
Idaho Stampede (2015–2016)
Los Angeles Clippers (2016)
Los Angeles D-Fenders (2016)
CSKA Moscova (2016)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2014)

Jeffrey Curtis "Jeff" Ayres, antigamente coñecido coma Jeff Pendergraph, nado o 29 de abril de 1987 en Ontario (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

Pendergraph foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Sacramento Kings, e os seus dereitos foron traspasados poucos despois aos Portland Trail Blazers. Asinou un contrato cos Blazers o 8 de setembro de 2009.[1] O seu primeiro partido na NBA foi o 22 de decembro de 2009 contra os Dallas Mavericks, onde anotou 2 puntos en 4 minutos de xogo.

Foi cortado polos Blazers antes do comezo da tempada en 2010 tras sufrir unha lesión nun encontro de postempada contra os Utah Jazz que non lle permitiría xogar no resto da tempada.

Asinou polos Indiana Pacers para a tempada 2011-12, e estivo moito tempo apartado do equipo debido a unha lesión no xeonllo sufrida o 10 de decembro de 2011.[2]

O 11 de xullo de 2013, asinou cos San Antonio Spurs.[3] O 15 de xuño de 2014, Ayres gañou o seu primeiro campionato da NBA despois de que os Spurs gañaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En agosto de 2013, Pendergraph fixo unha solicitud en Arizona para cambiar o seu nome a Jeff Ayres, poñendo así o apelido do seu pai biolóxico.[4] O cambio foi anunciado oficialmente en setembro de 2013.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trail Blazers Sign Jeff Pendergraph". NBA.com. 2009-09-08. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2009. Consultado o 2009-09-08. 
  2. "Pendergraph 'tweaks' knee that sidelined him all of last season". IndianaStar.com. 18 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  3. Spurs Sign Jeff Pendergraph
  4. Jeff McDonald (18 de setembro de 2013). "For Spur formerly known as Pendergraph, the name's the thing". San Antonio Express-News. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 18 de setembro de 2013. 
  5. "Spurs Forward Jeff Pendergraph Changes Last Name to Ayres". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de setembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]