Saltar ao contido

Jean Louis Émile Boudier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Louis Émile Boudier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1828 Editar o valor en Wikidata
Garnay Editar o valor en Wikidata
Morte4 de febreiro de 1920 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Blois Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, micoloxía e farmacia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmicólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBoud. Editar o valor en Wikidata
Premios
Émile Boudier

Jean Louis Émile Boudier (nado o 6 de xaneiro de 1828, en Garnay finado o 4 de febreiro de 1920, en Blois) foi un farmacéutico que viviu en Montmorency, Francia. Publicou moitas obras sobre os Discomycetes e outras áreas da micoloxía. A miúdo usaba Émile como o seu primeiro nome.

Educouse na Escola de Farmacia de París, e en 1853, puxo unha farmacia en Enghien-les-Bains. Despois converteuse en encargado da farmacia do seu pai, onde traballou moitos anos. En 1878 retirouse da profesión de farmacéutico para dedicarse plenamente á investigación científica.[1]

Foi membro fundador da Sociedade Micolóxica de Francia (vicepresidente en 1884; presidente de 1887 a 1890) e membro honorario da Sociedade Micolóxica Británica.[1]

Nomeou varias especies de fungos como Amanita franchetii, Disciotis venosa, Ptychoverpa bohemica e Trichoglossum hirsutum.

Ilustración de Megacollybia platyphylla feita por Émile Boudier, en Icones mycologicae.

En 1897 o botánico Pier Andrea Saccardo Sacc. publicou a descrición do xénero Boudierella, que é un xénero de fungos na familia Pyronemataceae, e nomeouno en honra de Jean Louis Émile Boudier.[2]

A abreviación estándar como autor de taxons de fungos de Boudier é Boud.[3]

Publicacións seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  • 1897: Révision analytique des morilles de France (Revisión taxonómica das pantorras de Francia).
  • 1901: Influence de la nature du sol et les vegetaux qui y croissant sur le développement des champignons (Influencia da natureza do solo e as plantas que crecen nel sobre o desenvolvemento dos fungos).
  • 1904-1909: Icones mycologicae ou iconographie des champignons de France, principalement Discomycètes (Debuxos micolóxicos ou iconografía dos cogomelos de Francia, especialmente os Discomycetes); esta é a obra magna de Boudier.[4]
  • 1907: Histoire et classification des Discomycètes d'Europe. (Historia e clasificación dos Discomycetes de Europa).
  • 1911: La fresque de Plaincourault (Indre) (O fresco de Plaincourault (Indre).
  1. 1 2 BOUDIER Jean Louis Émile Sociétés savantes de France
  2. Burkhardt, Lotte (2022). Eine Enzyklopädie zu eponymischen Pflanzennamen [Encyclopedia of eponymic plant names] (pdf) (en alemán). Berlin: Botanic Garden and Botanical Museum, Freie Universität Berlin. ISBN 978-3-946292-41-8. doi:10.3372/epolist2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.
  3. Inernational Plant Names Indes Boud.
  4. A Brief History of Mycological Illustration Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Harvard University Herbaria

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]