Jean-François Millet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jean-Francois Millet»)
Jean-François Millet
Nacemento4 de outubro de 1814
Lugar de nacementoGréville-Hague
Falecemento20 de xaneiro de 1875 (60 anos)
Lugar de falecementoBarbizon
SoterradoChailly-en-Bière
NacionalidadeFrancia francés
Alma máterEscola Nacional Superior das Belas-Artes
Ocupaciónplower, pintor, gravador, architectural draftsperson, fotógrafo e artista gráfico
CónxuxePauline Virginie Ono-dit-Biot e Catherine Marie Joseph Lemaire
FillosMarie-Rosalie Millet e Jean-François Millet
IrmánsPierre Millet e Jean-Baptiste Millet
Coñecido porfundar a Escola de Barbizon, As espigadoras, Angelus e The Potato Harvest
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
Discogs: 3872604 WikiTree: Millet-313 Find a Grave: 7139 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jean-François Millet (4 de outubro de 1814 - 20 de xaneiro de 1875) foi un pintor francés e un dos fundadores da Escola de Barbizon. É célebre por pintar escenas da vida do campo do século XIX.

Naceu en Normandía pero mudouse a París en 1839. Recibiu o seu ensino académico con Paul Dumouchel, e con Jérome Langlois en Cherbourg. Logo de 1840 afastouse do estilo da pintura oficial e caeu baixo a infuencia de Honoré Daumier, de quen aprendeu o sentido do contraste de luces e sombras, así como a construción do corpo humano, con sinxeleza de volumes. En 1849 chegou a Barbizon (pobo da rexión de París), entrando no círculo da escola que toma o nome desta localidade (Escola de Barbizon).

Millet, posuía un profundo sentido da natureza, do mesmo xeito que Théodore Rousseau, interpretando a natureza, máis que reflectíndoa, comprendendo as voces da terra, as árbores ou os carreiros. Millet afirmaba sentir na natureza máis do que os sentidos lle daban. Millet e Rousseau pronto intimaron e Rousseau, con máis recursos económicos axudaba ao pobre Millet. Millet esta considerado como pintor realista, aínda que tivo unha grande influencia sobre os impresionistas como Claude Monet, Camille Pissarro e sobre todo Vincent van Gogh. Van Gogh reproduciu ao seu xeito case todas as escenas campestres de Millet.

Morreu en Barbizon con poucos anos de diferenza de Théodore Rousseau. Ámbolos dous atópanse enterrados a moi pouca distancia un do outro. A súa casa natal no lugar de Gruchy, municipio de Gréville-Hague en Normandía foi reconstruída e amoblada como unha casa de campesiños do século XIX, e engadíronselle copias de moitos dos seus cadros.

Galería[editar | editar a fonte]