Jean Laplace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean Laplace
Nacemento1934
Lugar de nacementoAnnecy
Falecemento10 de setembro de 2018
Lugar de falecementoAnnecy
NacionalidadeFrancia
Ocupacióndebuxante
Na rede
Tebeosfera: laplace_jean
editar datos en Wikidata ]

Jean Laplace, nado en Annecy, Francia en 1934 e finado no mesmo lugar o 10 de setembro de 2018,[1] foi un debuxante francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha comerciante e dun funcionario,[2] formouse como deseñador industrial pero dedicouse á ilustración, afección que cultivou dende neno.[3] Publicou o seu primeiro debuxo humorístico en Le Progrès de Lyon en 1952[2] e axiña empezou a colaborar en Paris Match, Ici Paris e Samedi Soir.[4] Adaptou as súas ilustracións humorísticas converténdoas en crebacabezas ó crear o "jeu des huit erreurs" (o "xogo dos oito enganos" en galego), inspirado nos xogos tradicionais de 7 diferenzas consistentes en detectar pequenas variacións entre dúas imaxes.[5] O xornal suízo Feuille d'avis de Lausanne foi o primeiro en publicar o seu xogo en 1966,[2] os seus debuxos apareceron cos anos en varios periódicos e revistas franceses e mais en publicacións de todo o mundo.[5] La Voz de Galicia comezou a publicar o seu pasatempo en 1977.[6] Fixo cerca de 19 000 láminas diferentes ó longo da súa carreira.[3]

“A vida é un debuxo con tantos erros,
que, como o boneco no papel,
debemos librarnos do engano con moito enxeño.”

Joan Brossa: Sextina a Laplace[7][8]

Obra[editar | editar a fonte]

Recompilación dos seus gags[editar | editar a fonte]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Na 49ª edición dos premios de deseño e comunicación visual da AGD-FAD celebrados no ano 2019 rendéuselle homenaxe a Jean Laplace, baseando a campaña de presentación dos Premios Laus 2019 na concepción artística do autor.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adiós a Laplace, el genio de 'los ocho errores'". Heraldo de Aragón (en castelán). 25-09-2018. Consultado o 14-04-2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Caballero, Óscar (13-09-2018). "Desconocido y a la vez tan famoso". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 15-04-2019. 
  3. 3,0 3,1 Pallas, Beatriz (02-10-2017). "Jean Laplace: «Busco inspiración para os meus gags pola rúa ou vendo a televisión»". La Voz de Galicia. Consultado o 14-04-2019. 
  4. "Jean Laplace". Les Cahiers dessinés (en francés). Arquivado dende o orixinal o 22-03-2019. Consultado o 15-04-2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Muere Jean Laplace, el mítico dibujante de los ocho errores". La Vanguardia (en castelán). 13-09-2018. Consultado o 14-04-2019. 
  6. "Morre Jean Laplace, o debuxante dos oito erros". La Voz de Galicia. 13-09-2018. Consultado o 14-04-2019. 
  7. "Joan Brossa dedica un poema al autor del pasatiempo “Los 8 errores”" (pdf). La Vanguardia (en castelán). 04-10-1987. Consultado o 14-04-2019. 
  8. Pallas, Beatriz (14-09-2018). "Morre o xenio de «os oito erros»". La Voz de Galicia. Consultado o 14-04-2019. 
  9. "Sauf erreur - Jean Laplace". Les Cahiers dessinés (en francés). 2017. Arquivado dende o orixinal o 15-04-2019. Consultado o 15-04-2019. 
  10. "Entrevista a Carles Murillo" (en castelán). ADG-FAD. 2019. Consultado o 10-02-2024. 
  11. "Encuentra las diferencias" (en castelán). Festa del Grafisme. 10-01-2019. Consultado o 10-02-2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]