Jazmín Mendoza
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) Jazmín Lucero 27 de maio de 2002 Asunción | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,64 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | balonmanista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | balonmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jazmín Lucero Mendoza Peralta,[1] nada en Asunción o 27 de maio de 2002, é unha xogadora de balonmán paraguaia. Xoga de extremo dereito no CB Atlético Guardés e na selección feminina de balonmán de Paraguai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse no Nueva Estrella, e en 2021 debutou co Cerro Porteño.[1] Nese mesmo ano xogou o Mundial coa selección de Paraguai e fichou polo CB La Calzada da man de Marizza Faría.[2][3] Co equipo asturiano debutou na División de Honor, e na primeira tempada xogou 12 partidos e anotou 36 goles.
En xaneiro de 2023 fichou polo CB San José Obrero de Lanzarote.[4][5] Unha lesión de xeonllo privouna de xogar o final da tempada 2023/24, na que o equipo disputou a fase de ascenso a División de Honor.[6]
Na tempada 2024/25 fichou polo Atlético Guardés,[7] co que acadou o campionato da liga regular[8] e renovou para a 2025/26.[9]
Selección
[editar | editar a fonte]Acadou a medalla de prata nos Xogos Panamericanos júnior de 2019, dobre medalla de ouro no Suramericano cadete (2015 e 2016), medalla de ouro no Suramericano xuvenil de 2018 e dobre medalla de prata no Suramericano xuvenil (2016 e 2017).[1]
Co equipo absoluto competiu en Panamericano, o Sur e central, os Xogos Suramericanos, no Centroamericano e nos mundiais de 2021 e 2023.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 ""Quiero llegar a lo más alto”". La Nación (en castelán). 7 de setembro de 2024.
- ↑ "Varias Guerreras se quedan en el balonmano español". ABC (en castelán). 13 de decembro de 2021.
- ↑ "La paraguaya Jazmín Mendoza ya trabaja a las órdenes de Cristina Cabeza". RTPA. 23 de decembro de 2021.
- ↑ "El CICAR Lanzarote Ciudad de Arrecife ficha a la paraguaya Jazmín Mendoza". Cadena SER (en castelán). 9 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Jazmín Mendoza renueva con el CICAR Lanzarote Ciudad de Arrecife". FECANBM (en castelán). 12 de xuño de 2023.
- ↑ Rubén Betancort (21 de xuño de 2024). "Petra Jersek y Jazmin Mendoza, causan baja en el CICAR Lanzarote Ciuda". Lanzarote Deportiva (en castelán).
- ↑ "Jazmín Mendoza, segundo fichaje del Guardés 2024/2025". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 2024.
- ↑ María Iácome Fuensalida (5 de abril de 2025). "El Guardés: campeón de Liga regular 2024/25". balonmano.info (en castelán).
- ↑ "El Mecalia Guardés confirma la continuidad de Jazmín Mendoza para la próxima temporada". InfoMinho (en castelán).
- ↑ Rubén Betancort (29 de novembro de 2023). "Jazmín Mendoza disputa con Paraguay el Mundial Femenino de Balonmano". Lanzarote Deportiva (en castelán).