Jay Leno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jay Leno en 2008

James Douglas Muir "Jay" Leno, nado o 28 de abril de 1950 [1] en New Rochelle é un humorista satírico e presentador de televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De 1992 a 2009, sucedendo a Johnny Carson na NBC, Leno foi o presentador do talk show nocturno The Tonight Show with Jay Leno pero en setembro de 2009 comezou a presentar un talk show en horario de máxima audiencia The Jay Leno Show, porén cancelouse en xaneiro de 2010, logo de anunciar a cadea que se debía atrasar das 22:00 ás 23:35, pola baixa audiencia e pola petición de emisoras afiliadas[2], o que implicaba que o programa de Conan O'Brien tiña que se atrasar media hora, o que provocou tirapuxas entre os seguidores dos dous presentadores [3] After The Jay Leno Show was canceled in January 2010 amid a host controversy, deixando O'Brien a cadea e volvendo Leno a presentar The Tonight Show with Jay Leno a partir do 1 de marzo de 2010.[4]. Leno tamén participou na dobraxe de The Fairly OddParents dándolle a voz a Crimson Chin e Nega-Chin

Notas[editar | editar a fonte]