Javier Perea Rodríguez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de xullo de 1932 Barbantes, España |
| Morte | 4 de agosto de 1999 Ourense, España |
| 11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
| 1966 – 1977 ← Héctor González Godás – Argimiro Marnotes Rodríguez → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, avogado |
Javier Perea Rodríguez, nado en Barbantes (Punxín) o 31 de xullo de 1932 e finado en Ourense o 4 de agosto de 1999, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o bacharelato no Colexio Isabel la Católica do Carballiño e no Cardenal Cisneros de Ourense. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e tamén obtivo o título de Graduado social. Foi nomeado alcalde do Carballiño en outubro de 1966.[1] Foi deputado provincial e vicepresidente da deputación de Ourense. Presentouse como candidato a procurador en Cortes polo terzo de cabezas de familia en 1967,[2] pero non foi elixido.[3] En 1971 foi elixido procurador en Cortes como representantes dos concellos de Ourense. Permaneu como alcalde até febreiro de 1977, cando abandonou o cargo para presentarse ao Senado nas primeiras eleccións democráticas. Finou en Ourense o 4 de agosto de 1999.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Héctor González Godás |
Alcalde do Carballiño 1966 - 1977 |
Sucesor: Argimiro Marnotes Rodríguez |