Saltar ao contido

Javier Llabrés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Llabrés
Biografía
Nacemento2002 Editar o valor en Wikidata (22/23 anos)
Inca, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Javier Llabrés Expósito, nado en Inca o 11 de setembro de 2002, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo no Eldense, da Segunda División, cedido polo Mallorca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado como futbolista na canteira do Mallorca, debutou co filial o 29 de novembro de 2020, nun partido da Terceira División ante o CF Sant Rafel.[1]

Tras facerse coa titularidade no Mallorca B, o 1 de decembro de 2021 debutou co primeiro equipo nun partido da Copa do Rei ante a Gimnástica Segoviana.[2]

O seu debut na Primeira División produciuse o 2 de xaneiro de 2022, substituíndo a Lee Kang-in nunha derrota por 0-1 na casa ante o FC Barcelona.[3] Tres días despois repartiu dúas asistencias na vitoria por 2-1 ante o Eibar que clasificou ao Mallorca para os oitavos de final da Copa do Rei.[4]

Na primeira metade da tempada 2022/23 só dispuxo de 16 minutos de xogo, polo que en xaneiro de 2023 saíu cedido ao Mirandés, da Segunda División.[5] O 17 de xaneiro de 2025 saíu cedido de novo a Segunda, desta vez ao Eldense.[6]

  1. "Crónica 3ª Div.: RCD Mallorca «B» 0 – 0 San Rafael del I.e.". futbolbalear.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2025. 
  2. "Un doblete de Ángel elimina a la Gimnástica Segoviana de la Copa" (en castelán). 1 de decembro de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2025. 
  3. "Javi Llabrés, debut en primera entre la indiferencia" (en castelán). 4 de xaneiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2025. 
  4. "Javi Llabrés lleva al Mallorca a octavos" (en castelán). 5 de xaneiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2025. 
  5. "Javier Llabrés, versatilidad para el ataque rojillo" (en castelán). 18 de xaneiro de 2023. Consultado o 19 de febreiro de 2025. 
  6. "Javi Llabrés, nuevo jugador del CD Eldense" (en castelán). 17 de xaneiro de 2025. Consultado o 19 de febreiro de 2025.