Javier Alberola Rojas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de xuño de 1991 Ciudad Real |
| Educación | Universidade Isabel I |
| Actividade | |
| Ocupación | árbitro de fútbol |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | fútbol |
Javier Alberola Rojas, nado en Cidade Real o 22 de xuño de 1991, é un árbitro de fútbol español da Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Psicoloxía pola Universidade Isabel I.[1] Militou dúas tempadas na Segunda División B, antes de ascender a Segunda en 2015.
Na súa primeira tempada na categoría de prata arbitrou o partido de volta da eliminatoria de ascenso a Primeira División entre o Girona e o Córdoba (3-1).[2]
Despois de só dúas campañas en Segunda, categoría na que arbitrou 46 partidos,[3] conseguiu o ascenso á Primeira División,[4] xunto co árbitro catalán David Medié Jiménez e o asturiano Pablo González Fuertes. Converteuse así no segundo árbitro máis novo en ascender á Primeira División, despois de Brito Arceo.
Debutou na máxima categoría con 26 anos, o 26 de agosto de 2017, nun partido entre o Levante e o Deportivo da Coruña (2-2).[5]
Foi galardoado polo xornal Marca co Trofeo Guruceta ao mellor árbitro de Primeira nas tempadas 2020/21, 2023/24 e 2024/25.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Javier Alberola Rojas". Consultado o 21 de enero de 2025.
- ↑ Marca (12 de junio de 2016). "Partido vuelta promoción ascenso de 2016".
- ↑ "Alberola Rojas, Javier Alberola Rojas - Árbitro" (en castelán). Consultado o 23 de junio de 2017.
- ↑ cope.es, Isaac Fouto | (20 de junio de 2017). "Los árbitros Alberola Rojas, Medié Jiménez y González Fuertes ascienden a Primera". Cope (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2017. Consultado o 23 de junio de 2017.
- ↑ "Levante vs Deportivo: El Levante rescata un punto con polémica" (en castelán). 2017-08-26. Consultado o 2021-05-26.