Jaroslav Sakala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaroslav Sakala
Jaroslav Sakala 04.JPG
Nacemento14 de xullo de 1969
 Krnov
NacionalidadeRepública Checa e Checoslovaquia
Ocupaciónsaltador de esquí e ski jumping coach
FillosFilip Sakala
editar datos en Wikidata ]

Jaroslav Sakala, nado o 14 de xullo de 1969 en Krnov, Chequia, é un antigo saltador de esquí checo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1989 participou por primeira vez nunha competición da Copa do Mundo de Salto de Esquí pero o seu primeiro grande éxito foi nas Olimpiadas de Inverno de 1992 en Albertville ó conseguir a medalla de bronce en trampolín grande por equipos. Na tempada 1992-1993 rematou segundo na clasificación final da Copa do Mundo de salto de esquí e cuarto na seguinte.

Sakala gañou tres medallas nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1993, unha de ouro no salto individual e dúas pratas en trampolín grande individual e por equipos. Sakala gañou en 1994 o Campionato do Mundo de Salto de Esquí en Planica. Retirouse en 2002.