Janica Kostelić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Janica Kostelić
JanicaKostelic.jpg
Nacemento5 de xaneiro de 1982
 Zagreb
NacionalidadeCroacia
Relixióncatolicismo
Ocupaciónesquiadora alpina
IrmánsIvica Kostelić
PremiosSkieur d'or, Laureus World Sports Awards de Atleta feminina do ano e honorary citizen of Zagreb
editar datos en Wikidata ]

Janica Kostelić, nada en Zagreb (Iugoslavia) o 5 de xaneiro de 1982, é unha ex esquiadora, catro veces campioa olímpica croata. Nas competicións da Copa do Mundo gañou trinta probas individuais, tres títulos xerais, tres títulos de slálom e catro títulos (non oficiais) de combinada. Os éxitos de Kostelić no esquí profesional levaron a algúns comentaristas, escritores e compañeiras a considerala unha das mellores esquiadoras da historia.

É a única muller que gañou catro medallas de ouro en esquí alpino nos Xogos Olímpicos de Inverno (en 2002 e 2006) e a única muller que gañou tres medallas de ouro nuns únicos xogos (en 2002).

No verán de 2006, decidiu non competir na tempada seguinte debido a unha dor crónica no xeonllo e no lombo. Sufriu dez cirurxías de xeonllo e de tiroide durante a súa carreira.[1][2][3] Despois dun ano fóra da competición, anunciou a súa retirada en abril de 2007, con só vinte e cinco anos.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia deportiva de deportes de inverno: o seu pai, Ante Kostelić, é tamén o seu adestrador, e o seu irmán, Ivica Kostelić, é tamén esquiador profesional.

Despois dunha operación no xeonllo en 2001, tivo que facer unha pausa e na tempada 2002 entrou tarde, así todo, no ano olímpico. Nos Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002, nos Estados Unidos, Kostelić logrou tres medallas de ouro na combinada, slálom e slálom xigante, e unha medalla de prata en superxigante (super G).

En 2003, no Campionato Mundial de Esquí Alpino de 2003 de St. Moritz (Suíza) Kostelić converteuse na campioa do mundo no slálom e na combinada. A comezos de 2004, unha lesión levouna ao quirófano para practicarlle unha operación no xeonllo que lle provocou, de novo, unha interrupción na súa carreira deportiva.

No Campionato Mundial de Esquí Alpino de 2005 disputado en Bormio (Italia), Kostelić foi a campioa do mundo de novo na combinada e no slálom, así como no descenso, neste caso por primeira vez. Nas súas vitorias no descenso e no slálom, conseguiu a mellor marca. Este fito no se realizara nunca na historia dos Campionatos mundiais.

Nos Xogos Olímpicos de Turín 2006 chegou como unha das favoritas e conquistou unha medalla de prata no superxigante. Con catro medallas de ouro e dúas medallas de prata converteuse na esquiadora alpina máis laureada na historia dos Xogos Olímpicos de Inverno.

Na Copa do Mundo de Esquí, Janica Kostelić, gañou trinta probas, destas vinte veces no slálom, dúas no slálom xigante, unha no superxigante, unha no descenso, dúas na supercombinada e catro na combinada clásica.

En 2005 a final da Copa do Mundo terminou cun duelo entre Kostelić e a sueca Anja Paerson, sendo Paerson a que conquistou o Globo de Cristal con só tres puntos de diferenza.

En 2005 e 2006 Kostelić gañou nas cinco disciplinas: slálom, slálom xigante, superxigante, descenso, a combinada (combinada clásica: descenso e unha carrera de slálom; supercombinada: superxigante e unha carrera de slálom). Con todo isto, Kostelić é a única esquiadora (además da austríaca Petra Kronberger) que gañou en cinco disciplinas na mesma tempada, mais Kostelić ten as vitorias na combinada e a supercombinada na mesma tempada.

En 2005, o canal televisivo Eurosport proclamouna a mellor deportista do ano a nivel mundial.

Kostelić foi a primeira esquiadora croata que gañou nos Xogos Olímpicos de Inverno. Foi a esquiadora máis importante da primeira década do século XXI e unha das mellores esquiadoras da historia, gañando en todas as disciplinas alpinas.

Foi a única muller que conquistou catro medallas de ouro en esquí alpino nos Xogos Olímpicos de Inverno e a única esquiadora que conquistou tres medallas olímpicas de ouro nun ano (2002).

Foi campioa da Copa do Mundo en 2001, 2003 e 2006. O 15 de xaneiro de 2006 converteuse na terceira muller na historia da Copa do Mundo (despois da sueca Pernilla Wiberg e a austríaca Petra Kronberger) que gañou nas cinco disciplinas da Copa do Mundo.

O 5 de febreiro converteuse tamén na segunda esquiadora (despois de Kronberger) que gañou competicións nas cinco disciplinas nunha mesma tempada. No ano 2006, ademais, foi galardoada cun Premio Laureus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ski Racing.com – Janica Kostelic may take winter off to regroup from injuries – 16 de agosto de 2006.
  2. Ski Racing.com – Kostelic to sit out 2006–07 season – 6 de outubro de 2006.
  3. Ski Racing.com – Kostelic fails to find the hunger to race again – 22 de abril de 2007.
  4. fisalpine.com – Janica Kostelic. Consultado o 19 de marzo de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]