Saltar ao contido

Jang Eun-jin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJang Eun-jin
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Gwangju Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

Jang Eun-jin (en coreano: 장은진), nada en 1976, é unha escritora surcoreana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jang Eun-jin naceu en Gwangju no ano 1976. Ten unha irmá xemelga, Kim Hee-jin.[1] Jang estudou na Universidade Nacional Chonnam, na súa cidade natal, pola que se graduou en Xeografía. En 2004, recibiu o premio Jooggang Ilbo para Novos Escritores pola súa opera prima, Kichin silheomsil (en hangeul: 키친 실험실; en galego: Laboratorio de cociña), publicada como libro en 2008.[2]

Jang é autora de catro novelas e unha escolma de relatos. Gañou tres premios literarios: o premio Chonnam Ilbo de Conto (2002), o premio Joongang Ilbo para Novos Escritores (2004) e o 14.º premio anual Munhakdongne (2009).

A súa obra máis recoñecida, Amudo pyeonjihaji anda (en hangeul: 아무도 편지하지 않다; en galego: Ninguén escribe cartas), foi traducida a diversos idiomas, entre eles o inglés e o castelán.[3][4]

  1. "네이버 PC 인물 검색 홈". people.search.naver.com. Consultado o 2025-02-27.
  2. 문학광장누리집(대표). "문학광장누리집(대표)". 문학광장누리집(대표) (en coreano). Consultado o 2025-02-27.
  3. Gowman, Philip (2013-12-16). "Jang Eun-jin: No One Writes Back. Just read it. You won’t regret it - London Korean Links" (en inglés). Consultado o 2025-02-27.
  4. koreaenbarcelona (2024-04-17). "«Ya nadie escribe cartas», de Jang Eun-jin, en nuestras librerías". Korea en Barcelona (en castelán). Consultado o 2025-02-27.