Janet Gibson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Janet Gibson
Nacementoséculo XX
 Belize
NacionalidadeBelize
Ocupaciónbióloga e zoóloga
PremiosPremio Medioambiental Goldman
editar datos en Wikidata ]

Janet Gibson é unha bióloga e zoóloga beliciana que conseguiu o Premio Ambiental Goldman en 1990 polos seus esforzos de conservación dos ecosistemas mariños ao longo da costa de Belize, en particular o sistema de reservas da barreira do arrecife. Á Barreira do Arrecife de Belize, a UNESCO concedeulle o título de Patrimonio da Humanidade en 1996 grazas aos esforzos de Gibson entre outros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reserva mariña de Hol Chan.

Janet Gibson naceu en Belize e estudou nos Estados Unidos bioloxía e zooloxía.[Cómpre referencia] A medianos da década de 1980 empezou a traballar como voluntaria para a Belize Audubon Society. Entre 1985 e 1987, traballou para crear a Reserva mariña de Hol Chan, facendo campaña cos cidadáns, as empresas, os pescadores e o goberno de Belize para conseguir unha reserva protexida e educándoos sobre a necesidade do proxecto. Desenvolveu un plan de xestión, traballou para garantir o financiamento e sacou o proxecto adiante.[1] Os seus esforzos foron exitosos e en 1987 constituíuse a reserva oficial, sendo a primeira dese tipo en América Central.[1] A reserva cobre ao redor de tres millas cadradas e é unha zona protexida que permitiu a rexeneración dos peixes que previamente se extinguiran, conseguindo unha gran variedade de peixes dos que agora poden gozar os mergulladores.[2]

En 1988, Gibson deseñou un plan de xestión para o atol de coral Glover e tamén empezaron os esforzos para asegurar o estado de reserva do arrecife Glover.[1][3] En 1990, axudou a establecer unha Unidade de Xestión da Zona Costeira como parte do departamento de Pesca.[4] Gibson uniuse á Sociedade de Conservación da Fauna e Flora de Belize (WCS) e en 1993, grazas aos seus esforzos, xunto co apoio doutras organizacións, designouse como reserva protexida para Belize.[5] Gibson e outras persoas, ao traballar protexendo o medio ambiente, empezaron a darse conta de que a protección individual era insuficiente sen un enfoque de xestión que protexese a zona de barreira enteira ou forzas externas como a proliferación de algas xerada a partir de residuos da plantación de froitas, a sobre-pesca noutras áreas que causaba danos colaterais, ou a sedimentación causada polo desenvolvemento, xa que estes aspectos estaban a ter un efecto prexudicial. Traballando con axencias de xestión da auga, con representantes forestais, con outros grupos ambientais e cos cidadáns, en 1993 adaptouse un plan para formalizar a protección do arrecife para que fose declarado Patrimonio Mundial natural. Despois de varios anos de planear e de traballar, o nomeamento concedeuse en novembro de 1996 pola UNESCO.[6]

Gibson forma parte da Sociedade de Conservación de Fauna e Flora de Belize e publicou numerosos traballos científicos.[1]

Traballos seleccionados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Janet Gibson". Goldman Environmental Prize. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 9 de maio de 2009.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "goldman" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "goldman" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "goldman" está definido varias veces con contidos diferentes
  2. "Hol Chan Marine Reserve". San Pedro Town, Belize: Ambergris Caye. Consultado o 6 de setembro de 2015. 
  3. "Belize Barrier Reef Reserve System, Belize". 22 de xuño de 2009. Consultado o 6 de setembro de 2015. 
  4. "Coastal Zone Management Project". San Pedro, Belize: Ambergris Caye. Consultado o 6 de setembro de 2015. 
  5. "WCS at the forefront of Marine Conservation in Belize". Belize City, Belize: Wildlife Conservation Society. Consultado o 6 de setembro de 2015. 
  6. "El Arrecife de Barrera del Belice: un Sitio de Patrimonio Mundial". Producido en Pauly, D, ed. (2011).