Janet Biehl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Janet Biehl
Nacemento4 de setembro de 1953
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Wesleyana, CUNY Graduate School and University Center e Walnut Hills High School
Ocupaciónescritora, impresor, artista gráfica, ecofeminista e ecoloxista
Coñecida porThe Politics of Social Ecology: Libertarian Municipalism
Na rede
Facebook: janet.biehl Twitter: jbiehlvt Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Janet Biehl, nada o 4 de setembro de 1953, é unha anarquista estadounidense e unha das autoras máis salientables da ecoloxía social. En 1986 comeza a súa colaboración no Instituto para a Ecoloxía Social, onde se volveu colega de Murray Bookchin, traballando intensamente xunto a el as seguintes dúas décadas en ampliar a formulación, definición e explicación das ideas polas que son mundialmente recoñecidos.

De 1987 a 2000 publicaron en coautoría Green Perspectives, logo denominada Left Green Perspectives. Escribiu e editou numerosos libros e artigos que interpretan e avogan polas ideas do municipalismo libertario, a ecoloxía social e o ecofeminismo, e que até a data teñen unha enorme influencia sobre o movemento libertario. O seu libro The Politics of Social Ecology condensa as ideas de Bookchin sobre democracia directa. O mesmo Bookchin consideraba a The Murray Bookchin Reader, que ela editaba, a mellor introdución ó seu traballo.

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]