Jan Kuehnemund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jan Kuehnemund
JanKuehnemund1974.jpg
Nacemento18 de novembro de 1953
 Saint Paul
Falecemento10 de outubro de 2013
 Colorado Springs
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncantante, guitarrista e compositora
editar datos en Wikidata ]

Janice Lynn Kuehnemund, nada en Saint Paul (Minnesota) o 18 de novembro de 1953[1] e finada en Colorado Springs (Colorado) o 10 de outubro de 2013, foi unha músico estadounidense, guitarrista e fundadora da banda de glam metal Vixen.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1974 fundou na súa escola a banda Genesis. Xa en 1980 creou Vixen, que tivo grande éxito a finais da década de 1980 na escena glam cos discos Vixen e Rev It Up. Nesa época tocaron con bandas como Scorpions, Bon Jovi, Kiss ou Deep Purple. En 1991 decidiu separar a banda.[3]

En 1999, logo de que Roxy Petrucci refundase a banda sen a súa autorización, demandou a batería por infracción dos dereitos de autoría, o que provocou a segunda separación do grupo. En 2001 decidiu refundar Vixen canda a Roxy e Janet Gardner, pero volveron os problemas entre elas.[2]

A finais de 2012 diagnosticóuselle un cancro, do que faleceu en outubro de 2013.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Minnesota Birth Index, 1935-2002," database, FamilySearch (https://familysearch.org/ark:/61903/1:1:VCNT-C6F : 6 May 2014), Janice Lynn Kuehnemund, 18 Nov 1953; from "Minnesota Birth Index, 1935-2002," database, Ancestry (http://www.ancestry.com : 2004); citing Ramsey, Minnesota, United States, Minnesota Department of Health, Minneapolis.
  2. 2,0 2,1 "Luna Guitars - Jan Kuehnemund". Lunaguitars.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  3. "A brief Bio: Vixen". Neilsvixenpage.com (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  4. "Vixen Guitarist Jan Kuehemund Has Died". Thegauntlet.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2013.