Jan Alfons Keustermans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Alfons Keustermans
Nacemento6 de maio de 1940
  Antuerpen.
Bélxica Bélxica
ÁreaEscultura, e deseño e gravado de moedas.
NacionalidadeBélxica Belga
editar datos en Wikidata ]

Jan Alfons Keustermans, nado en Antuerpen o 6 de maio de 1940, é un escultor, gravador e deseñador de moedas belga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estatua de bronce de Keustermans en Lier (1986).

Jan Alfons Keustermans cursou estudos artísticos no Instituto Nacional Superior de Belas Artes de Antuerpen, a súa cidade natal, e foi director da Academia Municipal de Belas Artes de Turnhout, na provincia de Antuerpen, ata o ano 2000.[1]

Keustermans iniciouse na escultura sobre madeira na restauración de edificios, e tamén sobre pedra, traballando con fabricantes de lápidas. Na súa primeira época elaborou varios obras de temática relixiosa en madeira, e os seus traballos escultóricos posteriores están feitos en materiais tan diversos como pedra azul, bronce, xeso, arxila, mármore ou poliéster, cos temas recorrentes do espido feminino e as composicións con múltiples figuras.[1]

Bustos de Alberte II nas moedas belgas
Serie en francos (1994-2001)
Serie en euros (1999-2013)

Ademais da súa obra escultórica, en 1994 Jan Alfons Keustermans gañou un concurso convocado polo Ministerio de Facenda de Bélxica para crear un retrato do rei Alberte II (1993-2013) para o anverso das moedas de curso legal no país emitidas entre 1994 e 2001.[2] Con ocasión do cambio da unidade monetaria, en 1997 encargóuselle un deseño similar para a serie de moedas en euros que comezarían a cuñarse dous anos despois.[1][3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Keustermans acadou nomerosos premios e recoñecementos, sobre todo polo seu labor como escultor, entre eles os seguintes:[1]

  • (1958) Premio Mistler.
  • (1959) Premio Jussiant.
  • (1960) Premio T. Van Lerius.
  • (1960) Premio da Solidariedade, do Club XII (Academia de Antuerpen).
  • (1961) Premio Janssens de Bareveke.
  • (1962) Premio Familia Oppenheimer, do Club XII (Academia de Antuerpen).
  • (1963) Premio Hendrickx, do Club XII (Academia de Antuerpen).
  • (1964) Premio Bugatti.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Figuur in lover: Jan Alfons Keustermans". Kunst in de Stad (www.kunstindestad.be) 7 de novembro de 1985.
  2. Colaert, M. (1994). "Les nouvelles monnaies à l’effigie de S. M. le Roi Albert II". Revue belge de Numismatique. Vol.140. Páxinas 99-103.
  3. Moedas deseñadas por Jan Alfons Keustermans. Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]