James Shaffer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1970 (53 anos) Rosedale, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Munky |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , produtor musical , músico , compositor |
Período de actividade | 1989 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Nu metal |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra |
Familia | |
Cónxuxe | Evis Xheneti (2012–) |
|
James Christian Shaffer, nado en Rosedale, no condado de Kern (California), o 6 de xuño de 1970, é un músico estadounidense, máis coñecido como "Munky", coñecido por ser cofundador e guitarrista da banda de nu metal Korn.
O seu alcume "Munky" é unha referencia aos seus pés, que se asemellan ás mans dun mono cando se estiran[1]. James cita a Steve Vai e a guitarristas de metal dos 80 como Eddie Van Halen e Randy Rhoads como as súas principais influencias.
Shaffer creou o proxecto paralelo Fear and the Nervous System no ano 2008, e tamén é fundador do selo Emotional Syphon Recordings, discográfica de grupos como Monster in the Machine e Droid.
Munky e Head foron situados no posto 26 na lista dos "100 mellores guitarrista de heavy metal de todos os tempos" da revista Guitar World[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Who Then Now?". Sony, Epic Records. March 18, 1997.
- ↑ "Guitar World’s “100 Greatest Metal Guitarists of All Time”". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2013.