James Rosenquist
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de novembro de 1933 Grand Forks |
| Morte | 31 de marzo de 2017 Nova York |
| Causa da morte | morte natural |
| Outros nomes | Rosenquist, James Albert |
| Educación | Universidade de Minnesota Minneapolis College of Art and Design Liga de Estudantes de Arte de Nova York Roosevelt High School (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Região Metropolitana de Minneapolis-Saint Paul (pt) Nova York Kansas City Aripeka (en) |
| Ocupación | pintor, gravador, artista visual, escultor, fotógrafo, deseñador, artista |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Arte abstracta e arte figurativa |
| Movemento | Arte pop e Expresionismo abstracto |
| Representante | Artists Rights Society |
| Participou en | |
| 27 de xuño de 1968 | Documenta 4 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | UbuWeb |
| Sitio web | jimrosenquist-artist.com |
James Albert Rosenquist, nado en Grand Forks o 29 de novembro de 1933 e finado en Nova York o 31 de marzo de 2017, foi un pintor estadounidense. Foi un dos pioneiros da arte pop.[1] Coñecida pola xustaposición de imaxes montadas en grandes paneis, unha das súas principais obras é Time Dust, de 1992, un gran mural, de 2 metros de alto e 10 de longo.
Traxectoria e obra
[editar | editar a fonte]James Rosenquist creceu como fillo único. Os seus pais, Louis e Ruth Rosenquist, de orixe sueca, trasladáronse de cidade en cidade en busca de traballo, e finalmente instaláronse en Minneapolis. A súa nai, ela mesma pintora, fomentou o interese artístico do fillo. Rosenquist gañou unha bolsa a curto prazo para estudar na Minneapolis School of Art. O pintor estudou máis tarde na Universidade de Minnesota de 1952 a 1954. En 1955, con 21 anos, grazas a unha bolsa, trasladouse a Nova York para estudar na Art Students League. En 1960 trasladouse a Coenties Slip, tamén en Nova York, onde compartiu estudo co artista minimalista Charles Hinman.
Rosenquist traballaría como artista publicitario. Influenciado polo seu oficio, nos grandes formatos, a súa percepción da realidade cambia e serve de inspiración para a creación de cadros monumentais, moi coloridos, auténticos “fragmentos da realidade”.
Moitos dos cadros de Rosenquist están inspirados na publicidade. Durante a retrospectiva organizada pola Fundación Guggenheim en 2004 expuxéronse os collages preparatorios do artista. Estes collages están tomados principalmente de anuncios de tabaco, coches ou bebidas.
O pintor, que loitaba contra unha enfermidade non revelada, faleceu o 31 de marzo de 2017, aos 83 anos.[1]
Coleccións públicas
[editar | editar a fonte]Rosenquist está representado nalgúns dos principais museos do mundo, incluíndo o Metropolitan Museum of Art de Nova York, o Museum of Modern Art de Nova York, o Museum of Contemporary Art dos Ánxeles, o Centre Georges Pompidou de París, a Tate Modern de Londres e o Moderna Museet de Estocolmo.
Notes
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Pioneiro da pop art, James Rosenquist morre aos 83 anos". 31 de março de 2017. Consultado o 1 de abril de 2017.