Saltar ao contido

Jambaló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJambaló
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°46′35″N 76°19′26″O / 2.7764, -76.3239
EstadoColombia
DepartamentoCauca Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación19.482 (2025) Editar o valor en Wikidata (76,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie254 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.507,4 m Editar o valor en Wikidata
Creación23 de agosto de 1770 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Sitio webjambalo-cauca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Jambaló é un concello e resgardo indíxena de Colombia que se atopa no departamento do Cauca. Segundo o censo de 2025, tiña unha poboación de 19.482 habitantes.[1] Atópase ao nordeste do departamento do Cauca, a 80 quilómetros da cidade de Popayán (a capital do departamento). Limita polo norte cos concellos de Caloto e Toribío, polo leste co concello de Páez, polo sur co concello de Silvia e polo oeste cos concellos de Caldono e Santander de Quilichao. A cabeceira municipal é o centro urbano máis poboado do territorio e tamén se chama "Jambaló"; atópase no extremo sur, sobre os límites co concello de Silvia; porén, na área rural é onde habita a maior parte da poboación (89,3%[2]).

Ao ser Jambaló tamén resgardo indíxena, o 97,7%[2] dos seus habitantes son das etnias nasa e misak, e cando menos unha terceira parte dos habitantes fala as linguas nasa yuwe e namtrik. Como resgardo indíxena foi estabelecido en 1702 cando o cacique Juan Tama de la Estrella estabeleceu os límites do territorio, logo de recibir o título de mans do vicerrei de Quito. O 12 de xullo de 1904, baixo a ordenanza número 38 da Gobernación do Cauca, foi erixido municipio.

División político administrativa

[editar | editar a fonte]

O territorio divídese en 35 vereas e 4 barrios (área urbana), as cales á súa vez se agrupan en tres zonas: alta, media e baixa.

Zona alta

[editar | editar a fonte]

Está conformada pola área urbana (que abrangue os barrios Santa Rosa, Las Dalias, El Centro e Olaya Herrera) e as vereas Bateas, Campo Alegre, Ipicueto, La Laguna, Loma Gorda, Loma Larga, Loma Pueblito, La Odisea, Monterredondo, Nueva Jerusalén, Paletón, Pitalito, San Antonio, Solapa e Zumbico.

Zona media

[editar | editar a fonte]

Está conformada polas vereas: Barondillo, Nueva Colonia, Chimicueto, El Epiro, El Maco, Ullucos - Picacho, El Tablón, Guayope, La Marquesa, Buenavista, La Mina e El Trapiche.

Zona baixa

[editar | editar a fonte]

Está conformada polas vereas: El Carrizal, La Esperanza, Loma Gruesa, La Palma, El Porvenir, Loma Redonda, Valles Hondos, Vitoyó e El Voladero.

  1. "Censo 2018 - Población ajustada por cobertura". Departamento Administrativo Nacional de Estadística (DANE). Consultado o 24 de decembro de 2023.
  2. 1 2 Oficina Asesora de Planeación Municipal - Alcaldía de Jambaló