Jakub Błaszczykowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jakub Błaszczykowski
Jakub Błaszczykowski3.jpg
Błaszczykowski con Polonia en 2011
Información persoal
Nome completoJakub Błaszczykowski
Nacemento14 de decembro de 1985 (32 anos)
LugarTruskolasy, Polonia
Altura1,75 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualVfL Wolfsburg
Número16
Carreira xuvenil
1993–2002Raków Częstochowa
2002Górnik Zabrze
2003KS Częstochowa
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2003–2004KS Częstochowa24(11)
2005–2007Wisła Kraków51(3)
2007–2016Borussia Dortmund197(27)
2015–2016Fiorentina (cedido)15(2)
2016Wolfsburg25(0)
Selección nacional
2004Polonia sub-1925(0)
2005–2006Polonia sub-2125(0)
2005Polonia B25(0)
2006–Polonia91(18)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 3 de outubro de 2013.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 15 de outubro de 2013.

Jakub Błaszczykowski, nado o 14 de decembro de 1985 en Truskolasy, é un futbolista polaco. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o VfL Wolfsburg. É o capitán da Selección de fútbol de Polonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira por varios equipos polacos, antes de fichar polo Wisła Kraków. Conseguiu rapidamente chegar ao primeiro equipo, e xogou o seu primeiro partido na Ekstraklasa o 20 de marzo de 2005 contra o Polonia Warsaw.

En febreiro de 2007, Błaszczykowski asinou un contrato de catro anos co Borussia Dortmund. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 25 de abril de 2008 contra o Eintracht Frankfurt, nun partido que remataría con empate a un gol. Gañou dúas ligas consecutivas co Borussia Dortmund, nas tempadas 2010-11 e 2011-12. Gañou ademais a Copa de Alemaña na tempada 2011-12, tras gañarlle 5-2 ao Bayern de Múnic.[1]

Selección[editar | editar a fonte]

Błaszczykowski debutou coa selección de Polonia nun amigable contra Arabia Saudí o 28 de marzo de 2006. Foi incluído no equipo polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008, pero mancouse e tivo que retirarse da concentración.

Foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Wisła Kraków
2004–05
Borussia Dortmund
2010–11, 2011–12
2011–12
  • Supercopa de Alemaña: 1
2008

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Król Lewandowski, Borussia z pucharem!" (en polaco). przegladsportowy.pl. 12 de maio de 2012. Consultado o 12 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]