Jakob Hurt
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de xullo de 1839 Himmaste |
| Morte | 13 de xaneiro de 1907 San Petersburgo |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Raadi |
| Relixión | Luteranismo |
| Educación | Universidade de Helsinqui Universidade Imperial de Dorpat |
| Actividade | |
| Ocupación | lingüista, clérigo, etnólogo, arquiveiro, teólogo, escritor, párroco |
| Membro de | |
| Familia | |
| Fillos | Max Hurt, Rudolf Hurt |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хурт Якоб) Album Academicum der Kaiserlichen Universität Dorpat |
Jakob Hurt, nado en Himmaste o 22 de xullo de 1839, e finado en San Petersburgo o 13 de xaneiro de 1907, foi un folclorista, teólogo e lingüista estoniano. Con respecto ao último, quizais sexa máis coñecido pola súa disertación sobre os substantivos derivados "puros" -ne ("Die estnischen Nomina auf -ne purum", 1886).
Tamén coñecido como o "rei do folclore estoniano", Hurt planeou a publicación na década de 1870 dunha serie de seis volumes chamada Monumenta Estoniae Antiquae. Hurt organizou uns 1400 coleccionistas voluntarios mediante unha campaña de prensa, que visitaron case todas as casas de Livonia recollendo preto de 124.000 páxinas de folclore. Debido a dificultades económicas, porén, só se publicaron dous volumes de cancións populares en 1875–76, titulados Vana kannel. Dous volumes máis foron publicados en 1938 e 1941. Hurt tamén publicou unha escolma de tres volumes chamada Setukeste laulud (As cancións dos setos') entre 1894 e 1907.
Hai monumentos na súa honra en Tartu e en Põlva. Tartu, Põlva, Otepää e Himmaste tamén teñen unha rúa que leva o seu nome. Tamén apareceu no billete de 10 krooni.
Jakob Hurt foi un alumno honorario da Sociedade de Estudantes de Estonia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Auvilistlased eys.ee
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jakob Hurt |
