Jaione Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaione Valle
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pública de Navarra
Universidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbióloga , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Pública de Navarra (2015–2018)
Consello Superior de Investigacións Científicas (2010–2015)
Instituto de Agrobiotecnología (en) Traducir (2007–2009)
Instituto Pasteur (2004–2007)
Universidade Pública de Navarra (2000–2004)
Universidade de Navarra (1998–1999) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4101475


Jaione Valle Turrillas, nada en Pamplona, 1977, é unha investigadora española especializada na área de biomedicina. Desenvolve a súa investigación sobre a identificación de proteínas chamadas BAP (biofilm associated proteins)[1] e a súa relación con enfermidades neurodexenerativas.[2] Traballa no Grupo de Investigación en Patoxénese Microbiana do Centro de Investigacións Biomédicas de Navarra, Navarrabiomed.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Bioloxía pola Universidade de Navarra en 1999 e doutorouse en 2004 pola Universidade Pública de Navarra coa tese "The role of the global regulators SarA and oB in Staphylococcus aureus biofilm formation".[4] Realizou unha estancia posdoutoral no Instituto Pasteur, Francia (2004-2007), e foi galardoada cunha bolsa Marie-Curie intraeuropea. Continuou a súa carreira como investigadora no Instituto de Agrobiotecnoloxía (IdAB), centro mixto da Universidade Pública de Navarra - Consello Superior de Investigacións Científicas e do Goberno de Navarra.[5]

Actualmente traballa nun centro de investigación biomédica de Navarrabiomed nun proxecto de estudo das proteínas con comportamento amiloide utilizadas polas bacterias do tracto intestinal para establecer comunidades microbianas que, en terminoloxía científica, se denominan biopelículas,[2] investigación pola que foi galardoada co premio Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia" en 2016.

E En palabras da investigadora, "o obxectivo do proxecto é identificar e caracterizar as proteínas amiloides presentes na microbiota intestinal",[6] para "estudar o seu potencial papel no mantemento da homeostase e do equilibrio no sistema gastrointestinal ou no desencadeamento de patoloxías neurodexenerativas como o alzhéimer ou o párkinson ".[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2021 - Elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[7]
  • 2016 - Concedido na XI edición dos premios L'Oréal-UNESCO "Mulleres en Ciencia"[8]
  • 2009 - Bolsa Ramón y Cajal no Grupo de Investigación de Biopelículas Microbianas do Instituto de Agrobiotecnoloxía .[9]
  • 2003 - 2004 - Cualificación de destacado cum laude e premio extraordinario de Doutoramento.[9]
  • 2004 - 2007 - Estancia posdoutoral no Instituto Pasteur, Francia (2004-2007) mediante unha bolsa Marie-Curie intraeuropea (EIF023407).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MAMÁ, QUIERO SER CIENTÍFICA - EL PAÍS con tu futuro". EL PAÍS con tu futuro (en castelán). 28 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Una investigadora de la UPNA en Navarrabiomed obtiene una de las cinco becas de un programa de la empresa L'Oréal y la UNESCO | NAVARRABIOMED: Plataforma científica al servicio de los profesionales sanitarios" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  3. "Grupo de Investigación en Patogénesis Microbiana | NAVARRABIOMED: Plataforma científica al servicio de los profesionales sanitarios" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  4. Turrillas, Jaione Valle (2004). "The role of the global regulators SarA ob in Staphylococcus aureus biofilm formation" (en castelán). Universidad Pública de Navarra. Consultado o 2021-12-16. 
  5. "Una investigadora de la UPNA en Navarrabiomed obtiene una de las cinco becas de un programa de la empresa L'ORÉAL y la UNESCO". Universidad Pública de Navarra (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "Una investigadora de la upna obtiene una de las cinco becas de un programa de la empresa L'Oréal y la UNESCO". La Vanguardia. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  7. Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15. 
  8. "Cinco científicas españolas, premiadas por el programa L'Oréal-Unesco" (en castelán). 29 de setembro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Ayudas para contratos Ramón y Cajal - Evaluación y selección de candidatos (área 8)" (PDF). 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2017.