Jaime Penedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaime Penedo
Jaime Penedo1 (cropped).jpg
Información persoal
Nome Jaime Manuel Penedo Cano
Nacemento 26 de setembro de 1981
Lugar de nacemento Cidade de Panamá
Altura 1,86 m.
Posición gardameta
Carreira xuvenil
1991–1999 Estudiantes de Panamá
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–2001 Estudiantes de Panamá 36 (0)
2002–2004 Plaza Amador 51 (0)
2005–2006 Árabe Unido 42 (0)
2006–2007 Osasuna B 12 (0)
2007–2013 CSD Municipal 171 (0)
2013–2015 Los Angeles Galaxy 61 (0)
2015–2016 Deportivo Saprissa 17 (0)
2016–2018 Dinamo Bucarest 66 (0)
Total 456 (0)
Selección nacional
2003–2018 Panamá 137 (0)
Na rede
FIFA: 213770 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jaime Manuel Penedo Cano, nado na Cidade de Panamá o 26 de setembro de 1981, é un exfutbolista panameño, que xogaba de porteiro. Militou en clubs de seis países, en América e Europa, e foi 137 veces internacional coa selección de Panamá, sendo o segundo futbolista que máis veces vestiu a súa camiseta. Gañou coa selección a Copa Centroamericana de 2009 e participou no Mundial de 2018 en Rusia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na Cidade de Panamá, sendo fillo de dous dos numerosos inmigrantes galegos que chegaron ao país procedentes de Boborás.[1][2] Formouse como gardameta de fútbol no Estudiantes de Panamá e en 1998 debutou co primeiro equipo, no que xogou ata o ano 2002. A continuación pasou polo Plaza Amador e o Árabe Unido, e gañou con este último tanto o Torneo Apertura como o Clausura do ano 2004.

En 2005 aterrou en Europa para xogar en principio no Cagliari italiano,[3] pero acabou rexeitando a oferta do club e viaxou a España,[4] onde despois dun tempo sen equipo fichou polo Osasuna B.[5] Disputou 12 partidos co filial navarro na Segunda División B, e en 2007 marchou a Guatemala, onde asinou co CSD Municipal. Militou durante cinco anos no equipo da Cidade de Guatemala, gañando catro veces o campionato de liga guatemalteco e participando noutras tantas edicións da Liga de Campións da CONCACAF.

En 2013 fichou polo Los Angeles Galaxy dos Estados Unidos.[6] Xogou no equipo californiano ata mediados de 2015, compartindo equipo entre outros con Landon Donovan ou Robbie Keane, e proclamouse campión da MLS na súa primeira tempada. Foi titular na final, na que o seu equipo derrotou na prórroga ao New England Revolution.[7]

En xaneiro de 2016 fichou polo Deportivo Saprissa de Costa Rica, onde xogou ata mediados de 2016.[8][9] En xuño dese ano, foi contratado polo Dinamo de Bucarest de Romanía,[10] co que xogou dous anos, gañando unha Copa da Liga. En febreiro de 2019 anunciou a súa retirada do fútbol profesional.[11]

Selección panameña[editar | editar a fonte]

Foi 137 veces internacional coa selección de Panamá, sendo o segundo futbolista con máis partidos na historia do combinado, só por detrás de Gabriel Gómez (con 149). Debutou co equipo panameño en xuño de 2013, substituíndo a Francisco Portillo nun partido contra Cuba.[12]

Participou nas Copas de Ouro da CONCACAF de 2005 e 2013, sendo elixido en ambas mellor porteiro do torneo. En 2009 proclamouse con Panamá campión da Copa Centroamericana, despois de derrotar a Costa Rica na final disputada no Estadio Nacional de Tegucigalpa. En 2018 foi un dos 23 futbolistas panameños que participaron n no Mundial de Rusia. Foi titular nos tres encontros da súa selección no Mundial, quedando eliminados na fase de grupos. Tralo remate do torneo anunciou a súa retirada da selección, con 36 anos.[13]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Árabe Unido
Municipal
LA Galaxy
Dinamo de Bucarest
Selección de Panamá

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Al principio no asimilé la lesión pero ahora estoy bien: Penedo del Osasuna" (en castelán). 26 de xullo de 2006. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  2. Olga, Suárez (3 de maio de 2021). "El fuerte lazo que une Boborás y Panamá" (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2022. 
  3. "Portero panameño Penedo ficha por el Cagliari" (en castelán). 26 de xullo de 2005. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  4. "Dely no entiende por qué portero Penedo desaprovechó el Cagliari" (en castelán). 9 de agosto 2005. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  5. "Osasuna incorporará al meta panameño Penedo al equipo filial" (en castelán). 26 de maio de 2006. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  6. "Portero panameño Penedo viaja a Los Ángeles a finiquitar acuerdo con Galaxy" (en castelán). 2 de agosto de 2013. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  7. "LA Galaxy 2, New England Revolution 1: MLS Cup Final Match Recap". mlssoccer.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  8. Álvarez, Cristian (2 de decembro de 2015). "Saprissa anuncia fichaje del arquero Jaime Penedo" (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2022. 
  9. "Penedo es presentado por el Saprissa; nuevo reto para el arquero panameño" (en castelán). 12 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  10. Vega Loo, Manuel (4 de xullo de 2016). "Jaime Penedo es contratado en el Dinamo de Bucarest" (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2022. 
  11. "Jaime Penedo anuncia su retiro del fútbol tras 20 años de carrera" (en castelán). 22 de febreiro del 2019. Consultado o 24 de maio de 2022. 
  12. "Panama vs. Cuba 2003-06-29". national-football-teams.com (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2022. 
  13. "Portero Penedo se retira de selección de Panamá". Reuters (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 24 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]