Jaime Lorente
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2019) |
![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Jaime Lorente | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de decembro de 1991 |
Lugar | Murcia |
Nacionalidade | España |
Profesión | actor e autor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jaime Lorente López (Murcia, 12 de decembro de 1991) é un actor español coñecido polos seus papeis de "Denver" na serie La casa de papel e "Nano" en Elite.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Jaime Lorente López é un actor graduado na Escola Superior de Arte Dramática de Murcia. Ademais de adicarse á interpretación, fai danza contemporánea. Participou en obras de teatro como Equus, pola que gañou o Premio a Mellor Actor na primeira edición dos Premios María Jesús Sirvent. Participou tamén en numerosas obras de teatro como O público.
Na televisión, a súa carreira interpretativa comezou da man de Antena 3, conseguindo por primeira vez un papel en El segreto de Puete Viejo, onde interpretaba a Elías Mato. En 2017 formou parte do elenco principal de La casa de papel onde dá vida a "Denver". Con este papel logrou a fama mundial, grazas á emisión da serie en diferentes países a través de Netflix, e interpretou tamén a "Nano" na segunda serie española orixinal desta plataforma: Elite, a cal se estreou en outubro de 2018. Ten pendente a produción da terceira parte de La casa de papel, que sairá en 2019.
Máis breve é a súa carreira no cine, realizando papeis en películas como Todos lo saben ou La sombra de la lei. En setembro de 2018 comezou a rodar a película de Jota Linares para Netflix ¿A quién te llevarías a una isla desierta?, na que dá vida a Marcos e comparte repartición por terceira vez con María Pedraza.