Jaime Casas Pla
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de xullo de 1945. |
| Presidente Real Academia de Farmacia de Cataluña | |
| 2018 – ← Josep Maria Ventura i Ferrero | |
| Vicepresidente Asociación Numismática Española | |
| | |
| Datos persoais | |
| Residencia | El Prat de Llobregat. |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Universidade de Barcelona. |
| Tese académica | Farmacia en Numismática. “Pharmacia in numis”. |
| Actividade | |
| Ocupación | farmacéutico, óptico, profesor universitario, escritor e numismático. |
| Empregador | Universidade de Barcelona. |
| Membro de | Real Academia de Farmacia de Cataluña. Real Academia de Medicina de Cataluña. Real Academia Europea de Doutores. Asociación Numismática Española. Asociación de Numismáticos e Filatelistas Sanitarios. |
Jaime Casas Pla, nado en Barcelona o 22 de xullo de 1945, é un farmacéutico, óptico, profesor universitario, escritor e numismático catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Jaime Casas Pla naceu o 22 de xullo de 1945 en Barcelona. Cursou estudos superiores de Farmacia na Universidade de Barcelona, e especializouse en Farmacia Galénica e Industrial. Na mesma universidade acadou o seu doutoramento cunha tese itulada Farmacia en Numismática. Ademais, é diplomado en Óptica Oftálmica, Xestión da Produción e Acústica Audiométrica.[1]
Carreira profesional e numismática
[editar | editar a fonte]A súa carreira profesional transcorreu vinculado ao mundo da farmacia e da óptica ortopédica, sinaladamente na contorna de El Prat de Llobregat, onde xestionou varios establecementos farmacéuticos.[1]
Así mesmo, impartiu clases de posgrao na Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona, e é académico numerario da Real Academia de Farmacia de Cataluña, da que é presidente desde 2018.[1]
Como grande afeccionado e estudoso da numismática, Casas forma parte de varias entidades asociativas e sociedades eruditas, nas que con frecuencia funde os seus dous focos de interese: a numismática e o mundo da saúde. Foi fundador e presidente da Asociación de Numismáticos e Filatelistas da Sanidade (ANFISAN), e vicepresidente primeiro da Asociación Numismática Española (ANE).[1][2]
Na súa condición de especialista en moedas e medallas de temática farmacéutico-sanitaria, foi colaborador habitual en diversos medios de comunicación sobre estes temas, e tamén é membro do consello editorial de publicacións periódicas do sector.[3] Igualmente, desde 1984 é autor de numerosos traballos numismáticos, históricos e profesionais, sinaladamente no campo da numismática sanitaria.[4][5] Tamén impartiu varias conferencias relacionadas cos seus temas de interese.[2][6]
Casas Pla é académico de número da Real Academia Europea de Doutores.[3] Entre os recoñecementos logrados ao longo da súa traxectoria está a medalla presidencial da Asociación Numismática Española.[2] Igualmente, foi galardoado con senllas medallas de ouro do Colexio de Farmacéuticos de Barcelona e da Asociación de Farnacias de Barcelona.[3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables publicados por Jaime Casas Pla.
- (2003). De la constitución a la sesión inaugural de la Sección de Barcelona de la Real Academia de Farmacia de Madrid : discurso leído en el acto de recepción del académico correspondiente ilustre Dr. Jaime Casas. Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, Barcelona.
- (2005). ANE: 50 aniversario 1955-2005 (con Josep Pellicer Bru).
- (2006). Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, 50 anys. Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, Barcelona.
- (2006). Cien farmacias con historia (con X. Sorní). Barcelona. ISBN 84-96537-48-X
- (2007). Farmàcies històriques de Catalunya. Angle, Barcelona. ISBN 978-8496970151
- (2010). La Formulació magistral a l'oficina de farmàcia: nostàlgia del passat o necessitat de sempre (con X. Sorní). Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, Barcelona.
- (2011). Notafília y ciencias de la Salud: personajes, simbología e instituciones. J. Casas, El Prat de Llobregat.[5]
- (2015). La Numismática modernas y las ciencias de la salud. J. Casas, El Prat de Llobregat.
- (2020). Medallas relacionadas con las Ciencias de la Salud (Colección Casas). J. Casas, Barcelona.
- (2022). La Flora en la numismática moderna (con C. Blanché). Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, Barcelona.
- (2022). XXVII siglos de Historia de La Salud a través de la Numismática. Real Academia Europea de Doctores, Barcelona. ISBN 978-84-09-38740-3
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "Casas Pla, Jaime". Ajuntament del Prat de Llobregat (en catalán). Consultado o 2026-01-15.
- 1 2 3 numismaticodigital.com. "“En el libro se recopilan unas 900 monedas básicas, sin contar variantes, de unos 150 países diferentes”". numismaticodigital.com (en castelán). Consultado o 2026-01-15.
- 1 2 3 "Excmo. Sr. Dr. Jaime Casas Pla". Real Academia Europea de Doctores (en castelán). Consultado o 2026-01-15.
- ↑ "Jaime Casas Pla". Dialnet (en castelán). Consultado o 2026-01-15.
- 1 2 numismaticodigital.com. "Jaime Casas Pla presentó su libro Notafilia y Ciencias de la Salud: Personajes, Simbología e Instituciones". numismaticodigital.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2022. Consultado o 2026-01-15.
- ↑ «Conferencia sobre “Las Artes y la Letras” en la notafilia. Los billetes españoles entran en el Ateneo de Madrid de la mano de Jaime Casas Plá». En Numismático Digital. 22 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Gallego, J. M. (2015). "Jaime Casas Pla, autor de “La Numismática Moderna y las Ciencias de la Salud”". En Numismático Digital. 7 de outubro.