O Jaguar E-Type, ou o Jaguar XK-E en América do Norte, é un deportivobritánico de motor central dianteiro que foi fabricado por Jaguar Cars Ltd entre 1961 e 1974. A súa combinación de deseño excepcional, tecnoloxías avanzadas e alto rendemento e os prezos competitivos estableceron o modelo como unha icona do mundo do motor.
O E-Type estaba baseado no coche de carreiras D-Type de Jaguar, que gañara as 24 Horas de Le Mans durante tres anos consecutivos a partir de 1955.[1]
En 2004, a revista Sports Car International colocou o E-Type no número un da súa lista dos mellores coches deportivos da década de 1960.[2] En marzo de 2008, o Jaguar E-Type ocupaba o primeiro lugar na lista en liña de The Daily Telegraph dos "100 coches máis fermosos" do mundo de todos os tempos.[3]