Saltar ao contido

Jacques Hadamard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacques Hadamard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1865 Editar o valor en Wikidata
Versalles, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de outubro de 1963 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 7 48°51′35″N 2°23′28″L / 48.859628, 2.391053 Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure
Liceo Louis-le-Grand
Lycée Charlemagne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaQ61667913 Traducir Editar o valor en Wikidata (1892 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseCharles Émile Picard (pt) Traducir e Jules Tannery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcuación en derivadas parciais, teoría de números, matemáticas, mecánica, analytical mechanics (en) Traducir, função analítica (pt) Traducir e Análise funcional Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, investigador, catedrático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1909–1937)
Universidade de Bordeaux (pt) Traducir (1893–1897)
Escola Politécnica
Universidade Columbia
Lycée Buffon (en) Traducir
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresCharles Émile Picard (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMaurice René Fréchet, André Weil e Anton Davidoglu Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoAndré Weil, Maurice René Fréchet, Paul Lévy, Szolem Mandelbrojt, Marc Krasner, Xinmou Wu (en) Traducir, Anton Davidoglu, Lucien Hibbert (en) Traducir, Șerban Gheorghiu (en) Traducir, Pierre Massé (pt) Traducir e Theodoros Varopoulos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAmédée Hadamard Editar o valor en Wikidata
ParentesLaurent Schwartz, sobriño neto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Адамар Жак)
Obálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1201384

Jacques Salomon Hadamard, nado en Versalles o 8 de decembro de 1865 e finado en París o 17 de outubro de 1963 foi un matemático francés que traballou nas universidades de Bordeos e na Sorbona de París. Tratou diversos temas de física matemática. Tamén colaborou no establecemento das bases da análise infinitesimal e desenvolveu o teorema sobre o valor absoluto dun determinante.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sucedeu en 1912 a Henri Poincaré na Academia de Ciencias de Francia. O seu logro máis coñecido foi a demostración que levou a cabo en 1896 (obtida de modo independente ese mesmo ano polo matemático belga Charles-Jean de la Vallée Poussin) do teorema dos números primos. Estableceu así mesmo a noción de problema ben exposto no terreo das ecuacións diferenciais. É tamén un dos matemáticos que máis contribuíron no desenvolvemento da análise infinitesimal e desenvolveu o teorema sobre o valor absoluto dun determinante.

Deu o seu nome ás matrices de Hadamard, ao teorema de Cauchy-Hadamard e utilízase en criptografía a pseudo-transformación de Hadamard.

No seu libro Psychology of Invention in the Mathematical Field, Hadamard emprega a introspección para describir o proceso mental matemático. Describe o seu propio pensamento matemático como sen palabras, acompañado a miúdo de imaxes mentais que condensan a idea global dunha proba, en franca oposición a autores que identifican a linguaxe e a cognición. Realizou unha enquisa entre cen dos físicos máis relevantes do momento (arredor de 1900), preguntándolles como realizaban o seu traballo. Moitas das respostas foron idénticas á súa; algúns informaron de que vían os conceptos matemáticos como cores. Einstein comentou sensacións nos seus antebrazos. Alan Kay, no seu "Alan Kay: Doing with Images Makes Symbols Pt 1 (1981)", traduciu isto a estadios de aprendizaxe de Piaget.[3]

Tralo caso Dreyfus, que o implicou persoalmente porque a súa prima segunda Lucie era a esposa de Dreyfus, Hadamard volveuse politicamente activo e un acérrimo defensor dos dereitos dos xudeus.[4] aínda que el mesmo se consideraba ateo.[5][6]

Entre os seus estudantes incluíronse Mauric Fréchet, Paul Lévy, Szolem Mandelbrojt e André Weil.

  • An Essay on the Psychology of Invention in the Mathematical Field. Princeton Univ. Press, 1945; nova edición co título The Mathematician’s Mind: The Psychology of Invention in the Mathematical Field. 1996; ISBN 0-691-02931-8
  • Œuvres de Jacques Hadamard. Vols. I, II, III, IV. Ed. du Centre National de la Recherche Scientifique, París, 1968.
  • Le problème de Cauchy et les équations aux dérivées partielles linéaires hyperboliques, Hermann 1932
  • La série de Taylor et son prolongement analytique, 2ª ed. Gauthier-Villars 1926
  • La théorie des équations aux dérivées partielles, Peking, Editions Scientifiques, 1964
  • Leçons sur le calcul des variations, vol. 1, París, Hermann 1910
  • Leçons sur la propagation des ondes et les équations de l’hydrodynamique, París, Hermann 1903
  • Non-Euclidean geometry in the theory of automorphic functions, Am. Mathematical Soc. 1999
  • Four lectures on Mathematics, delivered at Columbia University 1911, Columbia Univ. Press 1915 (1. The definition of solutions of linear partial differential equations by boundary conditions, 2. Contemporary researches in differential equations, integral equations and integro-differential equations, 3. Analysis Situs in connection with correspondendes and differential equations, 4. Elementary solutions of partial differential equations and Greens functions)
  • Leçons de géométrie élémentaire, 2 vols. París, Colin, 1898 e 1906
  • Cours d’analyse professé à l’École polytechnique, 2 vols. París, Hermann 1925/27, 1930
  • Essai sur l'étude des fonctions données par leur développement de Taylor. Étude sur les propriétés des fonctions entières et en particulier d'une fonction considérée par Riemann, 1893.
  • Sur la distribution des zéros de la fonction et ses conséquences arithmétiques, Bull. de la Société Mathématique de France 24, 1896: 199-220 (proba do teorema do número primo).
  1. Biografía
  2. Mandelbrojt, Szolem; Schwartz, Laurent (1965). "Jacques Hadamard (1865–1963)". Bull. Amer. Math. Soc. 71 (1): 107–129. MR 0179049. doi:10.1090/s0002-9904-1965-11243-5. 
  3. Alan Kay
  4. Hadamard, Jacques (1954). An essay on the psychology of invention in the mathematical field / by Jacques Hadamard. Nova York: Dover Publications. ISBN 0-486-20107-4. 
  5. "Hadamard on Hermite". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  6. Shaposhnikova, T. O. (1999). Jacques Hadamard: A Universal Mathematician. American Mathematical Soc. pp. 33–34. ISBN 978-0-8218-1923-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]