Jacques Feyder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacques Feyder
Portrait of Jacques Feyder.png
Nome completoJacques Léon Louis Frédérix
Nacemento21 de xullo de 1885
LugarIxelles, Bélxica
Falecemento24 de maio de 1948 (62 anos)
LugarPrangins, Suíza
NacionalidadeBélxica Bélxica
Flag of France.svg Francia
Cónxuxe(s)Françoise Rosay (1917–1948)
FillosPaul Feyder e Bernard Farrel
ProfesiónDirector
Na rede
IMDB: nm0275494 Allocine: 6174 Allmovie: p89695 IBDB: 82000
Find a Grave: 7742240 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jacques Léon Louis Frédérix, nado en Ixelles (Bélxica) o 21 de xullo de 1885 e finado en Prangins (Suíza) o 24 de maio de 1948 foi un actor, guionista e director belga coñecido como Jacques Feyder, que traballou especialmente no cinema francés. Nacionalizouse francés en 1928.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Feyder estudou na École régimentaire de Nivelles e estaba destinado a unha carreira militar. Porén, aos vinte e cinco anos marchou a París, onde comezou a interesarse na interpretación, primeiro no teatro e logo no cinema, adoptando o nome artístico de Jacques Feyder.

Uniuse á Gaumont Film Company e en 1914 converteuse en axudante de director de Gaston Ravel, comezando a dirixir filmes en 1916. Non obstante, a súa carreira foi interrompida por ter que servir o exército belga entre 1917 e 1919. Trala guerra volveu a dirixir e construíuse unha reputación como un dos directores máis innovadores do cinema francés.

L'Atlantide (1921) e Crainquebille (1922) foron os primeiros dos seus filmes en conseguir o interese do público e da crítica. Pronto recibiu unha oferta como director artístico nunha nova compañía, Vita Films, en Viena, xunto cun contrato para tres filmes. Realizou L'Image (Das Bildnis) (1923), mais a compañía fracasou e volveu a París.[1] Ademais de dirixir escribiu guións para autores coma Julien Duvivier e Jean Grémillon. O seu último filme mudo en Francia, Les Nouveaux Messieurs, foi prohibido nese país por "insultar a dignidade do parlamento e os seus ministros."[2]

Nese momento Feyder aceptara unha oferta da MGM para traballar en Hollywood, onde o seu primeiro proxecto foi dirixir a Greta Garbo en The Kiss, que supuxo o seu último filme mudo. Algúns dos seus filmes en Hollywood foron versións noutras linguas de filmes estadounidenses, como Anna Christie, de novo con Garbo.

Desilusionado co sistema de Hollywood volveu a Francia en 1933. Nos seguintes anos dirixiu algúns dos seus filmes de máis éxito, todos co guionista Charles Spaak e protagonizados por Françoise Rosay: Le Grand Jeu (1934) e Pension Mimosas (1935) dentro do realismo poético e La Kermesse héroïque (1935), filme de época con resonancias políticas contemporáneas co que gañou varios premios internacionais.

Feyder dirixiu filmes en Inglaterra e Alemaña antes do inicio da Segunda Guerra Mundial, mais con pouco éxito. Trala ocupación nazi de 1940, que levou a prohibir La Kermesse héroïque, abandonou Francia pola seguridade de Suíza, onde dirixiu o seu último filme, Une femme disparaît (1942).[3]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford Companion to Film, ed. por Liz-Anne Bawden (Oxford: Oxford University Press, 1976) p.247.
  2. International Dictionary of Film and Filmmakers: vol.2: Directors, ed. por Tom Prendergast and Sarah Prendergast; 4th ed. (Chicago, Londres: St James Press, 2000) pp.325-328.
  3. Ephraim Katz, The International Film Encyclopedia, (Londres: Macmillan, 1980) p.414.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bachy, Victor (1968). Jacques Feyder: artisan du cinéma, 1885-1948 (en francés). Louvain: Librairie universitaire. 
  • Feyder, Jacques e Rosay, Françoise, Le cinéma, notre métier, (Xenebra: A. Skira, 1944). (en francés)
  • Ford, Charles, Jacques Feyder, (París: Seghers, 1973). (en francés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]