Jacquelyn Campbell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1946 (78 anos) |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Duke Universidade de Rochester (pt) Wright State University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Enfermaría |
Ocupación | enfermeira , investigadora |
Empregador | Universidade Johns Hopkins |
Premios
|
Jacquelyn C. Campbell, nada o 26 de agosto de 1946, é unha enfermeira académica estadounidense coñecida pola súa investigación sobre violencia doméstica e violencia contra as mulleres, especialmente nos casos nos que a violencia acaba en homicidio, nos feminicidios. É profesora e presidenta da cátedra Anna D. Wolf na Escola de Enfermaría Johns Hopkins. É tamén a directora do programa nacional para o programa Nurse Faculty Scholars da Fundación Robert Wood Johnson.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1985, Campbell desenvolveu o Danger Assessment (avalación do perigo), un cuestionario que está entre as primeiras ferramentas deseñadas para avaliar o risco dunha muller de ser asasinada por un compañeiro abusivo.[2] Está tamén deseñado para darlles ás mulleres máis protagonismo na planificación da súa propia seguranza e para darlles unha axuda máis personalizada. Tamén desenvolveu o "Lethality Assessment Program" (Programa de Valoración da Letalidade), que pretende ser unha ferramenta para a policía cando chega a incidentes de violencia doméstica. O programa foi adoptado por múltiples departamentos de policía en Maryland.[3]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]Campbell foi escollida membro do Instituto de Medicina en 2000, e é membro da súa Xunta Directiva de Saúde Global. É tamén membro da Academia Americana de Enfermaría. Foi nomeada Investigadora Distinguida Pathfinder polo Instituto Nacional de Investigación en Enfermaría, e foi recoñecida nos Premios de Ciencias da Enfermaría da Escola de Enfermaría da Universidade de Duke, así como o Premio Vollmer da Sociedad Americana de Criminoloxía. Tamén foi unha das 17 primeiras bolseiras Gilman nomeadas por Johns Hopkins. En 2018 foi investida doutora honoris causa pola Universidade de Vigo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jacquelyn C. Campbell, PhD, RN, FAAN" (en inglés). Danger Assessment. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ "RISK AND LETHALITY ASSESSMENT IN THE FIELD OF INTIMATE PARTNER VIOLENCE" (PDF) (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ Dahl, Julia. "A new model aims to catch domestic violence that is likely to turn fatal" (en inglés). CBS News. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ Tedín, Rosa (20 de xuño de 2018). "A máis alta distinción da Universidade para Jacquelyn C. Campbell, para o feminismo". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 27 de setembro de 2018.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Foi entrevistada por Celia P. Porto para a revista Luzes.[1]
- ↑ "Jacquelyn C. Campbell: Ciencia, paixón e compasión". Luzes. Consultado o 27 de setembro de 2018.