Jacqueline Susann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jacqueline Susann
Jacqueline Susann1.jpg
Nacemento20 de agosto de 1918
LugarFiladelfia
Falecemento21 de setembro de 1974
LugarNova York
CausaCancro de mama
NacionalidadeEstados Unidos de América
Cónxuxe(s)Irving Mansfield
Profesiónactriz, escritora, novelista, actriz de teatro, actriz de televisión e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

Jacqueline Susann, nada en Filadelfia o 20 de agosto de 1918 e finada en Nova York o 21 de setembro de 1974, foi unha escritora e actriz estadounidense, coñecida principalmente pola súa novela Valley of the Dolls, un libro que rompeu récords de vendas[1] e que deu orixe a un filme en 1967 co mesmo título, así como a unha serie televisiva.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Jacqueline Susann era filla de Robert Susann, un pintor retratista, e de Rose, unha mestra de primaria.[2] na escola Susann non destacou nos seus estudos, aínda que si o fixo pola súa intelixencia, o que motivou que a súa nai predicira que algún día sería unha boa escritora. Non obstante, a primeira aspiración de Susann era ser actriz.[3]

A relación co seu pai sempre foi moito máis próxima que coa súa nai, e isto plasmouno na relación que os seus protagonistas femininas tiñan cos seus propios pais (especialmente en Valley of the Dolls con Anne Welles, e Once Is Not Enough con January Wayne). Robert Susann consentiu sempre a súa filla e alimentou nela o desexo por converterse nunha grande actriz, mais tamén era un afeccionado ás mulleres, e ao longo do seu matrimonio, foi infiel á súa esposa en incontables ocasións, situación que Jacqueline sabía e mesmo non desaprobaba. Rose cría manter intacta a súa dignidade de esposa pechando os ollos ante a situación e tratando de fomentar hábitos de responsabilidade e estudo na súa filla Jacqueline, situación que a Jacqueline non lle gustaba cando era nena, e facía que se levase mellor co seu pai, que nunca lle falaba de responsabilidades.

Anos despois, trala morte do seu pai, a relación de Jacqueline coa seu nai mellorou moito, ata o punto de que comprendeu o moito que sufrira a súa nai ante as infidelidades do seu marido.

Na época en que Susann entraba no instituto tivo escarceos coas drogas e gañara a reputación de ser unha asidua ás festas. Tras graduarse na West Philadelphia High School en 1936, e contra o desexo dos seus pais, Susann marchou a Nova York para intentar facer unha carreira como actriz.[3]

Carreira interpretativa e vida persoal[editar | editar a fonte]

Trala súa chegada a Nova York, Susann fixo pequenos papeis en filmes, obras teatrais (entre elas The Women), e anuncios. Un ano máis tarde conseguiu un traballo teatral de certa importancia, interpretando unha modelo, e gañando 25 dólares á semana. Mentres estaba en Nova York coñeceu un axente, Irving Mansfield, co cal mantivo unha relación, a pesar do feito de non sentirse atraída sexualmente por el. A cambio, Mansfield apoiou a Susann publicando fotos súas nas seccións de teatro e sociedade da prensa neoiorquina. A estratexia funcionou, e a parella casou o 2 de abril de 1939 en Filadelfia.[4]

Trala voda, Mansfield continuou a dirixir a carreira de Susann, logrando que participase con regularidade en The Morey Amsterdam Show. Despois obtivo un papel no espectáculo de Broadway A Lady Says Yes, protagonizado por Carole Landis e Jack Albertson. O ano seguinte escribiu a súa primeira obra, Lovely Me, que se representou en Broadway cun total de 37 funcións.[3]

A pesar da dedicación de Mansfield a Susann, durante todo o seu matrimonio houbo rumores de que ela lle era infiel. Unha das primeras relacións de Susann foi co actor, cómico e cantante Eddie Cantor. Cantor contratou a Susann para participar na xira de Banjo Eyes. Cantor deixou a Susann cando a súa esposa descubriu a relación. En 1942 Susann coñeceu o cómico Joe E. Lewis, co que iniciou outra relación. Esta aventura fixo que Susann lle comunicase a Mansfield, o cal fora chamado a filas, que a súa relación rematara. Cando Lewis soubo que Susann e Mansfield se separaban e que Susann quería casar con el, entrou a formar parte da United Service Organizations, sendo enviado a Nova Guinea.[4]

A finais de 1944 Mansfield e Susann reconciliáronse, e en 1946 tiveron un fillo chamado Guy, ao cal lle foi diagnosticado autismo aos tres anos de idade.

Literatura e carreira televisiva[editar | editar a fonte]

En 1951 Susann presentou un talk show para o canal DuMont Television Network chamado Jacqueline Susann's Open Door, mais o programa durou menos de dous meses.

Susann sempre sentiu unha forte inquietude pola escritura, de xeito que, dende nena e ata a súa morte levou un diario, que lle serviu para adquirir a escritura como un hábito e, finalmente, para empregar algunhas das súas vivencias e ideas, e plasmalas nas súas novelas.[5] Con todo, Jacqueline Susann nunca se tomara moi en serio como escritora, pois so lle interesaba triunfar como actriz. Aínda que ao ver que pasaban os anos e non se convertía nunha actriz importante, comezou a considerar a escritura como o seu camiño a esa fama, que tanto a obsesionaba.

A principios dos anos sesenta Susann intentou escribir unha obra de xornalismo de investigación sobre o mundo do espectáculo e as drogas ilegais que ía titular The Pink Dolls. Porén, cambiou de opinión e escribiu o seu primeiro libro, Every Night, Josephine!, o cal era un libro lixeiro, baseado nas súas experiencias co seu can caniche, Josephine. Esta obra considerouse unha obra fóra do habitual para a época, polo seu tema, mais tivo o suficiente éxito para que puidese publicar o seu segundo libro, a novela Valley of the Dolls.[4]

Sobre esa época, foille diagnosticado un cancro de mama. Foi sometida a unha mastectomía o 27 de decembro de 1962, mais mantivo a súa doenza en segredo. A pesar de todo comezou a escribir a súa novela Valley of the Dolls.[4]

Esta novela foi a máis vendida nos Estados Unidos durante moitas semanas. A este éxito seguírono outros dous coas novelas The Love Machine, publicada en 1969, e Once Is Not Enough, publicada en 1973, un ano antes de seu falecemento.

Valley of the Dolls[editar | editar a fonte]

Valley of the Dolls[6] conta a historia de tres amigas (Anne Welles, Neely e Jennifer) moi diferentes entre si ao longo de vinte anos, de 1945 a 1965, que só teñen en común as súas ansias de triunfo na vida e a súa extraordinaria beleza. Esta novela foi inicialmente rexeitada por numerosas editoriais. Non obstante, Susann persistiou e, cando se publicou o 10 de febreiro de 1966, tivo un éxito inmediato de vendas, aínda que moitos críticos literarios a destrozaron. O tema e o uso da linguaxe considerábanse inapropiados para boa parte do público da época, e mesturaba un estilo narrativo similar ao dun serial televisivo con personajes audaces e non tradicionais. A historia era unha novela en clave, con personaxes supostamente baseados en celebridades da vida real como Judy Garland e Ethel Merman.[4]

Valley of the Dolls[7] rompeu récords de vendas (uns 30 millóns de exemplares).[8] A pesar da fama da obra, moitos autores do momento, entre eles Gore Vidal, negaban o talento de Susann como escritora.[4] Parte do éxito da novela debíase ao incansable esforzo de Susann e Mansfield en promocionala. A parella viaixou por todo o mundo promocionándoa, especialmente por países de lingua inglesa.[3]

En 1967 o libro adaptouse nun filme do mesmo nome, protagonizada por Patty Duke, Barbara Parkins e Sharon Tate. Susann fixo un cameo no filme como reporteira na escena do suicidio de Jennifer North. Porén, o filme tivo malas críticas, e a mesma Susann estaba descontenta con ela, en especial polo cambio que se fixo no filme do final orixinal do libro.[4]

Fama[editar | editar a fonte]

Tanto Susann como Mansfield gozaron da fama provocada polos seus libros. Susann publicou outras varias novelas, todas cun estilo semellante ao de Valley of the Dolls. Ademais, participou con frecuencia na televisión, principalmente como invitada de talk shows.[4]

Porén, non todos eran admiradores. O 24 de xullo de 1969, o autor Truman Capote, tamén habitual dos talk shows e figura controvertida, interveu en The Tonight Show Starring Johnny Carson, afirmando que Susann parecía "un camioneiro travestido." Susann ameazou con demandar a Capote, e Capote pediou perdón aos camioneiros.[9] O incidente non pasou a máis.

Últimos anos e falecemento[editar | editar a fonte]

O 18 de xaneiro de 1973 a Susann diagnosticáronlle unha metástase pulmonar do seu cancro de mama, aínda que houbo dúbidas sobre se se trataba dun cancro de pulmón independente do primeiro. A Susann déronlle soamente uns poucos meses de vida, pero puido aínda facer unha xira promocionando Once Is Not Enough. Como outros dos seus libros, foi un éxito, neste caso a segunda novela máis vendida en 1973 nos Estados Unidos.

Cando ingresou por última vez, permaneceu en coma sete semanas antes de falecer. Tiña 56 anos.[4] Os seus restos fueron incinerados.

Traballos póstumos[editar | editar a fonte]

A finais dos anos setenta publicouse a novela romántica de ciencia ficción Yargo, que fora escrita a finais dos cincuenta. Parece ser que Susann se inspirou en Yul Brynner ao idear a personaxe principal, Yargo.

A última novela de Susann, Dolores, é unha velada alusión á vida de Jacqueline Kennedy, e publicouse en 1976.[10] Debido á enfermidade de Susann, Dolores foi completada polo seu amigo e tamén escritor Rex Reed.

Antes de falecer, Susann planeou unha secuela de Valley of the Dolls. En 2001 o escritor Rae Lawrence escribiu a novela Shadow of the Dolls, baseada nas notas que Susann deixara para facer unha posible secuela.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Best Seller. Encyclopedia Britannica. 23 de febreiro de 2011. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Jacqueline Susann
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 "Jacqueline Susann". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007. 
  5. Jacqueline Susann
  6. Valley of the Dolls
  7. Roger Ebert
  8. "Internet Public Library: FARQs". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2010. 
  9. "People: 19 de setembro de 1969". time.com. 19 de setembro de 1969. Consultado o 21 de outubro de 2009. 
  10. Clifford, Garry (9 de agosto de 1976). "Mr. Jacqueline Susann Honors His Late Wife by Hawking Her Final Book". People 6 (6). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]