Jacobus Sinapius
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1575 (Gregoriano) Český Krumlov, República Checa (pt) |
Morte | 25 de setembro de 1622 (46/47 anos) Praga () |
Causa da morte | morte accidental, caída de cabalo |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina, farmacia, química e relixión |
Ocupación | químico, médico, farmacéutico |
Descrito pola fonte | Vlastenský slovník historický (pt) Obálky knih, Medvik >>>:Horčický z Tepence, Jakub, 1575-1622, |
Jacobus Horcicky de Tepenecz, nado en 1575 e finado en 1622 foi un alquimista checo coñecido co nome latino de Sinapius.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De humilde orixe, chegou a ser responsable da farmacia real de Praga e favorito do emperador Rodolfo II por mor de curarlle dunha enfermidade (1608) e recibir o título nobiliario "De Tepenecz".
Tras a presunta compra do Manuscrito Voynich polo emperador a un descoñecido tentou a súa tradución, pero non hai noticias de que conseguise ningún éxito. Á morte do emperador en 1612 pasou a ser o propietario do manuscrito, quizais recibido do coleccionista de libros Pontanus (falecido en 1614), e conservouno ateá a súa morte. Nese momento pasou a mans descoñecidas (probablemente a Georgius Barschius): a súa firma aparece escrita, con tinta desvanecida polo tempo, na primeira folla do manuscrito e hoxe só é visible con luz ultravioleta. Este feito parece ser unha proba de que o Manuscrito Voynich realmente existía naquela época (1608) e non é unha falsificación moderna como se propuxo recentemente.
Sinapius chegou a acumular unha fortuna vendendo un elixir que o curaba todo bautizado como "Aqua-Sinapius", quizais o mesmo co cal curou o emperador e serviu para gañarse a súa enteira confianza.
En 1609 publicou un panfleto procatólico que sufriu diversas reimpresións. Segundo unha fonte de 1777, Jacobus escribiu moitos manuscritos relacionados coa química e a botánica.
Morreu en 1622 debido a unha caída dun cabalo que sufriu o ano anterior. Dous días antes da súa morte, foi trasladado ao Clementinum onde foi coidado por xesuítas e aos que deixou a cantidade de 50 000 moedas de ouro e o seu estado de Mělník. Permanece enterrado na igrexa de Savior no Clementinum.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Voynich Manuscript: An Elegant Enigma. D' Imperio (1978). Aegean Park Press (1980).
- The Queen's Conjuror. Benjamin Wollet (2001), Flamingo, Londres.