Jacob Obrecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato anónimo de Jacob Obrecht, atribuído a Hans Memling

Jacob Obrecht, nado na cidade flamenga de Gante, nos Países Baixos Borgoñóns, en 1457 ou 1458, e finado en Ferrara, Italia, en xullo de 1505, foi un compositor do Renacemento encadrado na escola francoflamenga.[1]

Obrecht foi durante a súa vida o compositor de misas máis afamado da Europa de finais do século XV, superado só, tras o seu falecemento, por Josquin des Prés, e compuxo ademais numerosos motetes e cancións.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado entre os anos 1457 e 1458, foi o único fillo de Willem Obrecht, un trompetista da cidade de Gante, e de Lijsbette Gheeraerts, que morreu en 1460, á idade de 20 anos. O seu suposto retrato, pintado en 1496 e atribuído a Hans Memling ou a un pintor próximo a el, dá a súa idade (38 anos), o que confirma, aproximadamente, a súa data de nacemento.[3]

Coñecemos poucos datos acerca da súa formación, alén de que aprende a tocar a trompeta, probablemente, co seu pai. Aprende tamén (seguramente no coro dunha igrexa) a arte de contrapunto e da improvisación sobre un cantus firmus. É moi probablemente que Obrecht coñecese a Antoine Busnois, que traballaba na corte de Borgoña. En calquera caso, coñece con seguridade a súa música, xa que a súa primeira misa presenta coincidencias estilísticas moi significativas coas de Busnois.[4]

Entre 1472, aproximadamente, e 1479 realizou os seus estudos de Teoloxía, sen que hoxe se coñeza onde.

Entre 1479 e 1484, aproximadamente, Obrecht traballa para a igrexa de Santa Xertrude en Berg op Zoom. Pouco tempo antes de ser contratado, foi ordenado sacerdote e dixo que a súa primeira misa.[5]

O 28 de xullo de 1484 o cabido da catedral de Cambrai nomeouno mestre de capela. Ensínalles, xa que logo, aos nenos o canto litúrxico, a técnica do canto polifónico e, máis xeralmente, as diferentes disciplinas musicais. Pero Obrecht comeza a ser acusado de neglixencia no seu traballo e vese forzado a presentar a súa dimisión. O 21 de outubro de 1485 foi destituído polo cabido.[6]

A partir de aí, parece que Obrecht puido ter unha serie de traballos de pouca duración e pasar por dificultades financeiras, sen que iso fose óbice para gozar dunha boa reputación no contexto musical da súa época. Valla como exemplo que Johannes Tinctoris, estando en Nápoles, o distinguiu nunha curta listaxe de grandes compositores do momento.[7][8]

Aínda que a maioría das encargas feitas a Obrecht proviñan de Flandres, fixo, polo menos, dúas viaxes a Italia, unha vez en 1487 e unha segunda en 1505 por invitación do duque de Ferrara, Hércules I d'Este, que apreciaba moito a súa música, moi coñecida na época por toda Italia. Mais a morte do duque ese mesmo ano fai que Obrecht se atope novamente sen emprego. Non se coñece en que concicións queda na cidade ata a súa morte, ocasionada pola epidemia de peste do verán de 1505.[9][10]

Obra[editar | editar a fonte]

Fragmento da partitura da canción titulada Tandernaken, de Jacob Obrecht

Obrecht escribiu sobre todo música relixiosa (misas e motetes), aínda que tamén se lle coñecen algunhas composicións profanas[11][12]. Discípulo de Johannes Ockeghem, Jacob Obrecht foi, xunto con Josquin des Prés, un dos principais representantes da polifonía francoflamenga na fin da Idade Media e no inicio do Renacemento. Nas súas misas e nos seus motetes utilizou sempre a técnica do cantus firmus, pola que escribía, sobre unha melodía adoito preexistente, as restantes voces das composicións polifónicas.[13]

Adheriuse á innovación do estilo holandés. Adiantouse ao seu tempo, especialmente nos eidos da harmonía e da variación nos métodos de tratar unha melodía preexistente, e estes méritos fóronlle recoñecidos polos seus coetáneos.[14] [15]

Na seguinte listaxe recóllense as súas obras conservadas ata hoxe:

Misas[editar | editar a fonte]

  • Missa Adieu mes amours.
  • Missa Ave regina celorum.
  • Missa Beata víscera.
  • Missa Caput.
  • Missa Cela sans plus.
  • Missa De Sancto Donatiano.
  • Missa De Sancto Martino.
  • Missa De tous biens playne.
  • Missa Fors seulement.
  • Missa Fortuna desperata.
  • Missa Grecorum.
  • Missa Je ne demande.
  • Missa L'homme armé.
  • Missa Libenter gloriabor.
  • Missa Malheur me bat.
  • Missa Maria zart.
  • Missa O lumen ecclesie.
  • Missa Petrus Apostolus.
  • Missa Pfauenschwanz.
  • Missa Pluriorum carminum (I).
  • Missa Pluriorum carminum (II).
  • Missa Rosa playsante.
  • Missa Salve diva parens.
  • Missa Scaramella (fragmento).
  • Missa Sicut spina rosam.
  • Missa Si dedero.
  • Missa Sub tuum en praesidium.
  • Missa Veci la danse barbari.

Misas que se lle atribúen[editar | editar a fonte]

  • Missa Gracuuly et biaulx.
  • Missa De Sancto Johanne Baptista.
  • Missa Je ne seray plus.
  • Missa N'aray-je jamais.
  • Missa Sine nomine.
  • Missa Beata progenies.

Motetes relixiosos[editar | editar a fonte]

  • Alma Redemptoris mater.
  • Ave Maris stella.
  • Ave Regina coelorum.
  • Beate es, Maria.
  • Benedicamus in laude Jhesu.
  • Cuius sacrata víscera (I).
  • Cuius sarata víscera (II).
  • Factor orbis / Veni, Domine.
  • Haec deum caeli.
  • Inter praeclarissimas virtutes.
  • Laudemus nunc dominum.
  • Laudes Christo redemptori.
  • Mater Patris, nati nata.
  • Mile quigentis / Requiem.
  • O Beate basili / O beate pater.
  • Omnis spiritus laudet.
  • O preciosissime sanguis.
  • Parce domine.
  • Quis numerare queat.
  • Regina celi.
  • Salve crux, arbor vite / O cerne lignum;
  • Salve Regina (I).
  • Salve Regina (II).
  • Salve Regina (III).
  • Salve sancta facies / Homo quidam.
  • Se bona suscepimus.
  • Se sumpsero.

Motetes de atribución cuestionable[editar | editar a fonte]

  • Discubuit Jesus.
  • Judea et Jerusalem.
  • Magnificat.
  • Nec mihi, nec tibi.

Cancións profanas neerlandesas[editar | editar a fonte]

  • Als al de weerelt.
  • Den haghel ende morrer calde snee.
  • Hebbe gheen ghelt.
  • Ic draghe de mutse clutse.
  • Ic hoerde de clocskins luden.
  • Ic ret my itu spacieren.
  • Ic weinsche alle scoene vrouwen.
  • Lacen adieu.
  • Laet u genoughen.
  • Meskin es hu (adiu, adiu).
  • Moet mij laten u vriendelic schijn.
  • Rompeltier.
  • Sullen wij langhe in drucke.
  • T'Andernacken.
  • T'meisken foi'jonck (tusche in Busche).
  • Tsat een (cleen) meskin.
  • Waer sij di han.
  • Wat willen wij metten.
  •  Weet ghy wat mijnder jonghen herten.

Cancións profanas francesas[editar | editar a fonte]

  • Fors seule.
  • Helas mon bien.
  • J'ai pris amours.
  • Ma menche vel m buche.
  • Marion la doulce.
  • Se bien fait.
  • Tant que nostre argentdura.

Outras[editar | editar a fonte]

  • La Tortorella.
  • Fuga.
  • Pezas instrumentais.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Flemish Masters, Virginia Arts Recordings, VA-04413, interpretación de Zephyrus. Inclúe a misa de Obrecht Missa Sub tuum presidium, así como motetes de Willaert, Clemens non Papa, Ockeghem, Josquin des Prés, Mouton e and Nicolas Gombert.
  • Missa Maria zart, Gimell CDGIM 032, interpretación de Tallis Scholars, baixo a dirección de Peter Phillips.
  • Jacob Obrecht. Chansons, Songs, Motets. Interpretación de Capilla Flamenca e Piffaro, 2005 (Eufoda 1361).
  • Missa Sub Tuum Praesidium. The Clerks Group, Gaudeamus.
  • Missa Malheur Me Bat. The Clerks Group, Gaudeamus 1998.
  • Missa Sancto de Donatiano. Capella Pratensis, Fineline 2009.
  • "Jacob Obrecht. The Sound and the Fury". ORF 2009.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rob C. Wegman. "Obrecht, Jacob". Grove Music Online.
  2. Sparks, Edgar H. 1975. Cantus Firmus in Mass and Motet: 1420–1520. Nova York. Da Capo Press. Páxina 477.
  3. Wegman, Rob C. Born for the Muses: The Life and Masses of Jacob Obrecht. Oxford. Clarendon Press. 1994. Páxinas 21, 36, 39 e 147. [ISBN 0-19-816382-7]
  4. Wegman, Rob C. “Obrecht, Jacob”. En New Grove Music Online Dictionary.
  5. Atlas, Allan W. Renaissance Music. Nova York: W.W. Norton. 1998. Páxina 295.
  6. Sparks, Edgar H. Cantus Firmus in Mass and Motet: 1420–1520. Nova York. Da Capo Press. 1975. Páxina 477.
  7. Atlas, Allan W. Renaissance Music. Nova York. W.W. Norton. 1998. Páxina 294.
  8. Reese, Gustav, Music in the Renaissance. Nova York. W.W. Norton. 1959. Páxina 107.
  9. Wegman, Rob C. Born for the Muses: The Life and Masses of Jacob Obrecht. Oxford. Clarendon Press. 1994. Páxinas 81, 82, 139. [ISBN 0-19-816382-7]
  10. Atlas, Allan W. Renaissance Music. Nova York. W.W. Norton. 1998. Páxina 295.
  11. Sparks, Edgar H. Cantus Firmus in Mass and Motet: 1420–1520. Nova York. Da Capo Press. 1975. Páxina 478.
  12. Sternfeld, F.W. Music from the Middle Ages to the Renaissance. Nova York. Preager Publishers. 1973. Páxina 198.
  13. Sparks, Edgar H. Cantus Firmus in Mass and Motet: 1420–1520. Nova York. Da Capo Press. 1975. Páxinas 477, 478 e 482.
  14. Sparks, Edgar H. Cantus Firmus in Mass and Motet: 1420–1520. Nova York. Da Capo Press. 1975. Páxinas 312-313.
  15. Sternfeld, F.W. Music from the Middle Ages to the Renaissance. Nova York. Preager Publishers. 1973. Páxinas 197-198.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]