Jacob Gijsbertus Samuël van Breda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacob van Breda
Datos persoais
Nacemento24 de outubro de 1788
LugarDelft (Países Baixos)
Falecemento2 de setembro de 1867
LugarHaarlem (Países Baixos)
ResidenciaPaíses Baixos
Nacionalidadeneerlandesa
CónxuxeFrederika Theodora Ernestina Camper
Actividade
Campobotánico, xeólogo, zoólogo, profesor universitario, paleontólogo, biólogo, académico, amateur photographer e patólogo
Alma máterUniversidade de Leiden
editar datos en Wikidata ]

Jacob Gijsbertus Samuël van Breda, coñecido como Jakob van Breda, nado en Delft o 24 de outubro de 1788 e finado en Haarlem o 2 de setembro de 1867, foi un biólogo, naturalista e xeólogo neerlaandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jacob era fillo de Jacob van Breda, un médico, físico e político, e de Anna Elsenera van Campen, que faleceu cando Jakob tiña dous anos.

Estudou medicina e física na universidade de Leiden, obteniendo os graos en medicina e en filosofía en 1811. A continuación marchou a París.

A partir de 1816 e até os primeiro anos da seguinte década, foi profesor de botánica, química e farmacia na universidade de Franeker. En Franeker faise íntimo amigo do influente avogado, administrador e político neerlandés Adriaan Gillis Camper, que era fillo do profesor de anatomía Petrus Camper.

En 1821 casou en Klein Lankum coa terceira filla de Camper, Frederika Theodora Ernestina Camper (1799-1834), que era unha apaixonada científica afeccionada que o acompañou nas súas expedicións con Georges Cuvier en Francia, e con Humphry Davy en Inglaterra; ela ilustraba os espécimes.

A partir de 1822, van Breda foi profesor de botánica, zooloxía e anatomía comparada na universidade de Gante. Alí sería director do Xardín botánico e, en 1825, dá comeno á súa maior obra botánica: Genera et Species Orchidearum et Asclepiadearum, en quince volumes nos que describiu os xéneros das plantas das Indias Orientais Neerlandesas que lle remitían desde a súa capital Batavia )(hoxe Iacarta). Pero debe abandonar este proxecto e o seu cargo en 1830 debido á Revolución belga. En 1825 escribe unha biografía do seu defunto sogro: Levens-schets van Adriaan Gilles Camper.

En 1831 van Breda foi profesor extraordinario de zooloxía e xeoloxía en Leiden. Despois da morte da súa muller o 15 de abril de 1834, volve a casar en 1836 con C. M. Veeren. Como xeólogo, van Breda foi un seguidor do uniformismo.

En 1839 vai a Haarlem onde é designado secretario de Hollandsche Maatschappij der Wetenschappen (Sociedade Holandesa de Ciencias) e director dos gabinetes Palaeontolóxico e Mineralóxico e Físico do Teylers Museum. Nesta última función investigou no campo do magnetismo e da electricidade, e tamén estudou moitos fósiles, entre eles o espécime de Haarlem do Archaeopteryx.

De 1852 a 1855, ás ordes de Thorbecke foi presidente dunha comisión preparatoria da creación da primeira carta xeológica dos Países Baixos. Xa entre 1826 e 1830 tivera algunha experiencia nese campo, cando realizou un mapa xeolóxico dos Países Baixos Austríacos (o que despois serían Bélxica e Luxemburgo). Porén, este último proxecto fracasou.

En 1857 retírase do seu cargo en Leiden e en 1864 das súas funcións en Haarlem, falecendo nesta última cidade, dun infarto, en 1867.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Breda emprégase para indicar a Jacob Gijsbertus Samuël van Breda como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
  • A abreviatura Breda emprégase para indicar a Jacob Gijsbertus Samuël van Breda como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Matthes, C. J. (1867): "Levensberigt van J. G. S. van Breda", Jaarboek van de Koninklijke Akademie van wetenschappen: 22-32.Ver en liña
  • Withers, T. H. (1935): "Catalogue of Fossil Cirripedia in the Department of Geology". Vol. II. Cretaceous, v. 2. – Br. Mus. (Nat. Hist.) Londres: 1-535.
  • Bruijn, G. J. de (1969): "J. G. S. van Breda (1788-1867), een vroeg Nederlands geoloog." Grondboor & Hamer, 23, 2: 74-77.
  • Leloux, Jacob (2002): "Type specimens of Maastrichtian fossils in the National Museum of Natural History, Leiden." NNM Tech. Bull., 4: 1-40, 4 pls, 1 fig., 1 táboa.