Jacki Weaver
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jacqueline Ruth Weaver 25 de maio de 1947 (77 anos) Sydney, Australia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Educación | Hornsby Girls' High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Lugar de traballo | Australia |
Ocupación | actriz de teatro , actriz de cinema , actriz |
Período de actividade | 1966 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido (2003–) Derryn Hinch (1997–1998), divorcio Derryn Hinch (1983–1996), divorcio valor descoñecido (1975–1977), divorcio valor descoñecido (1966–1970), divorcio |
Premios
| |
|
Jacqueline Ruth Weaver, nada en Hurstville o 25 de maio de 1947, é unha actriz australiana de teatro, cinema e televisión. Weaver salientou na década de 1970 durante a New Wave australiana polo seu traballo en filmes de Ozploitation como Stork (1971), Alvin Purple (1973) e Petersen (1974). Posteriormente protagonizou Picnic at Hanging Rock (1975), Caddie (1976), Squizzy Taylor (1982) e numerosos telefilmes, miniseries e producións australianas de obras de teatro como Death of a Salesman e A Streetcar Named Desire.
Weaver recibiu boas críticas e candidaturas ao óscar á mellor actriz secundaria polas súas participacións nos filmes Animal Kingdom (2010) e Silver Linings Playbook (2012). Nos seguintes anos apareceu nos filmes The Five-Year Engagement (2012), Parkland (2013), Magic in the Moonlight (2014), The Disaster Artist (2017), Bird Box (2018), Widows (2018), Poms (2019), Stage Mother (2020) e Father Stu (2022).
En televisión, Weaver protagonizou a serie cómica de Starz Blunt Talk (2015–2016), o thriller político de Fox Showcase Secret City (2016–2019), o thriller de Epix Perpetual Grace, LTD (2019) e a serie de ficción científica Stan Bloom (2019–2020). Desde 2021, tivo un papel recorrente como Caroline Warner na serie neo-western de Paramount Network Yellowstone.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Weaver tivo unha relación durante moitos anos con Richard Wherrett, director do Sydney Theatre Company.[1] Estivo casada con David Price entre 1966 e 1970. Tivo un fillo en 1970 coa súa parella de entón, John Walters.[2]
Casou con Max Hensser en 1975. Viviu con Phil Davis, antigo reporteiro criminal de Sydney, secretario de prensa de Canberra e produtor executivo para Mike Willesee, durante cinco anos ata 1981. Casou co locutor e presentador de televisión Derryn Hinch en 1983. Ela e Hinch renovaron os seus votos antes de divorciarse en 1998.
Está casada co actor Sean Taylor.[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1966 | They're a Weird Mob | Girl on beach |
1970 | The Naked Bunyip | Ela mesma |
1971 | Stork | Anna |
1973 | Alvin Purple | Second Sugar Girl |
1974 | Petersen | Susie Petersen |
1975 | Picnic at Hanging Rock | Minnie |
The Removalists | Marilyn Carter | |
1976 | Caddie | Josie |
1982 | Squizzy Taylor | Dolly |
1983 | Abra Cadabra | Primrose Buttercup (voz) |
1996 | Cosi | Cherry |
1997 | The Two-Wheeled Time Machine | Older Alice |
1999 | In the Red | Unknown |
2008 | Three Blind Mice | Bernie Fisher |
2009 | Early Checkout | Cleaner |
2010 | Animal Kingdom | Janine "Smurf" Cody |
Summer Coda | Jen | |
2011 | Lois | Lois |
2012 | The Five-Year Engagement | Sylvia Dickerson-Barnes |
Silver Linings Playbook | Dolores Solitano | |
2013 | Stoker | Aunt Gwendolyn "Gin" Stoker |
Parkland | Marguerite Oswald | |
Haunt | Janet Morello | |
2014 | Six Dance Lessons in Six Weeks | Irene Mossbecker |
Secuestrada | Reigert | |
The Voices | Dr. Warren | |
Maya the Bee | Buzzlina Von Beena (voz) | |
Magic in the Moonlight | Grace | |
2015 | Last Cab to Darwin | Dr. Farmer |
Equals | Bess | |
2016 | Goldstone | The Mayor |
2017 | The Polka King | Barb |
Small Crimes | Irma Denton | |
The Disaster Artist | Carolyn Minnott | |
2018 | Irreplaceable You | Estelle |
Life of the Party[4] | Sandy Cook | |
Out of Blue | Miriam Rockwell | |
Widows | Agnieszka | |
Bird Box | Cheryl | |
2019 | Poms | Sheryl |
Zeroville | Dotty | |
Elsewhere | Mom | |
2020 | The Grudge | Lorna Moody |
Stage Mother | Maybelline Metcalf | |
Never Too Late | Norma McCarthy | |
Penguin Bloom | Jan | |
2021 | Back to the Outback | Jackie (voz) |
2022 | Father Stu | Kathleen Long |
American Murderer | Jeanne | |
Wildflower | Loretta | |
2024 | Memoir of a Snail | Pinky (voz) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tranter, Kirsten (2 de novembro de 2013). "Jacki Weaver: Hooray for Hollywood". The Sydney Morning Herald. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ Jones, Caroline (2 de xuño de 2003). "Secret Life of Jacki". Australian Broadcasting Corporation. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2013.
- ↑ Gilbey, Ryan (24 de xullo de 2020). "Jacki Weaver: 'Michael Powell said I was headed for great things. He didn't tell me it would take 50 years'". The Guardian.
- ↑ Galuppo, Mia (2 de agosto de 2016). "Jacki Weaver to Play Melissa McCarthy's Mom in 'Life of the Party' (Exclusive)". The Hollywood Reporter. Consultado o 4 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jacki Weaver |