Jacinto Romualdo López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jacinto Romualdo López
Nacemento1808
 Ribadeo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Jacinto Romualdo López López-Bolaño, nado en Ribadeo o 7 de febreiro de 1808 e finado en Mondoñedo o 30 de xuño de 1895, foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse moi novo a Mondoñedo e entre 1829 e 1832 cursou estudios teolóxicos no Seminario. Abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse ao maxisterio, obtendo o título de mestre en 1833. Exerceu a docencia na escola de primeiras letras do Seminario. En 1843 foi designado alcalde de Mondoñedo, deixando o cargo ao ano seguinte.

Publicou Curso elemental de Gramática (1841), e colaborou en El Mensajero, o periódico fundado e dirixido por P. Madoz, e no Diccionario geográfico-histórico-estadístico do mesmo Madoz. Escribiu dúas panxoliñas en galego, continuando a tradición de Nadal da escola mindoniense. Tamén escribiu poemas en latín e castelán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]