Jacinda Ardern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacinda Ardern
Jacinda Ardern - Waitangi 2022 (cropped).jpg
Nome completoJacinda Kate Laurell Ardern
Nacemento26 de xullo de 1980
Lugar de nacementoHamilton
NacionalidadeNova Zelandia
RelixiónAgnosticismo e Mormonismo
Alma máterUniversidade de Waikato, Morrinsville College e Morrinsville Intermediate School
Ocupaciónpolítica
PaiRoss Ardern
FillosNeve Ardern Gayford
IrmánsLouise Ardern
PremiosNature's 10, Time 100 e Time 100
Na rede
IMDB: nm9013671 Facebook: jacindaardern Twitter: jacindaardern Instagram: jacindaardern LinkedIn: jacindaardern WikiTree: Ardern-44 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jacinda Kate Laurell Ardern, nada en Hamilton o 26 de xullo de 1980, é unha política de Nova Zelandia e a Primeira Ministra do país entre 2017 e 2023. Foi a líder do Partido Laborista de Nova Zelandia dende o 1 de agosto de 2017 ata febreiro de 2023. Elixida por primeira vez como parlamentaria nas eleccións xerais de 2008[1] e deputada por Mount Albert dende o 8 de marzo de 2017, exerceu de Primeira Ministra entre o 26 de outubro de 2017 e o 7 de febreiro de 2023 sendo, con 37 anos, a muller máis nova en asumir tal cargo.[2]

Ideoloxicamente, Ardern descríbese a si mesma como unha socialdemócrata e unha progresista. Como partidaria do movemento obreiro, oponse ós recortes de impostos para as persoas con ingresos altos, apoiados polo Partido Nacional, e defende un estado de benestar que achegue unha rede de seguridade para "aqueles que non poden manterse a si mesmos". Sobre cuestións sociais, Ardern está a prol do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, votando a prol do proxecto de lei de igualdade matrimonial en 2013, e apoia a liberalización das leis sobre o aborto.

Foi criada como mormona, pero abandonou a Igrexa no 2005.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse na Universidade de Waikato en 2001 en Estudos da Comunicación, Política e Relacións Públicas,[4] Ardern comezou a súa carreira traballando como investigadora na oficina da Primeira Ministra Helen Clark. Máis tarde traballou no Reino Unido como asesora de política do Primeiro Ministro do Reino Unido Tony Blair e, en 2007, foi elixida Presidenta da Unión Internacional de Xuventudes Socialistas.[5]

En 2008, entrou no Parlamento por Waikato, aínda que non pola circunscrición senón na lista do partido. Nas eleccións de 2011, foi candidata pola circunscrición electoral de Auckland Central contra a deputada do Partido Nacional Nikki Kaye e Denise Roche do Partido Verde. Cun 43,23% dos votos da circunscrición, foi segunda por detrás de Kaye, que obtivo o 45,39% dos votos. Kaye gañou por só 717 votos. De novo, foi elixida para o parlamento pola lista electoral do Partido Laborista, esta vez en décimo terceira posición.

Cando Phil Goff dimitiu como líder do partido e David Shearer foi elixido polos deputados do partido como novo líder, Ardern subiu ao cuarto lugar do partido. Ademais, foi nomeada portavoz de desenvolvemento social dentro do Partido Laborista. Trala dimisión de David Shearer, en decembro de 2016, Ardern presentouse como candidata laborista nas eleccións parciales de febreiro de 2017 e conseguiu o escano por Mount Albert, antigo feudo de Helen Clark.[4] En marzo do mesmo ano, logo da renuncia de Annette King, foi escollida por unanimidade como vicepresidenta do Partido Laborista.[6] O 1 de agosto de 2017, poucos meses antes das eleccións xerais, Ardern asumiu o cargo de líder do Partido Laborista. e en consecuencia converteuse en líder da oposición trala dimisión de Andrew Little tras unhas enquisas que prognosticaban un resultado electoral moi baixo.[7] Na primeira conferencia de prensa tralo seu nomeamento declarou:[7]

"Todo o mundo sabe que veño de aceptar, con pouca antelación, o peor traballo en política, mais tamén dou a benvida a este traballo".

Nas eleccións xerais que tiveron lugar o 23 de setembro de 2017, o Partido Laborista gañou 46 escanos (14 máis que nas anteriores) cun 37% dos votos, poñéndose por detrás do Partido Nacional de Bill English, quen gañou 56 escanos.[8] Malia ese reultado, o 26 de outubro de 2017, converteuse na primeira ministra de Nova Zelandia, despois de que a conservadora Nova Zelandia Primeiro anunciase unha coalición con ela, e se incluíse tamén ao Partido Verde.[3][9] Posteriormente, nas eleccións xerais de 2020, baixo o seu liderado, o Partido Laborista quedou por diante do seu rival tradicional, o Partido Nacional, por primeira vez en doce anos; o Laborismo gañou co 49% dos votos unha maioría absoluta que lle permitiu gobernar en solitario.[10][11]

Durante o seu mandato como primeira ministra enfrontou o masacre islamófobo de Christchurch (marzo de 2019)[12][13] propondo unha restrictiva política na posesión de armas,[2] a erupción do volcán Whakaari que provocou a morte de 16 persoas,[2] a exitosa resposta á pandemia de Covid-19 e a crise económica derivada en 2020 e o falecemento da raíña Isabel II e a proclamación de Carlos III, entre outros fitos.[14][15][16][17]

No 2019, a revista Fortune, escolleuna como a segunda mellor ider mundial entre unha lista de 50.[2]

Renuncia ao cargo[editar | editar a fonte]

O 19 de xaneiro de 2023 anunciou, por sorpresa, a súa dimisión alegando "esgotamento".[18][19] Indicou que se mantería no cargo ata o 7 de febreiro no o seu sucesor será o ministro de Ensino, Chris Hipkins, tamén laborista.[20] Na rolda de prensa, declarou:[21]

Non o deixo porque sexa difícil, senón que o deixo porque este traballo leva moita responsabilidade e non teño enerxía suficiente para facerlle xustiza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NEW ZEALAND ELECTION RESULTS". archive.is (en inglés). 1 de xullo de 2012. Consultado o 21de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Sánchez Sánchez, María (27 de outubro de 2020). "Las claves que han llevado a Jacinda Ardern a ser considerada «la líder más eficaz del planeta»". smoda.elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Atkinson, Neill (19 de xaneiro de 2023). "Jacinda Ardern. Biography". nzhistory.govt.nz (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Waikato BCS grad Jacinda Ardern becomes leader of the NZ Labour Party". apps.mngt.waikato.ac.nz (en inglés). 2 de agosto de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  5. Kirk, Stacey (1 de agosto de 2017). "Jacinda Ardern says she can handle it and her path to the top would suggest she's right". stuff.co.nz (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  6. "Jacinda Ardern". nzhistory.govt.nz. Consultado o 2023-01-21. 
  7. 7,0 7,1 Davison, Isaac (1 agosto de 2017). "Andrew Little quits: Jacinda Ardern is new Labour leader, Kelvin Davis is deputy". nzherald.co.nz (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  8. "2017 General Election - Official Result". electionresults.govt.nz (en inglés). 7 de outubro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  9. Griffiths, James (19 de outubro de 2017). "Jacinda Ardern to become New Zealand Prime Minister". cnn.com (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  10. "New Zealand PM Ardern Wins Re-Election In Best Showing For Labour Party In Decades". npr.org. 17-10-2020. Consultado o 21-1-2023. 
  11. Jover, Anna (17 de outubro de 2020). "Jacinda Ardern logra una victoria aplastante en las elecciones generales de Nueva Zelanda". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  12. Jover, Anna (17 de marzo de 2019). "La policía revela que el supremacista australiano cometió la masacre contra las dos mezquitas en 36 minutos". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  13. Redacción/Axencias (3 de setembro de 2021). "Un simpatizante del Estado Islámico ataca un supermercado de Nueva Zelanda". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  14. "Medio cento de falecidos nun ataque contra dúas mesquitas en Nova Zelandia". Nós Diario. 2019-03-15. Consultado o 2023-01-21. 
  15. "New Zealand’s prime minister receives worldwide praise for her response to the mosque shootings". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-01-21. 
  16. "Cómo Nueva Zelanda llegó a dar por eliminado el coronavirus y levantar las restricciones (y qué papel jugó Jacinda Ardern)". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2023-01-21. 
  17. "Jacinda Ardern expects New Zealand’s royal ties to ‘deepen’ under King Charles III". the Guardian (en inglés). 2022-09-11. Consultado o 2023-01-21. 
  18. "Jacinda Ardern to resign as prime minister in February". RNZ (en inglés). 2023-01-19. Consultado o 2023-01-21. 
  19. Jover, Anna (19 de xaneiro de 2023). "Jacinda Ardern anuncia su dimisión como primera ministra de Nueva Zelanda". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  20. "Chris Hipkins to become Labour leader, replace Ardern as PM". 1 News (en inglés). Consultado o 2023-01-21. 
  21. Rodés Almer, Juli (19 de xaneiro de 2023). ""No tinc prou energia": Jacinda Ardern deixa per sorpresa el govern de Nova Zelanda". ccma.cat (en catalán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]