Saltar ao contido

Jaan Eilart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJaan Eilart

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1933 Editar o valor en Wikidata
Pala Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 2006 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Tartu Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Raadi Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tartu Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánico, conservacionista, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tartu Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1257170

Jaan Eilart, nado en Pala o 24 de xuño de 1933 e finado en Tartu o 18 de maio de 2006, foi un filósofo, ecólogo paisaxista, historiador cultural e conservacionista estoniano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eilart naceu en Pala, parroquia de Kirna, condado de Järva. En 1957 comezou a ensinar conservación como materia na Universidade Estatal de Tartu. En 1958 estabeleceu o Círculo de Protección da Natureza dos Estudantes de Tartu (en estoniano: Tartu Üliõpilaste Looduskaitsering; TÜLKR), que supostamente é a comunidade estudantil máis antiga dedicada á conservación, e en 1966 estableceu a Sociedade de Conservación da Natureza (en estoniano: Eesti Looduskaitse Selts; ELKS). En 1969 Eilart liderou o estabelecemento do Parque Nacional de Lahemaa que foi o primeiro parque nacional na Unión Soviética. Máis tarde tamén deu instrucións sobre o estabelecemento de parques nacionais na República dos Komis, Armenia e Tadjiikistán. Eilart ocupou a presidencia do Comité de Europa Oriental da UICN de 1982 a 1990.[1] Morreu, aos 72 anos, en Tartu.

  • 1963: Viidumägi – haruldaste taimede kodu. Coautor con Aino Õige. Talín: Eesti Riiklik Kirjastus
  1. "Jaan Eilart". ELKS. Consultado o 29 de novembro de 2012.