Jørn Andersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jørn Andersen
Andersen como adestrador do Austria Salzburg durante un partido da ligra austríaca contra o Wiener Neustadt en outubro de 2015
Información persoal
Nacemento 3 de febreiro de 1963
Lugar de nacemento Fredrikstad
Altura 185 centímetros
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Corea do Norte (adestrador)
Carreira xuvenil
1975–1982 Østsiden IL
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1984 Fredrikstad FK 64 (25)
1985 Vålerenga IF 22 (23)
1985–1988 1. FC Nürnberg 78 (28)
1988–1990 Eintracht Frankfurt 54 (20)
1990–1991 Fortuna Düsseldorf 42 (5)
1991–1994 Eintracht Frankfurt 44 (13)
1994–1995 Hamburger SV 18 (1)
1995 Dynamo Dresden 7 (0)
1995–1997 FC Zürich 53 (2)
1997–1999 FC Lugano 43 (2)
1999–2001 FC Locarno 29 (0)
Total 454 (119)
Selección nacional
1985–1990 Noruega 27 (5)
Adestrador
2001–2003 FC Luzern sub-21
2003–2004 Rot-Weiß Oberhausen
2005–2006 Borussia Mönchengladbach (axudante)
2007 Skoda Xanthi
2007–2008 Kickers Offenbach
2008–2009 Mainz 05
2010–2011 Larissa
2011–2012 Karlsruher SC
2015 Austria Salzburg
2016– Corea do Norte
Na rede
IMDB: nm8258498 UEFA: 2536 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jørn Andersen, nado en Fredrikstad o 3 de febreiro de 1963, é un ex-futbolista e adestrador noruegués. Desde 2006 é o adestrador da selección de fútbol de Corea do Norte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Noruega[editar | editar a fonte]

A súa carreira arrincou no equipo local do ;Østsiden. Logo pasou polo Fredrikstad e logrou sete goles en 43 participacións na máxima categoría. Na tempada 1985 transferírono ao Vålerenga, co que marcou 23 goles en 22 partidos.

Alemaña[editar | editar a fonte]

En 1985 firmou co FC Nürnberg alemán. En 78 partidos marcou 28 goles antes de ingresar no Eintracht Frankfurt. En 1990 Andersen converteuse no primeiro xogador estranxeiro en acadar o maior número de goles nunha tempada na Bundesliga con 18.[1] En 1990–91 Andersen xogou co Fortuna Düsseldorf antes de pasar ao Hamburger SV (1994–95) e ao Dynamo Dresden.[2]

Suíza[editar | editar a fonte]

De Dresden Andersen foi a Suíza para fichar co FC Zürich en 1995, mais só logrou marcar dous goles en 33 encontros. En 1998 deixou o FC Lugano para ir ao FC Locarno.

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

Debutou con Noruega en 1985 e tivo un total de 27 participacións co seu país, logrando cinco goles.[3] O seu último partido internacional foi nunha cualificación para o compionato europeo contra Hungría en outubro de 1990, substituíndo a Jahn Ivar Jakobsen.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Tras deixar os terreos de xogo converteuse en adestrador xuvenil do FC Luzern e logo volveu a Alemaña para adestrar ao Rot-Weiß Oberhausen des 2003 ata 2004. Despois foi axundante de Horst Köppel no Borussia Mönchengladbach.

En maio de 2007 firmou co equipo grego do Skoda Xanthi pero cesou en xuño de 2007.

Andersen como adestrador do Karlsruher SC durante unha rolda de prensa en decembro de 2011

A finais de 2007 firmou co equipo da 2. Bundesliga Kickers Offenbach, mais foi incapaz de evitarlles o descenso. O 20 de maio de 2008 comprometeuse por dous anos con outro equipo da 2. Bundesliga, o Mainz 05, e baixo a súa dirección conseguiu a promoción á Bundesliga, malia o éxito o club despediuno o 3 de agosto de 2009.

A mediados de decembro de 2010 aceptou adestrar ao equipo grego do Larissa. Non obstante tras perder tres partidos de liga e fracasar na copa, sen puntuar un só gol, Andersen marchou exercendo só 24 días a titularidade no equipo.[4] Seis meses máis tarde regresou a Alemaña para facerse cun equipo da segunda división, o Karlsruher SC. E o 2 de xaneiro de 2015 fíxose coa dirección do Austria Salzburg.[5]

Deixou o equipo en decembro de 2015 e aceptou adestrar á selección de Corea do Norte en maio de 2016,[6] por primeira volta desde 1994 Corea do Norte tiña un adestrador estranxeiro.

Notas[editar | editar a fonte]