Saltar ao contido

Jörg Immendorff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJörg Immendorff

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata
Bleckede, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de maio de 2007 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Düsseldorf, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da morteesclerose lateral amiotrófica Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónKunstakademie Düsseldorf (en) Traducir
Academia de Belas Artes de Múnic Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e gráficos Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Düsseldorf Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, artista gráfico, profesor universitario, escultor, litógrafo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Frankfurt Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCommunist Party of Germany (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoNeo-expressionism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJoseph Beuys Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2218834 Allocine: 224756
Musicbrainz: 72ebc3c1-7286-4537-ab69-9c5d40b6216e Discogs: 1770104 WikiTree: Immendorff-1 Editar o valor en Wikidata

Jörg Immendorff, nado en Bleckede, preto de Lüneburg, o 14 de xuño de 1945, e finado en Düsseldorf, o 28 de maio de 2007, foi un pintor, escultor, escenógrafo e profesor de arte alemán. [1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Immendorff estudou na Academia de Arte de Düsseldorf (Kunstakademie Düsseldorf) baixo a tutela de Joseph Beuys. Foi expulsado dela polas súas accións políticas e neodadaístas. Traballou durante doce anos como profesor de arte nunha escola pública, e despois como artista libre, viaxando por Europa, visitando institucións como profesor invitado. En 1989 converteuse en profesor na Städelschule de Frankfurt. Desde 1996 era profesor na Academia de Arte de Düsseldorf, a mesma escola que o despedira como estudante.[2]

As súas pinturas lembran ás veces o surrealismo, e case sempre cun forte simbolismo político. O artista era membro do movemento artístico alemán Neue Wilde (Novos salvaxes). Foi autor de varias series de pinturas. A súa serie máis famosa, "Cafe Deutschland", formada por dezaseis grandes cadros, comezou en 1977. Nela, utiliza aos asistentes ás discotecas para simbolizar o conflito entre as duas Alemañas, Oriental e Occidental. Desde os anos 70, traballa xunto con A. R. Penck. Na súa obra máis recente aparece varias veces un “mono pintor”, como comentario irónico sobre o mercado da arte.

Creou varios decorados, entre eles dous para o Festival de Salzburgo. En 1984, creou unha gran escultura de bronce de Hans Albers. Contribuíu ao deseño do vangardista parque de atraccións "Luna, Luna" de André Heller en 1987. Immendorff creou varias esculturas; coma un espectacular exemplo de escultura de ferro de 25 metros de altura en forma de tronco de carballo, en Riesa en 1999.

En 1997, recibiu o premio de arte benéfico máis grande do mundo, o Premio MARCO do Museo de Arte Contemporánea de Monterrey, México. Ao ano seguinte, gañou a medalla ao mérito da República Federal de Alemaña.

Immendorff casou no 2000 coa estudante búlgara Oda Jaune, súa alumna, 30 anos menor que el. Os dous tiveron unha filla en agosto de 2001.

En agosto de 2003, Jörg Immendorff foi atrapado nunha suite de luxo hotel de Düsseldorf con sete prostitutas (e catro máis en camiño) e algo de cocaína. No seu estudo descubriuse máis cocaína. En total, as substancias atopadas contiñan 6,6 gramos de cocaína pura, por encima do límite permitido para o consumo persoal. Nas entrevistas, tratou de explicar as súas accións coa súa enfermidade terminal. No seu xuízo en xullo de 2004, admitiu ter organizado 27 orxías similares entre febreiro de 2001 e agosto de 2003 Foi condenado a 11 meses de liberdade condicional e unha multa de 150.000 euros. A indulxente sentenza foi xustificada pola enfermidade de Immendorff e a súa extensa confesión. Foi suspendido do seu posto na universidade, pero reintegrado tras o veredicto.

Immendorff foi diagnosticado con ELA (esclerose lateral amiotrófica) en 1998. Cando non podía pintar coa man esquerda, cambiou á dereita. En 2004, financiou un proxecto de investigación sobre a enfermidade.

En novembro de 2005 foi atendido polos médicos de urxencia no hospital, onde tivo que practicarlle unha traqueotomía para axudalo a respirar.

En 2006, vivía nunha cadeira de rodas e xa non pintaba; en cambio, dirixiu aos seus asistentes para que pintasen segundo as instrucións.

O 27 de maio de 2007, aos 61 anos, Immendorff finalmente sucumbiu á enfermidade.[3]

  1. "Morre o pintor Jörg Immendorff". Consultado o 2009-05-18. 
  2. "Jörg Immendorff". Consultado o 2024-10-25. 
  3. "Jörg Immendorff, 61, Painter With Provocative Themes, Dies". Consultado o 2024-11-19.