Jô Soares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJô Soares

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) José Eugênio Soares Editar o valor em Wikidata
16 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 2022 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia renal, insuficiencia cardíaca, Estenose aórtica e Fibrilación auricular Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , novelista , músico , presentador , escritor , presentador de televisión , xornalista , director de cinema Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua portuguesa, lingua inglesa, lingua francesa, lingua castelá, lingua italiana e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTrompeta e piano Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSílvia Bandeira Editar o valor em Wikidata
ParellaSílvia Bandeira (1980–1983)
Cláudia Raia (pt) Traducir
Mika Lins (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesTogo Renan Soares (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0811666 Musicbrainz: 9c1d62ae-5ad9-4776-ac8f-6b8fe8f9373a Discogs: 1546291 Editar o valor em Wikidata

José Eugênio Soares, nado no Río de Xaneiro o 16 de xaneiro de 1938 e finado en São Paulo en 5 de agosto de 2022, máis coñecido como Jô Soares ou simplemente , foi un humorista, presentador de televisión, escritor, artista plástico, dramaturgo, director teatral, músico e actor brasileiro.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo do empresario paraibano Orlando Soares e da dona de casa Mercedes Leal, Jô quería ser diplomático de pequeno. Estudou no Colégio São Bento do Río de Xaneiro e en Lausana na Suíza, no Lycée Jaccard, con este obxectivo. Porén, percibiu que o senso de humor apurado e a creatividade innatas apuntábano para outra dirección.[1]

Dono dun talento versátil, alén de actuar, dirixir, escribir guións, libros e pezas de teatro, Jô Soares tamén era apreciador de jazz e chegou a presentar un programa de radio na extinta Jornal do Brasil AM, no Río de Xaneiro, alén dunha experiencia na tamén extinta Antena 1 Rio de Janeiro.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Entre 1959 e 1979, Jô Soares estivo casado coa actriz Teresa Austregésilo. Con ela tivo un fillo: Rafael Soares (nacido en 1964). De 1980 a 1983, a actriz Sílvia Bandeira, doce anos máis nova, foi a súa esposa. Logo namorou a actriz Mika Lins. En 1987, casou coa deseñadora gráfica Flávia Junqueira Pedras Soares, de quen se separou en 1998. Jô admitiu sufrir de TOC.[2] Era sobriño de Kanela, ex-técnico da selección brasileira de baloncesto.

Falaba, con diferentes niveis de desenvoltura, cinco idiomas estranxeiros: inglés, francés, italiano, alemán e español. Traduciu edicións de Barbarella do francés.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1954 - Rei do Movimento, de Victor Lima e Hélio Barroso
  • 1956 - De Pernas pro Ar, de Victor Lima
  • 1957 - Pé na Tábua, de Victor Lima con guión de Chico Anysio
  • 1959 - Aí Vêm os Cadetes, de Luiz de Barros
  • 1959 - O Homem do Sputnik, de Carlos Manga
  • 1960 - Vai que É Mole, de J. B. Tanko
  • 1960 - Tudo Legal, de Victor Lima
  • 1965 - Pluft, o Fantasminha, de Romain Lesage a partir do texto teatral de Maria Clara Machado
  • 1965 - Ceará contra 007, de Marcos Cesar
  • 1968 - Hitler III Mundo, de José Agrippino di Paula
  • 1968 - Papai Trapalhão, de Victor Lima
  • 1969 - Agnaldo, Perigo à Vista (participación), de Reynaldo Paes de Barros
  • 1969 - A Mulher de Todos, de Rogério Sganzerla
  • 1971 - Nenê Bandalho, de Emílio Fontana a partir dunha historia curta de Plínio Marcos
  • 1973 - Amante muito Louca, de Denoy de Oliveira
  • 1979 - Tangarela, a Tanga de Cristal, de Lula Campelo Torres
  • 1976 - O Pai do Povo, con guión e dirección de Jô Soares
  • 1986 - Cidade Oculta, de Chico Botelho, con participación de Arrigo Barnabé
  • 1995 - Sábado, guión e dirección de Ugo Giorgetti
  • 2001 - O Xangô de Baker Street, produción cinematográfica a partir da novela homónima do mesmo Jô Soares, con dirección de Miguel Faria Júnior. O filme contou coas participación internacionais de Maria de Medeiros e Joaquim de Almeida.
  • 2003 - Person, documental de Marina Person
  • 2004 - A Dona da História, a partir da peza teatral homónima de João Falcão con dirección de Daniel Filh]

Carreira na televisión[editar | editar a fonte]

  • 1967 - En Família Trapo, guionizaba a carón de Carlos Alberto de Nóbrega e actuava como Gordon, o mordomo - TV Record-SP.
  • 1970 - Faça Humor, Não Faça Guerra, foi o primeiro humorístico da TV Globo a contar coa participación do comediante. O programa, no medio da guerra fría e do conflito do Vietnam, brincaba co slogan pacifista hippie "Make love, don't make war" (Faga o amor, non faga a guerra).
  • 1973 - Satiricom, novo humorístico da TV Globo, con dirección de Augusto César Vanucci, realizaba guións con Max Nunes e Haroldo Barbosa. O programa satirizaba o título do filme homónimo de Federico Fellini Satyricon. Na promoción do programa dicían que era unha "sátira da comunicación" nun mundo que tiña virado unha "aldea global".
  • 1976 - Planeta dos Homens, nova sátira do cinema, desta vez, da serie cinematográfica O planeta dos simios. Actuaba con guións de Haroldo Barbosa.
  • 1981 - Viva o Gordo, con dirección de Walter Lacet e Francisco Milani, foi o primeiro programa del só. Tiña guións de Armando Costa. Deu orixe ao espectáculo do xénero "one man show" de Jô chamado "Viva o Gordo, Abaixo o Regime" (sátira explícita ao Golpe Militar de 1964 aínda vixente aquela época). As aberturas do programa expoñían efectos especiais usando técnicas de inserción de imaxes de Jô entre escenas famosas do cinema ou con políticos nacionais e internacionais, como Orestes Quércia, Jânio Quadros, Ronald Reagan etc.
  • 1982 - Participación no Chico Anysio Show.
  • 1983 - Participación no musical infantil Plunct, Plact, Zuuum. Tamén empeza a colaborar no Jornal da Globo, até 1987.
  • 1988 - Veja o Gordo, estrea no SBT co mesmo estilo do Viva o Gordo da Rede Globo.
  • 2000 - Participación no especial de Nadal do programa Sai de Baixo, no episodio "No Natal a Gente Vem Te Mudar" (sátira ao título da peza de Naum Alves de Souza, "No Natal a Gente Vem Te Buscar"). Tamén neste ano estrea o talk-show Programa do Jô, na Rede Globo, onde entrevista diversas personalidades das máis variadas áreas, seguindo até 2016 no ar.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • O astronauta sem regime, L&PM - 1985;
  • A copa que ninguém viu e a que não queremos lembrar, Cia. das Letras - 1994;
  • O Xangô de Baker Street, Cia. das Letras - 1995;
  • O Homem que Matou Getúlio Vargas, Cia. das Letras - 1998;
  • Assassinatos na Academia Brasileira de Letras, Cia. das Letras - 2005;
  • As Esganadas, Cia. das Letras - 2011.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Revista Veja (ed.). "Decifra-me ou te devoro". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2011. Consultado o 2 de novembro de 2011. 
  2. Jô Soares admite sofrer de TOC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]