Jéssica Bouzas
![]() ![]() | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de setembro de 2002 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista ![]() | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 1.227.225 $ ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | tenis ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() ![]() |
Jéssica Bouzas Maneiro, nada o 24 de setembro de 2002 en Vilagarcía de Arousa, é unha tenista galega. Ocupa o posto 83 no ránking WTA.
Gañou once títulos individuais e seis dobres no Circuíto Feminino ITF, así como un bronce e un ouro nos Xogos Mediterráneos de 2022.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao tenis con cinco anos no Club de Tenis e Pádel O Rial da súa Vilagarcía de Arousa natal, co adestrador Daniel Walters, antes de trasladarse, con trece anos, á Academia de Tenis Ferrer en Xàbia.[1][2]
En decembro de 2020 disputou en Madrid a súa primeira final individual do Circuíto Feminino ITF, sendo derrotada pola suíza Conny Perrin.[3] Un mes despois, en xaneiro de 2021, gañou o seu primeiro título individual nun evento de 15 000 dólares no Cairo, tras derrotar á eslovaca Chantal Škamlová na final.[4] Unha semana despois conquistou un segundo título ITF no Cairo e en marzo de 2021 acadou a final en Gonesse (Francia).[5] Ese mesmo ano proclamouse campioa nun torneo na cidade grega de Heraklion e disputou a final en Madrid.
En 2022 disputou seis finais do Circuíto ITF, gañando cinco delas (Villena, Palmanova, Aschaffenburg e Quinta do Lago) e perdendo só na final de Platja d'Aro ante Guiomar Maristany. Ese mesmo ano participou nos Xogos Mediterráneos na cidade alxeriana de Orán, conseguindo a medalla de bronce en individuais e o ouro en dobres xunto á propia Maristany, despois de derrotar na final ás maltesas Francesca Curmi e Elaine Genovese.[6]
En 2023 conseguiu acceder por primeira vez na súa carreira ao cadro final dun Grand Slam tras superar a previa. Foi no Campionato de Wimbledon, onde caeu en primeira rolda diante da ucraína Anhelina Kalinina.[7]
En marzo de 2024 conquistou o seu maior título até a data, ao erguer o WTA 125 de Antalya, en Turquía, vencendo na final á romanesa Irina Camelia Begu, por un marcador de 6-2, 4-6 e 6-2. Foi así a primeira galega en 13 anos en conquistar un título deste nivel, desde que o fixese Lourdes Domínguez en 2011 en Bogotá.[8] Con este resultado subiu ata o posto 104 do ránking WTA. Un mes máis tarde, en abril, tras xogar a final do ITF 100 de Zaragoza, logrou entrar por primeira vez no top100, situándose como a 90ª mellor xogadora del mundo.
Continuou ascendendo postos na clasificación e no torneo de Wimbledon de 2024 deu a sorpresa, eliminando na primeira rolda á vixente campioa e número 6 do mundo, a checa Markéta Vondroušová.[9] Deste xeito converteuse na segunda tenista na historia da era Open en eliminar en primeira rolda á campioa do ano anterior, 30 anos despois de que Lori McNeil fixese o mesmo con Steffi Graf.[9] A continuación desfíxose da hispano-moldava Cristina Bucșa para converterse na primeira tenista galega da historia en acceder á terceira rolda de Wimbledon.[10] Caeu finalmente ante a checa Barbora Krejčíková na terceira rolda, nun partido que non chegou a rematar, pois retirouse cun problema lumbar cando perdía por 6-0 e 4-3.[11]
Finais do Circuíto ITF
[editar | editar a fonte]Individuais: 14 (9 campioa, 5 subcampioa)
[editar | editar a fonte]Lenda |
---|
Torneos de 100 000 $ |
Torneos de 80 000 $ |
Torneos de 60 000 $ |
Torneos de 25 000 $ |
Torneos de 15 000 $ |
Resultado | W–L | Data | Torneo | Nivel | Superficie | Adversaria | Puntuación |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Derrota | 0–1 | Decembro de 2020 | ITF Madrid | 15 000 | Arxila | ![]() |
4–6, 6–7(8) |
Vitoria | 1–1 | Xaneiro de 2021 | ITF O Cairo | 15 000 | Arxila | ![]() |
7–5, 4–6, 6–4 |
Vitoria | 2–1 | Xaneiro de 2021 | ITF O Cairo | 15 000 | Arxila | ![]() |
6–0, 6–0 |
Derrota | 2–2 | Marzo de 2021 | ITF Gonesse | 15 000 | Arxila (i) | ![]() |
4–6, 3–6 |
Vitoria | 3–2 | Xuño de 2021 | ITF Heraklion | 15 000 | Arxila | ![]() |
6–3, 6–0 |
Derrota | 3–3 | Xuño de 2021 | ITF Madrid | 25 000 | Arxila | ![]() |
4–6, 5–7 |
Vitoria | 4–3 | Febreiro de 2022 | ITF Villena | 15 000 | Dura | ![]() |
6–2, 6–1 |
Vitoria | 5–3 | Marzo de 2022 | ITF Palmanova | 15 000 | Dura | ![]() |
6–4, 6–1 |
Derrota | 5–4 | Maio de 2022 | ITF Platja d'Aro | 25 000 | Arxila | ![]() |
6–7(2), 4–6 |
Win | 6–4 | Xullo de 2022 | ITF Aschaffenburg | 25 000 | Arxila | ![]() |
6–1, 6–2 |
Vitoria | 7–4 | Outubro de 2022 | ITF Šibenik | 25 000 | Arxila | ![]() |
6–3, 6–3 |
Vitoria | 8–4 | Outubro de 2022 | ITF Quinta do Lago | 25 000 | Dura | ![]() |
7–5, 5–4 ret. |
Derrota | 8–5 | Maio de 2023 | ITF Praga | 60 000 | Arxila | ![]() |
6–2, 3–6, 4–6 |
Vitoria | 9–5 | Xullo de 2023 | ITF Roma | 60 000 | Arxila | ![]() |
6–2, 6–4 |
Dobres: 6 (4 campioa, 2 subcampioa)
[editar | editar a fonte]Lenda |
---|
Torneos de 100 000 $ |
Torneos de 80 000 $ |
Torneos de 60 000 $ |
Torneos de 25 000 $ |
Torneos de 15 000 $ |
Resultado | W–L | Data | Torneo | Nivel | Superficie | Compañeira | Adversarias | Puntuación |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Derrota | 0–1 | Febreiro de 2021 | ITF Antalya | 15 000 | Arxila | ![]() |
![]() ![]() |
6–4, 3–6, [10–12] |
Vitoria | 1–1 | Abril de 2022 | ITF Oeiras | 25 000 | Arxila | ![]() |
![]() ![]() |
3–6, 6–4, [10–8] |
Vitoria | 2–1 | Xullo de 2022 | ITF Getxo | 25 000 | Arxila | ![]() |
![]() ![]() |
7–5, 6–0 |
Derrota | 2–2 | Xullo de 2022 | ITF Darmstadt | 25 000 | Arxila | ![]() |
![]() ![]() |
5–7, 5–7 |
Vitoria | 3–2 | Agosto de 2022 | ITF San Bartolomé de Tirajana | 60 000 | Arxila | ![]() |
![]() ![]() |
1–6, 7–5, [10–6] |
Vitoria | 4–2 | Setembro de 2022 | ITF Marbella | 25 000 | Arxila | ![]() |
![]() ![]() |
6–4, 6–2 |
Representación nacional
[editar | editar a fonte]Individuais: 1 (medalla de bronce)
[editar | editar a fonte]Resultado | Data | Torneo | Superficie | Adversarias | Puntuación |
---|---|---|---|---|---|
![]() |
Xuño de 2022 | Xogos Mediterráneos, Orán, Alxeria | Arxila | ![]() |
w/o |
Dobres: 1 (medalla de ouro)
[editar | editar a fonte]Resultado | Data | Torneo | Superficie | Compañeira | Adversarias | Puntuación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Xuño de 2022 | Xogos Mediterráneos, Orán, Alxeria | Arxila | ![]() |
![]() ![]() |
6–3, 6–2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La aspiración de la tenista Jessica Bouzas para 2022: "Jugar algún grand slam"" (en castelán). 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Jéssica Bouzas regresa a donde todo comenzó" (en castelán). 23 de decembro de 2023. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Primera final profesional para Jessica Bouzas en el ITF de Madrid" (en castelán). 14 de decembro de 2020. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Jessica Bouzas conquista su primer título profesional en El Cairo" (en castelán). 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Jessica Bouzas alcanza su tercera final del año en Gonesse" (en castelán). 22 de marzo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Jéssica Bouzas volve dos Xogos do Mediterráneo cun ouro e cun bronce". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ Penedo, Pablo (6 de xullo de 2023). "Jéssica Bouzas se despide de Wimbledon tras firmar un gran debut ante Anhelina Kalinina". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Jéssica Bouzas gaña en Antalya e o tenis galego celebra un torneo WTA unha década despois". Pontevedra Viva. 31 de marzo de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ 9,0 9,1 "A Catedral de Jessica Bouzas! A de Vilagarcía fai historia en Wimbledon ao gañar á campioa". 6 de xullo de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Jessica Bouzas, primeira tenista galega da historia que accede á terceira rolda de Wimbledon". Televisión de Galicia. 4 de xullo de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Jessica Bouzas se retira ante Krejcikova y pone fin a su estancia en Wimbledon". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2024. Consultado o 6 de xullo de 2024.