Ján Hirka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ján Hirka
Bispo da Igrexa Católica Bizantina Eslovaca
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1923 en Abranovce (Checoslovaquia)
Pasamento10 de abril de 2014
Ordes
Ordenación sacerdotal31 de xullo de 1949, por Vasiľ Hopko
Consagración episcopal17 de febreiro de 1990, por Jozef Tomko
Bispo de Prešov
1989 (administrador apostólico dende 1969) - 11 de decembro de 2002
PredecesorPavel Peter Gojdič
SucesorJán Babjak
Outros

Escudo de Ján Hirka
Ficha en catholic-hierarchy.org

Ján Hirka, nado o 16 de novembro de 1923 en Abranovce[1] (Checoslovaquia) e finado o 10 de abril de 2014 en Prešov (Eslovaquia), foi un eclesiástico grecocatólico eslovaco, bispo de Prešov entre 1989 e 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Academia Greco-Católica de Teoloxía de Prešov, e posteriormente na Facultade de Teoloxía da Universidade Carolina de Praga, graduándose en 1949.[1] Foi ordenado sacerdote da eparquía de Prešov o 31 de xullo de 1949 polo bispo auxiliar de dita eparquía, Vasiľ Hopko.

Logo de que a Igrexa Greco-Católica fose abolida polas autoridades da República Socialista Checoslovaca, Hirka continuou o seu ministerio de xeito clandestino. En 1952 foi arrestado polo StB, e en abril de 1953 condenado a tres anos de prisión.[1] Foi liberado nunha amnistía presidencial meses despois, mais en setembro de 1955 foi trasladado a Praga e en 1956 condenado novamente a dous anos e medio de prisión.[1]

O 2 de abril de 1969 foi nomeado administrador apostólico de Prešov por Paulo VI,[2] mais non foi até o 21 de decembro de 1989 que foi nomeado bispo. Recibiu a consagración episcopal o 17 de febreiro de 1990[2] de mans do cardeal Jozef Tomko, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Križevci Slavomir Miklovš e ao bispo de Santos Cirilo e Metodio de Toronto Michael Rusnak.[3]

Retirouse o 11 de decembro de 2002. Finou en Prešov o 10 de abril de 2014.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

En 1998 foi galardoado coa Orde de Andrej Hlinka polo presidente de Eslovaquia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Archleb Gály, Tamara, ed. (2006). The Encyclopaedia of Slovakia and the Slovaks: A Concise Encyclopaedia. Encyclopaedic Institute of the Slovak Academy of Sciences. p. 284. ISBN 9788022409254. 
  2. 2,0 2,1 Fede e martirio: le Chiese orientali cattoliche nell'Europa del Novecento. Libreria Editrice Vaticana. 2003. p. 183. ISBN 9788820927837. 
  3. Gábor, Stanislav. "Mons. Ján Hirka - emerítný biskup prešovský". Slovo: časopis gréckokatolíckej cirkvi (en eslovaco) XXXV (febreiro de 2013): 19–20. ISSN 1335-7492. Už 17. februára 1990 bola v Prešove veľká radosť a slávnosť. Mestská hala sa naplnila do posledného miesta. Veriaci stáli aj pred bránami haly a na televíznych obrazovkách sledovali vzácnu udalosť. Bol to deň vysviacky Mons. Jána Hirku, ordinára a pápežského preláta, na biskupa. Do pripravenej haly za spevu zborov a potlesku vchádzali: hlavný svätíte! J. E. Jozef kardinál Tomko, prefekt Posvätnej kongregácie pre evanjelizáciu národov z Ríma, spolusvätitelia: Mons. Michal Rusnák CSsR, gréckokatolícky biskup z kanadského Toronta a Mons. Slavomír Miklovš, gréckokatolícky biskup križevacký zo Záhrebu. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Pavel Peter Gojdič
 Bispo de Prešov 
1989 - 2002
(administrador apostólico dende 1969)
Sucesor:
Ján Babjak